DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 26 de abril de 2004 Páx. 5.866

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 23 de abril de 2004 pola que se regula a solicitude de determinadas axudas directas comunitarias a produtores no sector lácteo.

A reforma da Política Agraria Común (PAC) aprobada en 2003, determinou mediante o Regulamento (CE) 1788/2003, do Consello, do 29 de setembro de 2003, polo que se establece unha taxa no sector do leite e dos produtos lácteos, a prórroga do réxime de cotas durante once períodos consecutivos de doce meses a partir do 1 de abril de 2004 co obxectivo de reducir o desequilibrio entre a oferta e a demanda destes produtos e os conseguintes excedentes estruturais.

Na mesma reforma, o Regulamento (CE) 1787/2003, do Consello, do 29 de setembro de 2003, que modifica o Regulamento (CE) 1255/1999 polo que se establece a organización común de mercados no sector do leite e dos produtos lácteos, coa finalidade de fomentar o consumo de leite e produtos lácteos na Comunidade e de mellorar a competitividade destes produtos no mercado internacional, reduciu o nivel de apoio ao mercado destes produtos.

Tamén esa reforma determinou as axudas directas a produtores de leite co obxectivo de compensar os posibles efectos que sobre as súas rendas puidera ter esa diminución do apoio ao mercado. Con esta finalidade, as axudas directas á renda dos produtores de leite introducidas no marco da Axenda 2000 adiantáronse no tempo e incrementáronse de acordo co recollido no Regulamento (CE) 1782/2003, do Consello, do 29 setembro de 2003, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axuda aos agricultores e polo que se modifican os regulamentos (CEE) 2019/1993, (CE) 1452/2001, (CE) 1453/2001, (CE) 1454/2001, (CE) 1868/1994, (CE) 1251/1999, (CE) 1254/1999, (CE) 1673/2000, (CEE) 2358/1971 e (CE) 2529/2001.

Así mesmo, o Real decreto 543/2004, do 13 de abril, sobre determinadas axudas directas comunitarias no sector lácteo en España nos anos 2004, 2005 e 2006 determina o marco básico no que deben encadrarse as actuacións das administracións competentes na tramitación, resolución e pagamento destas axudas no Estado español neses anos.

As axudas directas a produtores de leite aplícanse agora por primeira vez como unha medida de apoio ás rendas destes no marco da organización común de mercados do leite. Estas axudas teñen dous compoñentes, prima láctea e pagamentos adicionais, que en ambos os dous casos, son proporcionais á cota de leite que ten cada produtor.

Por outra banda, de acordo coa normativa comunitaria aplicable (basicamente, o Regulamento (CE) 1258/1999, do Consello, do 11 de maio, e o Regulamento (CE) 1663/1995, da Comisión, do 7 de xullo) e co Real decreto 327/2003, do 14 de marzo, que regula o réxime dos organismos pagadores e de coordinación có FEOGA-Garantía, o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) é o organismo pagador dos gastos financiados polo FEOGA-Garantía nesta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no Decreto 359/1996, do 13 de setembro, modificado polo Decreto 93/1998, do 20 de marzo.

Ademais, o dito organismo, creado pola Lei 7/1994, do 29 de decembro, coa denominación actual establecida pola disposición adicional quinta da Lei 7/2002, do 27 de decembro, ten atribuídas, entre outras, competencias para a xestión das accións derivadas da Política Agrícola Común (PAC), o que se desprende tamén do disposto no Decreto 128/1996, do 14 de febreiro, que desenvolve a Lei 7/1994.

De acordo co exposto, mediante desta orde determínase a normativa complementaria para a solicitude, tramitación, resolución e pagamento destas axudas na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2004.

Sen prexuízo da aplicabilidade directa da normativa comunitaria e tendo en conta a básica estatal, considérase conveniente transcribir certos preceptos para facilitar a comprensión desta orde.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do EAG e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, e no Decreto 50/2002, do 14 de febreiro, modificado polo 161/2003, do 13 de febreiro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Xeralidades

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento, na Comunidade Autónoma de Galicia, da normativa complementaria para a solicitude, tramitación, resolución e pagamento, para o ano 2004, dos seguintes réximes de axudas directas no sector de vacún de leite:

a) Prima láctea, establecida no artigo 95 do Regulamento (CE) 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro de 2003, polo que se establecen disposicións común, aplicables aos réximes de axuda directa no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axuda aos agricultores e polo que se modifican os regulamentos (CEE) 2019/1993, (CE) 1452/2001, (CE) 1453/2001, (CE) 1454/2001, (CE) 1868/1994, (CE) 1251/1999, (CE) 1254/1999, (CE) 1673/2000, (CEE) 2358/1971 e (CE) 2529/2001.

b) Pagamentos adicionais, establecidos no artigo 96 do Regulamento (CE) 1782/2003.

