DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 21 de abril de 2004 Páx. 5.612

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo do sector de comercio da pel.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo do sector de comercio da pel, con nº de código 3600335, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 10-3-2004, subscrita pola comisión paritaria, o día 4-3-2004, de conformidade co disposto no artigo 15 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de marzo de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegación provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio colectivo de traballo para o sector de comercio da pel

Pontevedra

Asistentes:

Representación social;

Por CC.OO.:

Jorge Carneiro Penedo.

Por UGT:

Roberto Puga Hermida.

Representación empresarial:

Manuel Torres Franco.

Secretario:

José A. Porcel Villar.

Acta.

En Vigo, ás dezaoito horas do día catro de marzo de dous mil catro, na sede da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, previamente convocados, reúnense os compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial do sector do comercio da pel de Pontevedra, que á marxe se citan, co fin de proceder á elaboración da táboa salarial anexa para o terceiro ano de vixencia do convenio (2004), segundo o previsto nos artigos 14º, salarios, e 15º, revisión salarial; así como para fixar o complemento de transporte para este terceiro ano, segundo o establecido no artigo 18º do convenio colectivo de aplicación.

Constatado o feito de o índice de prezos de consumo (IPC) do ano 2003 se situar no 2,6%, en virtude do establecido no artigo 15º, revisión salarial, o exceso producido sobre o 2% previsto nesa cláusula para ese ano cuantifícase no 0,6%.

Na súa virtude, procédese a aplicar tal exceso sobre os salarios da táboa vixente en 31-12-2002, adicionándose o resultado aos reinantes en 31-12-2003, servindo de base a táboa resultante para a aplicación do incremento previsto para o terceiro ano de vixencia (2004), pactado no IPC real de 2003 máis medio punto, isto é o 3,1%.

Así mesmo, en virtude do establecido no artigo 18º, complemento de transporte, fíxase para o terceiro ano de vixencia do convenio o dito complemento na contía de 58,41 euros (IPC real do ano 2003 máis medio punto, aplicado sobre 56,65 euros).

Unha vez confeccionada e comprobada a táboa, e redactado o texto do artigo referido ao complemento de transporte, os membros da comisión paritaria proceden á súa sinatura en proba de conformidade, acordando a súa remisión á delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para os efectos de que se proceda á súa inscrición no libro-rexistro de convenios colectivos

de traballo e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

E sendo este o único asunto que tratar, féchase a sesión sendo as dezanove horas do día ao inicio citado, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura.

Convenio colectivo de traballo para o sector de comercio da pel de Pontevedra

Vixencia do 1 de xaneiro de 2004

ao 31 de decembro de 2004

CategoríasSalario/mes

-Grupo I:

Enxeñeiros e licenciados867,20

Axudantes técnicos737,01

Practicantes657,49

-Grupo II:

Xefe de persoal823,84

Xefe de vendas823,84

Xefe de compras823,84

Encargado xeral823,84

Xefe de almacén737,01

Xefe de sucursal737,01

Xefe de grupo737,01

Xefe de sección659,25

Encargado de establecemento, vendedor, comprador654,87

Viaxante659,25

Corredor de praza622,22

Dependente656,61

Dependente maior720,37

Axudante609,55

Traballadores en formación: 85% do salario da categoría para a que se vai formar (artigo 23º.-Contratación)

-Grupo III:

Xefe administrativo764,70

Xefe de sección710,75

Contable, caixeiro, taquimecanógrafo654,87

Oficial administrativo780,47

Auxiliar de caixa654,87

Auxiliar administrativo654,87

-Grupo IV:

Debuxante739,32

Escaparatista654,87

Rotulista654,87

Cortador654,78

Axudante de cortador654,87

-Grupo V:

Persoal de limpeza: a razón de euros/hora4,46

Profesionais de oficio: nas demais categorías non previstas nesta táboa, faranse as asimilacións que correspondan

Artigo 18º.-Complemento de transporte.

Establécese para todo o persoal das empresas afectadas por este convenio un complemento de transporte que para o ano 2004 será de 58,41 euros mensuais, efectuándose o seu devengo en 12 pagas.

En todo caso, este complemento terá a consideración de concepto extrasalarial para todos os efectos, polo que non se computará para o cálculo de antigüidade consolidada, gratificacións extraordinarias, etc., e tampouco se percibirá cando o traballador se encontre en situación de incapacidade temporal, quedando, así mesmo, exento de cotización á Seguridade Social.