DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 26 de abril de 2004 Páx. 5.874

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de comerciantes por xunto de froitas varias, hortalizas e plátanos.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de comerciantes por xunto de froitas varias, hortalizas e plátanos, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-3-2004, e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 17-3-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de marzo de 2004.

Luis Alberto Álvarez Freijido

Delegado provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio

de comercio por xunto de froitas varias,

hortalizas e plátanos

Asistentes:

-Pola parte empresarial:

Víctor Dopico.

Emilio Novoa Losada.

José Bermúdez Casais.

Rafael Berdia.

-Pola parte social:

Olga Montes (CC.OO.).

Juan Esparza (CC.OO.).

Juan Fco. Cousillas (asesor CC.OO.).

Na Coruña o 17 de marzo de 2004, sendo as 19.00 horas, reúnense nos locais da asociación empresarial as partes que arriba se relacionan, na representación que teñen atribuída, e que compoñen a comisión paritaria do convenio colectivo provincial do comer

cio por xunto de froitas varias, hortalizas e plátanos, co obxectivo da actualización de salarios como consecuencia da desviación do IPC do ano 2003.

Para tal efecto constatan:

1º Que o artigo 22 do convenio colectivo establece para o ano 2003 que «En caso de que o IPC o 31 de decembro de 2003 sexa superior a 2 puntos, regularízanse os salarios no dito exceso. O cálculo efectuarase sobre os salarios vixentes o 31 de decembro de 2002 e con efectos do 1 de xaneiro de 2003».

2º Que o IPC do período 1-1-2002 a 31-12-2003 é do 2,6%.

En virtude de todo o anterior acordan:

Primeiro.-Proceder á revisión das táboas do ano 2003, conforme o exceso do IPC real do ano 2003 sobre o 2002; este diferencial ascende 0,6%.

Segundo.-A revisión realízase conforme o pactado no artigo 22 do convenio colectivo.

Terceiro.-O complemento de transporte e as axudas de custo pasan a ter a seguinte contía:

Complemento de transporte: 44,84 euros.

Axudas de custo:

-Xantar: 8,61 euros.

-Xantar e cea: 13,11 euros.

-Xantar, cea e durmida: 20,65 euros.

Cuarto.-Acórdase remitir esta acta xunto coas táboas salariais anexas á autoridade laboral, para que proceda a dar trámite aos actos relativos ao rexistro, depósito e publicación. Para tal efecto autorízase Juan Francisco Cousillas Mosquera para que dilixencie ante a autoridade laboral tales trámites.

E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 20.00 horas, féchase a reunión e asinan a acta todos os asistentes en proba de conformidade.

ANEXO I

Táboas salariais do convenio de froitas varias, hortalizas e plátanos. Ano 2003. Actualizadas 3,1%

Categoría profesional

Salario

mensual

Antigüidade

cuadrienio

Salario

anual

Director comercial684,5923,410.268,85

Encargado xeral684,5923,410.268,85

Oficial administrativo639,9123,4 9.598,65

Administrativo620,3723,4 9.305,55

Auxiliar administrativo612,4623,4 9.186,90

Auxiliar administrativo menor 18534,0423,4 8.010,60

Dependente620,3723,4 9.305,55

Axudante612,4623,4 9.186,90

Chofer620,3723,4 9.305,55

Chofer repartidor620,3723,4 9.305,55

Mecánico620,3723,4 9.305,55

Axudante mecánico603,8123,4 9.057,15

Mozo especialista615,8823,4 9.238,20

Categoría profesional

Salario

mensual

Antigüidade

cuadrienio

Salario

anual

Mozo603,8123,4 9.057,15

Axudante menor 18534,0423,4 8.010,60

Vixilante, sereno, ordenanza603,8123,4 9.057,15

Persoal de limpeza603,8123,4 9.057,15