DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 26 de abril de 2004 Páx. 5.876

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2004 pola que se anuncian os actos en conmemoración do Día das Letras Galegas.

En execución do Plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2004, a EGAP anuncia a celebración dos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Con motivo de declarar a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas de 2004 dedicado a Xaquín Lorenzo Fernández, a EGAP súmase, como institución pública galega, á homenaxe deste galego insigne, ao organizar unha mesa redonda sobre a súa vida e obra. Esta acción formativa completarase cunha viaxe de interese cultural.

2. Destinatarios.

Na mesa redonda poderá participar o persoal das administracións públicas e calquera outra persoa interesada. Á viaxe cultural terá acceso só o persoal ao servizo de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 40 prazas); no caso de presentárense máis solicitudes que prazas terá preferencia o per

soal da Xunta de Galicia. A inscrición na viaxe implica a obrigatoriedade de asistir á mesa redonda.

3. Desenvolvemento.

3.1. Mesa redonda:

-Data: 11 de maio.

-Hora: de 13.00 h a 14.30 h.

-Lugar: EGAP.

3.2. Viaxe cultural:

-Data: 17 de maio.

Para coñecer o desenvolvemento da viaxe e para todo tipo de información, prégase contactar co Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións. Teléfono 981 54 62 49.

4. Inscrición.

As solicitudes, segundo o modelo oficial que figura ao final desta convocatoria, irán dirixidas ao director da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

As solicitudes deberán entrar no rexistro da EGAP antes das 10.00 h do día 10 de maio.

5. Publicación e notificación da selección.

A confirmación da súa selección poderá obterse chamando por teléfono á EGAP os días laborables de 12.00 a 14.00 h ao número 981 54 62 49 ou

ben consultando a lista de seleccionados que se exporá no taboleiro de anuncios deste centro.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2004.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública