DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 20 de abril de 2004 Páx. 5.555

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2004, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade da Comunidade Autónoma de Galicia, que se subscribiu o 26 de febreiro de 2004, pola comisión paritaria do referido convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2004.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

A comisión paritaria do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade, na reunión que tivo lugar o 26 de febreiro de 2004, acordou o seguinte:

Punto 1º. Revisión de táboas salariais para 2004.

Acórdase por unanimidade aplicar unha subida do 2,6% correspondente ao IPC estatal.

Táboas salariais para 2004

CategoríaAno 2004

Administrador/a1.245,05 A
Xerente/director/a1.245,05 A
Médico1.037,54 A
T. superior1.037,54 A
Superv.830,01 A
ATS/DUE830,01 A
Asist. social830,01 A
Fisioterapeuta830,01 A
Terapeuta ocupac830,01 A
Titulado/a medio830,01 A
Gobernante/a668,17 A
Of. mantemento668,17 A
Of. administrativo668,17 A
Condutor/a668,17 A
Xardineiro/a668,17 A
Xerocultor/a668,17 A
Cociñeiro/a655,72 A
Aux. mantemento655,72 A
Aux. administrativo655,72 A
Camareiro/a de planta655,72 A
Animador/a sociocult.655,72 A
Porteiro/a recepc.655,72 A
Lavad./pasador/a de ferro608,62 A
Auxiliar de cociña608,92 A
Limpador/a608,62 A
Persoal non cualif.608,62 A
Complemento de transporte41,50 A