2. Tamén se establece nesta orde o prazo de presentación e as condicións da solicitude das axudas de acordo co establecido no Regulamento (CE) 2237/2003, da Comisión, do 23 de decembro de 2003, polo que se establecen normas detalladas de aplicación para estes réximes de axuda directa, prima láctea e pagamentos adicionais, nos capítulos 1 e 7.

Artigo 2º.-Definicións.

Serán aplicables as definicións establecidas no artigo 2 do Real decreto 347/2003, do 21 de marzo, polo que se regula o sistema de xestión da cota láctea e, ademais, entenderase por:

a) Cota dispoñible: aquela cota láctea coa que conta cada produtor para a oportuna liquidación da taxa o último día de cada período. Para estes efectos as cotas cedidas temporalmente serán consideradas como dispoñibles para o cesionario ou adquirente no período en cuestión.

Da mesma maneira, no caso de transferencia definitiva e en aplicación da alínea 1 do artigo 43 do Real decreto 347/2003, as entregas certificadas e, se é o caso, as vendas directas declaradas por un produtor transferidor no momento de efectuar unha transferencia sempre e cando non superen a cota, excluída a procedente da reserva nacional, consideraranse cantidade dispoñible por este para efectos da liquidación da taxa suplementaria do período.

b) Explotacións asociativas: aquelas que, segundo se establece no artigo 6 da Lei 19/1995, adoptan algunha das seguintes formas xurídicas:

1. Sociedades cooperativas ou sociedades agrarias de transformación.

2. Sociedades civís, laborais ou outras mercantís que, no caso de que sexan anónimas, as súas accións deberán ser nominativas, sempre que máis do 50 por cento do capital social, de existir este, pertenza a socios que sexan agricultores profesionais. Estas sociedades terán por obxecto exclusivo o exercicio da actividade agraria na explotación da que sexan titulares.

c) Casos de forza maior: para os efectos das axudas previstas desta orde terán a dita consideración os seguintes casos:

1. Unha catástrofe natural grave que afectara de forma importante á explotación.

2. A destrución accidental dos recursos para a alimentación do gando ou das edificacións da explotación destinadas ás vacas leiteiras.

3. A morte ou sacrificio dunha parte significativa do rabaño de vacas leiteiras como consecuencia dunha epizootia oficialmente declarada ou que sexa obxecto de programas nacionais de erradicación.

d) Casos excepcionais: para os efectos das axudas previstas nesta orde terán a dita consideración os seguintes casos:

1. A incapacidade temporal ou invalidez permanente do titular de cota, se se encargaba por si mesmo da explotación de acordo co disposto no texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño.

2. Calquera outra causa debidamente xustificada e documentada que afecte a incapacidade de produción dos produtores interesados e que o FOGGA así o considere.

Capítulo II

Solicitantes, solicitudes e condicións das axudas

Artigo 3º.-Beneficiarios das axudas.

1. Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas desta orde os produtores con cota dispoñible sempre que, no período 2003-2004 (do 1 de abril de 2003 ao 31 de marzo de 2004) teñan realizado entregas de leite a un comprador autorizado ou presentado no prazo establecido, declaración de venda directa de leite ou produtos lácteos.

2. De acordo co establecido no artigo 30 do Regulamento 2237/2003, os produtores con cota dispoñible que non teña realizado entregas no dito período 2003-2004 deberán demostrar, á satisfacción do FOGGA, que teñen reiniciado as entregas ou a venda directa, de ser o caso, e comunicado ao servizo provincial do dito organismo o devandito feito en canto se producise, e sempre con anterioridade ao 15 de maio de 2004.

3. Igualmente, aqueles produtores con cota dispoñible que non realizasen entregas no período 2003-2004 debido a casos de forza maior ou casos excepcionais, poderán beneficiarse da axuda, sempre que lle teñan comunicado o feito á autoridade competente, en canto o produtor tivera coñecemento deles e, en calquera caso, con anterioridade ao 31 de marzo de 2004.

Artigo 4º.-Importe das primas lácteas.

