DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 21 de abril de 2004 Páx. 5.613

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para os anos 2002-2003 do convenio colectivo do sector de industrias de bebidas refrescantes.

Vista a acta da revisión salarial para os anos 2002-2003 do convenio colectivo do sector de industrias de bebidas refrescantes, con nº de código 3600165, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 10-3-2004, subscrita pola comisión paritaria, con data do 6-2-2004, de conformidade co disposto no artigo 10 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de marzo de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

ACTA

Asistentes.

Empresarial: José C. Andrade Lago.

Social: Luciano Villar G.

En Vigo o 6 de febreiro de 2004, reúnense as persoas á marxe indicadas na súa condición de membros da comisión deliberadora do convenio colectivo de bebidas refrescantes da provincia de Pontevedra, para tratar a seguinte:

Orde do día.

Único: revisión táboas salariais.

Reunida a comisión paritaria para establecer a revisión salarial, segundo o establece o artigo 10 do convenio colectivo de industrias de bebidas refrescantes, establécese o seguinte:

1º O índice de prezos de consumo entre o período de 1-7-2002 a 30-6-2003 é do 2,7%, segundo consulta realizada ao Instituto Nacional de Estatística.

2º A revisión salarial queda establecida no 0,7%, que vén determinado polo incremento do 2% efectuado no período anteriormente sinalado, e o IPC determinado no mesmo período, que foi o 2,7%.

3º Que do anteriormente exposto as táboas salariais e os complementos correspondentes para o período comprendido entre o 1 de xullo de 2002 e 30 de xuño de 2003 quedan como segue:

Tábaos salariais desde o 1-7-2002 ao 30-6-2003 (revisión).

CategoríaSalario díaSuplemento

transporte

Transporte

Peón17,706,4244,73

Subalternos18,346,3944,70

Axudante18,346,3944,70

Aux. administrativo18,346,3944,70

Oficial 2ª20,067,0145,32

Oficial 1ª vendedor21,597,5745,88

Encargado21,817,6445,95

Encargado sección26,289,3447,65

Encargado xeral30,8311,1049,40

Complemento de convenio: 77,42.

Complemento de transporte: 38,30.

E non habendo máis asuntos que tratar, levantouse a sesión ás 19.00 horas, no lugar e data arriba mencionados, todo isto os asistentes asínano en proba de conformidade.