DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 19 de abril de 2004 Páx. 5.485

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 12 de marzo de 2004 pola que se fixan os prezos privados que percibirá a Xunta de Galicia, no Laboratorio de Consumo de Galicia.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no capítulo III do título II o que se entende por prezos privados. No artigo 50 do referido texto establécese que «Son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos aos que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestando tamén tales servizos ou actividades o sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».

A lexislación en materia de consumo, a través principalmente da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa do consumidor e usuario, e da Lei 12/1984, do 28 de decembro, do Estatuto galego do consumidor e usuario, recolle amplamente o dereito do consumidor e usuario á protección da súa saúde e dos seus intereses económicos e sociais.

No cumprimento deste obxectivo, unha das vías que se abren para o Laboratorio de Consumo de Galicia é a de actuar como órgano de apoio para empresas ou organismos preocupados por garantir a calidade e seguridade dos produtos que ofrecen, así como de particulares que os adquiran, fundamentalmente, no relativo a produtos de limpeza, cosméticos e de hixiene, produtos téxtiles, xoguetes e material escolar e aparellos eléctricos.

En virtude de todo isto, por proposta do presidente do Instituto Galego de Consumo, organismo autónomo ao que está adscrito o Laboratorio de Consumo de Galicia, e logo do informe da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Atendendo ás condicións e circunstancias do mercado, fíxanse os prezos privados, que se van cobrar no Laboratorio de Consumo de Galicia, como consecuencia da contraprestación percibida pola realización das operacións seguintes:

a) Ensaios de tipo físico-químico de interese directo na determinación dos cumprimentos de calidade e seguridade dos produtos, segundo as normas vixentes en cada materia (UNE, EN, ISO, etc.).

b) As análises microbiolóxicas que condicionan decisivamente a avaliación da calidade de produtos cosméticos, observándose que se cumpren os límites microbiolóxicos recomendados, por exemplo, pola CTPA (Cosmetics, Toiletry and Perfumery, Associatión, Ltd).

c) Ensaios eléctricos e mecánicos, que condicionan decisivamente a avaliación da seguridade de produtos industriais, tales como aparellos eléctricos, xoguetes e material escolar.

Artigo 2º

Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 30 de xuño de 1997 pola que se fixan os prezos privados que percibirá a Xunta de Galicia no Laboratorio de Consumo de Galicia, e tamén cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2004.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO

Ensaios e prezos (en euros)

I. Comúns a distintos grupos de produtos industriais.

1. Etiquetaxe: 14,38.

2. Estanquidade: 28,43.

3. pH de disolucións acuosas (método electroquímico-potenciométrico): 8,52.

4. Densidade específica: 14,21.

5. Materia volátil a 105ºC (método gravimétrico): 14,21.

6. Residuo seco (método gravimétrico): 14,21.

7. Contido en auga (Karl-Fischer): 14,21.

8. Cinzas (método gravimétrico): 11,90.

9. Disolventes (cromatografía de gases): 42,63.

10. Disolventes (IR): 42,63.

11. Ensaios de tracción (dinamómetro): 56,84.

II. Lixivias e outros axentes branqueantes.

12. Cloro activo (volumetría): 42,63.

13. Alcalinidade total en óxido de sodio (volumetría): 42,63.

14. Peróxido de hidróxeno (HO) (volumetría): 42,63.

III. Deterxentes e produtos de limpeza.

15. Materia activa aniónica (tensioactivos iónicos) (volumetría): 42,63.

16. Fosfatos (método gravimétrico): 42,63.

17. Axente secuestrante: EDTA (volumetría): 42,63.

IV. Produtos de hixiene e cosméticos.

18. Tipo de emulsión: 14,21.

19. Estabilidade térmica da emulsión: 14,21.

20. Estabilidade mecánica da emulsión: 14,21.

21. Materia activa aniónica: tensioactivos aniónicos (volumetría): 42,63.

22. Piritionato de zinc (volumetría): 42,63.

23. Piroctone olamina (espectrofotometría): 42,63.

24. Ácido tioglicólico (volumetría): 42,63.

25. Ácidos graxos (cromatografía de gases): 42,63.

