DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 20 de abril de 2004 Páx. 5.554

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 22 de marzo de 2004 pola que se fixa o prezo de venda ao público de varias publicacións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, precedendo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de ser o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2004.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

* Manual del técnico en transporte sanitario: 24 euros.

* Manual del técnico en transporte sanitario (test): 9 euros.