DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 21 de abril de 2004 Páx. 5.611

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de marzo de 2004 pola que se autoriza o cambio de denominación do Colexio de Educación Infantil e Primaria Alférez Provisional de Ortigueira (A Coruña).

Tendo en conta o artigo 8 punto 1º do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, (DOG do 21 de outubro de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do colexio que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ortigueira.

Localidade: Ortigueira.

Código do centro: 15011981.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Alférez Provisional.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria José María Lage.