V. Produtos téxtiles.

A. Identificación de fibras e composición.

26. Observación microscópica: sección lonxitudina: l8,52.

27. Observación microscópica: sección transversal: 11,37.

28. Observación microscópica: fotomicrografía: 14,21.

29. Identificación por solubilidade: 22,74.

30. Identificación de fibras téxtiles: microscopía e solubilidade: 31,27.

31. Identificación por FT IR: 42,63.

32. Análise química cuantitativa de mesturas binarias ou ternarias de fibras téxtiles: 28,43.

B. Estrutura e características físicas e químicas.

33. Masa por unidade de lonxitude e por unidade de superficie dos tecidos: 14,21.

34. Masa dos fíos de urdido e de trama por unidade de superficie nun tecido: 14,21.

35. Densidade lineal (número ou título) dos fíos dun tecido: 22,74.

36. Densidade dos tecidos: nº fíos/cm: 14,21.

37. Variacións dimensionais dos tecidos en auga fría: 17,06.

38. Variacións dimensionais ao lavado e seca domésticos: 22,74.

39. Determinación da resistencia á abrasión dos tecidos (método Martindale): 34,10.

40. Determinación da tendencia á formación de peluxe e de boliñas (pilling) (método Martindale modificado): 34,10.

41. Comportamento ao lume de tecidos para indumentaria: 22,74.

C. Solidez das tinturas.

42. Solidez das tinturas ao lavado doméstico e comercial: 28,43.

43. Solidez das tinturas á limpeza en seco: 28,43.

44. Solidez das tinturas á auga clorada: 28,43.

45. Solidez das tinturas á auga: 22,74.

46. Solidez das tinturas á auga de mar: 22,74.

47. Solidez das tinturas ao suor: 22,74.

48. Solidez das tinturas á frega: disolventes orgánicos: 17,06.

49. Solidez das tinturas á frega: 17,06.

50. Solidez das tinturas á auga quente: 17,06.

51. Solidez das tinturas ao branqueo: hipoclorito: 17,06.

52. Solidez das tinturas ao branqueo: peróxido: 17,06.

53. Solidez das tinturas á auga en ebulición: 11,37.

54. Solidez das tinturas aos ácidos: 11,37.

55. Solidez das tinturas aos álcalis: 11,37.

56. Solidez das tinturas á gota de auga: 11,37.

57. Solidez das tinturas ós disolventes orgánicos: 11,37.

D. Ensaios de tracción.

58. Fíos enrolados. Determinación da forza de rotura e da elongación na rotura de fíos individuais: 56,84.

59. Costuras de tecidos e de artigos téxtiles confeccionados. Determinación da forza máxima ata a rotura das costuras polo método da tira: 56,84.

60. Costuras de tecidos e de artículos téxtiles confeccionados. Determinación da forza máxima ata a rotura das costuras polo método do agarre: 56,84.

