DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 26 de abril de 2004 Páx. 5.872

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de construción.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de construción, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-3-2004, subscrito en representación da parte económica por APECCO e da parte social por UGT, CC.OO. e CIG o día 9-3-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de tra

ballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de marzo de 2004.

Luis Alberto Álvarez Freijido

Delegado provincial da Coruña

Acta nº 2. Convenio construción-provincia da Coruña.

Asistentes:

Por APECCO:

Antonio Fernández Durán.

Ignacio Tuñón Gurrea.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

Por UGT:

José Carlos Rodríguez del Río.

Manuel Martínez Arnoso.

Jesús Mª Calvo Romero.

Por CC.OO.:

Santiago Huertas Pozurama.

Por CIG:

Victorino Ares Prado.

Na cidade da Coruña o 9 de marzo de 2004, ás 17.00 horas, reúnense nos locais de APECCO, os que arriba se relacionan, para continuar coas negociacións do convenio de construción de 2004.

Aberta a sesión e despois dunha ampla deliberación chégase ao seguinte acordo:

* Apróbase a táboa salarial regularizada o 31-12-2003, que se xunta á presente acta como anexo e a cal servirá como base para as táboas do ano 2004.

Así mesmo, facúltase a Miguel García Eiroa, secretario, para a presentación do acordo mencionado ante a Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

E en proba de conformidade, asínase esta acta no lugar e data máis arriba indicados.

Convenio provincial de edificación e obras públicas da Coruña

Táboa de retribucións (actualizada)

Vixencia: do 1-1-2003 ao 31-12-2003

Niveis

Categorías

SalarioComplemento

(por día efectivo de traballo)

Gratificacións

Vacacións

Total anual

Valor hora

DíaMesAsistenciaDistancia e

transporte

XulloNadalextra

IITitulado superior45,551.366,495,935,811.844,331.844,331.844,3323.405,4615,64

IIITitulado medio, xefe admvo. 1ª, xefe secc. org. 1ª36,301.088,995,934,721.494,011.494,011.494,0119.038,2212,75

IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado xral. de fábrica, encargado xeral34,711.041,165,934,541.433,511.433,511.433,5118.287,0312,28

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefes de compras31,62948,695,934,161.316,751.316,751.316,7516.827,6211,38

VIOfic. admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra26,96808,915,933,641.140,621.140,621.140,6214.635,819,95

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz23,96718,765,933,611.038,981.038,981.038,9813.232,359,12

VIIIOficial admvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servizos, analista de 2ª, oficial de 1ª de oficio23,45703,535,933,541.016,841.016,841.016,8412.980,548,99

IXAuxiliar admvo., axte. topográfico, aux. organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio22,94688,095,933,47997,70997,70997,7012.735,378,85

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, especialista de 1ª, axudante de oficio22,225,933,38965,82965,82965,8212.380,058,65

XIEspecialista de 2ª, peón especial22,075,933,36960,77960,77960,7712.310,278,65

XIILimpadora, peón ordinario21,635,933,29943,27943,27943,2712.095,048,36

XIIIMozo dos recados e pinches de 16 a 18 anos17,884,332,66764,83764,83764,839.815,100,00

Nota: as categorías que se indican, cunha antigüidade na empresa anterior ao 1-6-1992, rexeranse para efectos económicos polos seguintes niveis: nivel VII: oficial 2ª administrativo; nivel VIII: aux. técnico e administrativo; nivel IX: listeiro.

Para as categorías cuxos devengos son mensuais, o salario multiplícase por 30 días e os complementos de asistencia, transporte e distancia por 22 días.

A retribución do traballador en prácticas durante o primeiro ano de vixencia será do 60% e para ao segundo ano do 75% desta táboa.