1. A prima láctea será concedida polo ano natural 2004, por explotación e por quilogramo de cota dispoñible con dereito a prima.

2. O importe da prima láctea por 1.000 quilogramos de cota dispoñible con dereito a prima no ano 2004 será de 8,15 euros.

3. De acordo co establecido no punto 4 do artigo 95 do Regulamento (CE) 1782/2003, a cota con dereito a prima para España fíxase en 5.566.950 toneladas. Se a suma das cotas dispoñibles dos solicitantes que, a nivel estatal, cumpran os requisitos establecidos, supera a cantidade antes citada, fixarase un coeficiente redutor que se aplicará linealmente a todas as solicitudes. Antes do 15 de novembro de 2004, a ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación establecerá o coeficiente redutor de acordo con toda a información que, en cumprimento do

artigo 15 do Real decreto 543/2004, faciliten as comunidades autónomas.

Artigo 5º.-Concesión dos pagamentos adicionais.

1. O Fondo Galego de Garantía Agraria efectuará no ano 2004 os pagamentos adicionais aos produtores situados na Comunidade Autónoma de Galicia. Estes pagamentos adicionais consistirán exclusivamente nun importe adicional ao importe da prima láctea, fixado no artigo 4º.2 desta orde, e non poderán superar a contía total dispoñible de 6.326.316 A.

2. O Fondo Galego de Garantía Agraria distribuirá os pagamentos adicionais proporcionalmente á prima láctea establecida no artigo anterior.

3. Os pagamentos adicionais non poderán ter un importe unitario por explotación superior a 3.000 A. Non obstante, no caso de explotacións asociativas definidas no artigo 2 b) desta orde, este importe unitario máximo aplicarase a cada persoa física existentes nelas.

Artigo 6º.-Condicións das solicitudes de axuda.

1. Os produtores que desexen obter as axudas recollidas nesta orde deberán presentar unha solicitude de acordo co modelo que se xunta como anexo I.

2. As solicitudes deberán ser asinadas polo titular da explotación ou persoa debidamente autorizada polo seu nome.

3. O FOGGA poderá remitir aos produtores solicitude preimpresa cos datos dispoñibles no organismo e na Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, relativos ao produtor e á súa explotación, de acordo co modelo do anexo I, co fin de facilitarlles a cobertura da solicitude.

4. Coa solicitude achegaranse os seguintes documentos:

a) Fotocopia do CIF ou DNI do solicitante. No caso de que o DNI non leve a letra do NIF, será necesario presentar, ademais, fotocopia do NIF.

b) Certificado da entidade financeira acreditativo do código conta-cliente de titularidade do solicitante, para a transferencia das axudas, ou selo da entidade financeira no impreso, indicativo da conta bancaria para os mesmos efectos de acreditación, no caso de modificar os datos da presolicitude ou de utilizar solicitude nova.

c) Documento de autorización de sinatura da solicitude se non é titular quen a asina e presenta.

d) Ademais, cando na solicitude non se autorice o FOGGA para solicitar da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Economía e Facenda, a expedición dos certificados de estar ao día das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto coa Administración pública desta Comunidade Autónoma, deberá achegar por si mesmo as ditas certificacións xunto coa solicitude, agás no caso de que o importe da axuda non exceda de 1.500 A.

e) No caso de novos produtores, copia do impreso de cambio de titularidade da explotación.

f) No caso de que explotacións asociativas, segundo a definición do artigo 2 desta orde:

-Certificación do secretario, do número de socios, persoas fiscais que formaban parte dela o 31 de marzo de 2004.

-No caso de sociedades civís, laborais ou mercantís, os estatutos ou escritura de constitución na que se conteña o seu obxecto, así como a documentación xustificativa de que máis do 50% do capital social pertence a socios que sexan agricultores profesionais.

Artigo 7º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

1. Sen prexuízo do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as solicitudes de axudas previstas nesta orde presentaranse na oficina agraria comarcal correspondente ao ámbito territorial no que estea situada a explotación.

2. O prazo de presentación das solicitudes empezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de maio de 2004.

3. De acordo co establecido no artigo 13 do Regulamento (CE) 2419/2001, a presentación das solicitudes de axuda fóra do prazo sinalado no punto anterior dará lugar a unha redución do 1 por cento por día hábil de atraso, dos importes aos que o produtor tería dereito no caso de presentación no prazo previsto, agás nos casos de forza maior.