61. Téxtiles. Determinación da forza máxima e da elongación na rotura polo método do agarre: 56,84.

62. Téxtiles. Determinación da forza máxima e da elongación na rotura polo método da tira: 56,84.

63. Resistencia dos tecidos ao resgado: 42,63.

64. Resistencia dos tecidos ao esgazamento por elementos punzantes: 42,63.

VI. Seguridade dos xoguetes.

A. Propiedades físicas e mecánicas (EN 71-1).

65. Determinación de partes pequenas: 11,37.

66. Ensaio de torsión: 17,06.

67. Ensaio de tracción: 17,06.

68. Ensaio de caída: 11,37.

69. Ensaio de envorcadura: 11,37.

70. Ensaio de impacto: 11,37.

71. Ensaio de compresión: 17,06.

72. Ensaio de imbibición: 17,06.

73. Accesibilidade dun elemento ou peza: 17,06.

74. Acuidade dos bordos: 17,06.

75. Acuidade das puntas: 17,06.

76. Flexibilidade dos arames: 34,10.

77. Estanquidade de xoguetes que conteñen líquidos: 34,10.

78. Forma xeométrica de certos xoguetes: 11,37.

79. Mecanismos despregables ou esvaradíos: 17,06.

80. Resistividade eléctrica das cordas: 34,10.

81. Espesura das cordas: 11,37.

82. Resistencia estática: 17,06.

83. Resistencia dinámica: 34,10.

84. Estabilidade: 17,06.

85. Resistencia dos bambáns e similares: 56,84.

86. Determinación da enerxía cinética: 34,10.

87. Láminas de plástico: 17,06.

88. Buratos nas estruturas metálicas para gabear e similares: 34,10.

89. Funcionamento dos freos: 34,10.

90. Determinación da velocidade de xoguetes eléctricos destinados a manterse neles: 17,06.

91. Medida da elevación da temperatura: 17,06.

92. Seguridade integral dun xoguete: 170,52.

B. Inflamabilidade (EN 71-2).

93. Ensaios de barbas, bigotes, perrucas e máscaras: 34,10.

94. Ensaio de máscaras totais ou parciais que inclúen ou non elementos pilosos: 34,10.

95. Ensaios relativos a traxes de disfraces: 34,10.

96. Ensaios relativos a xoguetes flexibles recheos con superficie pilosa ou téxtil: 34,10.

97. Marcas e indicacións: 11,37.

C. Xogos de experimentos químicos (EN 71-4).

98. Xoguete sinxelo: 170,52.

99. Xoguete complexo: 284,20.

VII. Seguridade dos xoguetes eléctricos (UNE-EN 50088).

100. Marcas, indicacións e folla de instrucións: 11,37.

101. Potencia absorbida: 17,06.

102. Quentamentos e funcionamento anormal: 56,84.

103. Rixidez dieléctrica á temperatura de réxime: 56,84.

104. Resistencia á humidade: 34,10.

105. Rixidez dieléctrica á temperatura ambiente: 17,06.

106. Resistencia mecánica: 17,06.

107. Construción: 56,84.

108. Protección dos cables e condutores: 17,06.

109. Parafusos e conexións: 17,06.

110. Liñas de fuga e distancia no aire: 17,06.

VIII. Electrodomésticos en xeral (UNE-EN 60335-1).

111. Marcas, indicacións e follas de instrucións: 14,38.

112. Protección contra os choques eléctricos: 56,84.

113. Arrinque dos aparellos con motor: 34,10.

114. Potencia e intensidade absorbidas: 17,06.

115. Quentamentos: 85,27.

116. Funcionamento en sobrecarga dos aparellos provistos de elementos calefactores: 113,68.

117. Illamento eléctrico e corrente de fuga a temperatura de réxime: 56,84.

118. Resistencia á humidade de aparellos ordinarios: 34,10.

119. Resistencia á humidade de aparellos expertos ao desbordamento de líquidos: 56,84.

120. Resistencia á humidade contra as caídas de auga verticais e contra a proxección de auga: 85,27.

121. Resistencia á humidade de aparellos estancos á inmersión: 113,68.

122. Resistencia ó illamento: 28,43.

123. Rixidez dieléctrica: 28,43.

124. Endurancia: 113,68.

125. Funcionamento anormal de aparellos con elementos calefactores: 113,68.

126. Funcionamento anormal de aparellos con motor e partes asociadas: 17,06.

127. Estabilidade e perigos mecánicos: 28,43.

128. Resistencia mecánica: 17,06.

129. Construción: 170,52.

130. Cables internos: 56,84.

131. Xeneralidades sobre compoñentes: 85,27.

132. Conexión á rede de cables flexibles exteriores: 85,27.

133. Bordos para condutores exteriores: 56,84.

134. Dispositivos para a posta á terra: 34,10.

135. Parafusos e conexións: 34,10.

136. Liñas de fuga, distancias no aire e distancias a través do illamento: 85,27.

137. Protección contra a oxidación: 56,84.

138. Funcionamento térmico dos termóstatos: 85,27.

139. Funcionamento térmico dos limitadores de temperatura: 56,84.

140. Cortocircuítos térmicos e relés de máxima intensidade: 56,84.

IX. Pilas e acumuladores.

141. Dimensións: 28,43.

142. Órganos de conexión: 17,06.

143. Marcado: 14,38.

144. Condicións xerais de fabricación: 14,21.

145. Condicións xerais de ensaio: 113,68.

146. Determinación de cadmio e mercurio: 113,68.

X. Aparellos eléctricos.

147. Marcas e indicacións: 14,21.

148. Verificación das dimensións: 85,27.

149. Protección contra os choques eléctricos: 56,84.

150. Dispositivos de posta á terra: 34,10.

151. Bornes: 113,68.

152. Construción: 113,68.

153. Resistencia ao envellecemento: 34,10.

154. Resistencia á humidade: 56,84.

155. Resistencia ao illamento: 17,06.

156. Resistencia mecánica: 56,84.

157. Resistencia á calor: 85,27.

158. Parafusos, partes condutoras da corrente e conexións: 113,68.

159. Liñas de fuga e distancias no aire: 34,10.

160. Características normais do cable: 17,06.

161. Identificación de condutores do cable: 34,10.

162. Constitución do cable: 34,10.

163. Ensaios eléctricos do cable: 85,27.

164. Ensaios mecánicos do cable: 85,27.

165. Ensaios mecánicos do illamento do cable: 17,06.

166. Clasificación: 17,06.

167. Mecanismos: 113,68.

168. Quentamentos: 56,84.

169. Poder de peche e de corte: 85,27.

170. Oxidación: 34,10.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO