DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 19 de abril de 2004 Páx. 5.494

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-3-2004, subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 23-1-2004, de

conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de marzo de 2004.

Luis Alberto Álvarez Freijido

Delegado provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria para a revisión salarial do ano 2003 do convenio colectivo provincial de industrias de rematantes e serradoiros de madeira da provincia da Coruña.

Asistentes:

-Parte empresarial:

Benito García Sánchez.

Manuel Bouzas Collazo.

-Parte sindical:

UGT:

Jesús Mari Calvo Romero.

Juan Carlos Tubío Redondo.

José Carlos Rodríguez del Río.

CC.OO.:

Santiago Huertas Pozurama.

CIG:

Ramón Nieto Abeijón.

David Ruíz Otero.

Vicente Moreira Sobrido.

-Letrado-asesor: Carlos Puga Trigás.

Na cidade de Santiago de Compostela, ás 17.00 horas do día vinte e tres de xaneiro de dous mil catro, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo provincial de rematantes e serradoiros de madeira para, en cumprimento do establecido no artigo 32 do convenio, proceder á revisión salarial do período comprendido entre o 1 de xaneiro do 2003 e o 31 de decembro de 2003.

Dado que o IPC oficial certificado polo INE no 31-12-2003 foi do 2,6%, procede efectuar unha revisión salarial adicional do 0,1% para fixar as táboas salariais definitivas do ano 2003. A dita porcentaxe é a diferenza entre o IPC oficial do ano 2003 e a previsión de incremento do IPC tomada en consideración para a fixación da táboa salarial do convenio do referido ano 2003.

E sen máis asuntos de que tratar, féchase a sesión sendo as 17.30 horas da data enriba sinalada, asinando en conformidade a totalidade dos asistentes.

Convenio provincial de industrias de rematantes e serradoiros de madeira. A Coruña

Táboa salarial definitiva ano 2003 despois da aplicación da cláusula de revisión (0,1%) e contía

total dos atrasos salariais ano 2003

Grupo prof.

Nivel salarial

Salario base 2003

Compl. de asisten.

2003

Compl. de transpor.

2003

Salario total anual

Atrasos salariais

cláusula revisión

2003

ITécnico proxectista729,431,502,3211.264,6510,73
Perito 712,741,502,3211.030,9910,50
ATS712,741,502,3211.030,9910,50
Xefe administrativo 1ª729,431,502,3211.264,6510,73
Encargado712,741,502,3211.030,9910,50

IIDelineante695,941,502,3210.795,7910,28
Xefe administrativo712,741,502,3211.030,9910,50

IIIAuxiliar analista681,521,502,3210.593,9110,08
Oficial administrativo 1ª695,941,502,3210.795,7910,28
Oficial administrativo 2ª681,521,502,3210.593,9110,08
Auxiliar administrativo665,951,502,3210.375,939,87
Oficial de 1ª695,941,502,3210.795,7910,28
Oficial de 2ª681,521,502,3210.593,9110,08
Axudante665,951,502,3210.375.93 9,87
Peón especializado652,681,502,3210.190,159,69
Peón636,501,502,329.963,639,48
Ordenanza636,501,502,329.963,639,48
Garda e vixilante636,501,502,329.963,639,48