4. No caso de atraso superior a 25 días naturais a solicitude considerarase inadmitida.

5. As solicitudes de axuda poderán ser corrixidas ou retiradas en calquera momento posterior á súa presentación, salvo que o FOGGA teña informado o produtor da existencia de irregularidades na súa solicitude de axuda ou avisado da intención de efectuar un control sobre o terreo ou, efectuado este, se puxera de manifesto a existencia de irregularidades.

Capítulo III

Condicionalidade

Artigo 8º.-Requisitos agroambientais.

1. O produtor que solicita as axudas recollidas nesta orde deberá observar os seguintes requisitos agroambientais das axudas directas establecidas para as actividades gandeiras:

a) Cumprir as normas establecidas nos programas obrigatorios de vixilancia e erradicación das enfermidades do gando.

b) Dispor, nas instalacións ou edificacións de estabulación permanente, de esterqueiras impermeabi

lizadas natural ou artificialmente, cun sistema de recollida de escorrentías e con capacidade suficiente de almacenamento en función da xestión prevista ou, no seu defecto, utilizar un sistema de almacenamento e recollida que en todo caso evite o risco de filtración e contaminación de augas superficiais e subterráneas.

c) Retirar os animais mortos na explotación de acordo coa normativa vixente.

d) Non queimar os pastos, excepto cando esta práctica se realice en condicións controladas por razóns de prevención de incendios, logo de autorización expresa por parte da Consellería de Medio Ambiente.

2. Sen prexuízo doutras reducións e exclusións derivadas da aplicación dos sistemas integrados de xestión e control de determinados réximes de axudas e da disposición adicional terceira desta orde, o incumprimento dalgún dos requisitos establecidos no punto anterior dará lugar a unha redución do importe total dos pagamentos concedidos ao produtor correspondente á solicitude presentada en 2004.

3. A porcentaxe que se aplicará calcularase en función do número de requisitos agroambientais incumpridos, conforme a seguinte escala:

Nº de requisitos incumpridosRedución da axuda (%)

15

210

3 ou máis20

Nos casos en que a práctica inadecuada provoque un grave risco ou dano sanitario ou agroambiental aplicarase directamente unha porcentaxe de redución do 20%.

4. O FOGGA realizará os controis administrativos e sobre o terreo para comprobar o cumprimento dos requisitos ambientais sinalados no punto 1, sen prexuízo das actividades de inspección e supervisión técnica dos órganos das consellerías de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e de Medio Ambiente, no ámbito das súas respectivas competencias.

Os órganos competentes destas consellerías que detecten o incumprimento dos requisitos agroambientais nas explotacións agrarias, así como calquera autoridade que, no exercicio das súas competencias, detecte algunha das prácticas inadecuadas, deberá comunicarllo ao FOGGA, como responsable da xestión das axudas directas da PAC.

5. Os importes retidos conforme o sinalado anteriormente, deberán utilizarse como financiamento comunitario adicional dalgunha das medidas indicadas no punto 2º do artigo 5 do Regulamento (CE) 1259/1999, preferentemente en axudas agroambientais e indemnización compensatoria, con especial incidencia, se é o caso, nas zonas de Rede Natura 2000, como máis tardar antes de que finalice o terceiro exercicio seguinte a aquel no que foron retidos.

Estes importes retidos manteranse na conta específica habilitada para o efecto polo FOGGA.

Capítulo IV

Controis

Artigo 9º.-Sistema integrado de xestión e control.

1. O produtor que solicite as axudas establecidas nesta orde deberá aterse ao disposto no Regulamento (CE) 2419/2001, da Comisión, do 11 de decembro de 2001, polo que se establecen disposicións de aplicación do sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axuda comunitaria, introducido polo Regulamento (CEE) 3508/1992 do Consello, do 27 de novembro de 1992.

Artigo 10º.-Controis previos á concesión das axudas.

1. As oficinas agrarias comarcais remitirán as solicitudes e documentación complementaria aos servizos provinciais do FOGGA que recibirán os expedientes e os someterán aos controis administrativos e sobre o terreo co obxectivo de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 3º.

2. Os controis sobre o terreo realizaranse, alomenos, sobre o 2 por cento das solicitudes recibidas. Este control basearase especialmente na contabilidade do produtor e documentación existente na explotación.

Artigo 11º.-Plan de control.

1. No marco do plan nacional de control sobre o terreo desta axuda establecido polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), o FOGGA elaborará un plan de control sobre o terreo para a Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O FOGGA poderá realizar os controis sobre o terreo da axuda directa a produtores do sector lácteo simultaneamente cos demais controis establecidos na normativa comunitaria.

Artigo 12º.-Incumprimentos.

Non se concederá a axuda solicitada cando, como consecuencia dos controis administrativos ou sobre o terreo se comprobe que o solicitante non cumpre as condicións para a concesión da prima establecida no artigo 3º, incluídos os compromisos de reinicio da actividade.

Ademais, cando se comprobe que estes incumprimentos derivan de irregularidades cometidas intencionalmente, unha cantidade igual á que chegase a percibir deducirase dos pagamentos de axudas en virtude de calquera dos réximes de axuda que figuran na alínea 1 do artigo1 do Regulamento (CEE) 3508/1992 ou con cargo ao réxime do pagamento único e outros réximes de axuda establecidos nos capítulos III e IV do Regulamento 1782/2003 que o produtor puidese recibir no ano seguinte.

Capítulo V

Resolución e pagamento

Artigo 13º.-Resolución e pagamento das axudas.

1. Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo establecidos no artigo 11º e esta

blecido, de ser o caso, pola ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación o coeficiente redutor indicado no artigo 4º.3, o director xeral do FOGGA establecerá para cada solicitude o importe da axuda para percibir.

Ao mesmo tempo determinará as solicitudes de axuda que, polas causas previstas nos regulamentos de aplicación, especialmente os que se refiren o sistema integrado de xestión e control, perdan o dereito á obtención da axuda.

2. As axudas aboaranse a partir do 1 de decembro de 2004 e antes do 30 de xuño de 2005.

Artigo 14º.-Modificación da resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 15º.-Recursos administrativos.

Contra a resolución do director do FOGGA caberá a interposición do recurso de alzada ante o presidente do dito organismo, no prazo dun mes contado dende a notificación da resolución contra a que se vai recorrer.

Artigo 16º.-Recuperación dos pagamentos indebidos.

1. No caso de pagamento indebido, o produtor quedará obrigado a reembolsar ese importe máis os xuros calculados de acordo co punto seguinte.

2. Os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a notificación da obriga de reembolso ou a dedución.

O tipo de xuro aplicable será o establecido anualmente nos orzamentos xerais do estado para cada exercicio para o xuro de demora.

3. A obriga de reembolso establecida no punto 1 non se aplicará se o pagamento é froito dun erro da administración xestora ou doutra autoridade e non podía ser razoablemente detectado polo produtor.

Sen embargo, cando o erro estea relacionado con elementos factuais pertinentes para o cálculo do pagamento correspondente, o punto primeiro só se aplicará se a decisión de recuperación non se comunicou nun prazo de 12 meses a partir do pagamento.

4. O disposto no punto anterior non se aplicará aos anticipos.

Artigo 17º.-Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lle poidan exixir os órganos competentes para a xestión das axudas previstas nesta orde, os solicitantes destas axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polo Servizo de Auditoría Interna do organismo pagador, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de

Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 18º.-Financiamento.

A concesión destas axudas realizarase con cargo ao orzamento de gastos do FOGGA na aplicación orzamentaria 09.60.614A.779.1 por un importe de 22.000.000 de euros, podendo incrementarse con fondos FEOGA-Garantía mediante a tramitación do oportuno expediente de xeración e ampliación de crédito, no caso de que a cantidade consignada non resulte suficiente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Equivalencias normativas.

Na aplicación do artigo 33 do Regulamento (CE) 2419/2001, relativo ao incumprimento intencional, a alusión ao termo superficie deberase entender como cota dispoñible na explotación.

Igualmente, as alusións a calquera dos réximes de axuda establecidos na alínea 1 do artigo 1 do Regulamento (CEE) 3508/1992, recollidas no artigo 33 do Regulamento 2419/2001, e artigo 31.2º do Regulamento 2237/2004, deberanse entender feitas ao réxime de pagamento único e outros réximes de axuda establecidos nos capítulos III e IV do Regulamento 1782/2003 cando estes réximes empecen a ser aplicados.

Segunda.-Ás oficinas agrarias comarcais corresponderalles a tramitación das axudas referidas ás explotación agrarias situadas no seu ámbito de actuación.

Terceira.-Sen prexuízo do previsto nos capítulos III e IV desta orde, seralle de aplicación aos beneficiarios das axudas reguladas nesta, o réxime de infraccións e sancións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, conforme a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director do Fondo Galego de Garantía Agraria, no ámbito das súas competencias, para ditar as instrucións precisas para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2004.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO