Por Orde do 12 de decembro de 2003 (DOG do 19 de decembro), convocáronse axudas para a realización de actividades de alfabetización e formación de adultos, organizadas por corporacións locais e institucións privadas, sen ánimo de lucro e legalmente constituídas, agás centros docentes, pertencentes á Comunidade Autónoma.
Vista a proposta da comisión de selección prevista no punto oitavo da devandita orde,
RESOLVO:
Primeiro.-Conceder, con cargo aos conceptos orzamentarios 07.04.322S.460.0 e 07.04.322S.480.0 da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, as axudas que se relacionan no anexo I.
Segundo.-Denegar ou excluír, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan nos puntos 2 e 3 do anexo.
Terceiro.-De conformidade co punto décimo primeiro da Orde do 12 de decembro de 2003, as axudas irán destinadas a sufragar os gastos de persoal ata un mínimo do 75% do importe total da axuda concedida e os gastos de funcionamento, que non superarán o 25% do importe total da subvención. Deste 25% permitido para gastos de funcionamento, arbitraranse a distribución de gastos de forma que o 20% do importe total da axuda tería a finalidade de gastos de material didáctico (textos e materiais dun só uso e materiais funxibles) e o 5% para outros gastos. As axudas serán aboadas unha vez finalizada a actividade no momento da completa xustificación.
Cuarto.-Nas actividades cofinanciadas pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e o Fondo Social Europeo, as convocatorias públicas, publicidade e propaganda delas, así como os lugares en que se realizan as referidas accións, deberá figurar o logotipo da Unión Europea coa lenda: «Actividade cofinanciada polo Fondo Social Europeo.
Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de abril de 2004.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
1. Concesión de axudas ás seguintes administracións públicas e entidades sociais sen ánimo de lucro:
Administracións públicas con cargo ao concepto orzamentario 07.04.322S.460.0 (axudas cofinanciadas nun 65% polo Fondo Social Europeo):
-Provincia: A Coruña.
Entidade Axuda (A) Actividade subvencionada
Concello de Abegondo 3.000 Alfabetización
Concello de Aranga 3.050 Graduado en educación secundaria
Concello de Arteixo 9.600 Alfabetización
Concello de Arzúa 6.000 Alfabetización e graduado en secundaria
Concello de Bergondo 4.050 Graduado en educación secundaria
Concello de Boiro 4.000 Alfabetización e graduado en secundaria
Concello de Boqueixón 3.050 Alfabetización
Concello de Cabana de Bergantiños 3.050 Graduado en educación secundaria
Concello de Camariñas 7.200 Graduado en educación secundaria
Concello de Carnota 3.050 Alfabetización
Concello de Carral 6.000 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Concello de Cerceda 3.050 Alfabetización
Concello de Cesuras 3.050 Alfabetización
Concello de Coirós 4.000 Alfabetización
Concello de Culleredo 9.600 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Concello de Curtis 3.050 Graduado en educación secundaria
Concello de Fene 3.050 Alfabetización
Concello de Fisterra 3.050 Alfabetización
Concello de Frades 3.050 Graduado en educación secundaria
Concello de Laxe 3.050 Alfabetización
Concello de Lousame 3.050 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Concello de Mazaricos 4.500 Graduado en educación secundaria
Concello de Melide 4.000 Alfabetización
Concello de Mesía 3.050 Graduado en educación secundaria
Concello de Miño 6.050 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Concello de Muxía 5.000 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Concello de Negreira 3.800 Alfabetización
Concello de Oroso 4.700 Alfabetización
Concello de Outes 3.800 Alfabetización
Concello de Padrón 3.800 Graduado en educación secundaria
Concello de Pontedeume 3.800 Graduado en educación secundaria
Concello de Porto do Son 3.800 Alfabetización
Concello de Rianxo 6.050 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Concello de Santa Comba 4.050 Graduado en educación secundaria
Concello de Teo 3.000 Graduado en educación secundaria
Total: 149.450 A.
-Provincia: Lugo.
Entidade Axuda (A) Actividade subvencionada
Concello de Becerreá 3.800 Graduado en educación secundaria
Concello de Burela 3.050 PGS aux. domicilio e residencias
Concello de Guitiriz 4.000 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Concello de Mondoñedo 6.500 Alfabetización
Concello de Monforte de Lemos 3.050 Alfabetización
Concello de Quiroga 3.800 Alfabetización
Concello de Ribas de Sil 3.050 Alfabetización
Total: 27.250 A.
-Provincia: Ourense.
Entidade Axuda (A) Actividade subvencionada
Concello de Allariz 3.800 Alfabetización
Concello de Baltar 3.050 Alfabetización
Concello do Carballiño 3.050 Probas grao medio
Concello de Castrelo do Val 3.800 Alfabetización
Concello de Castro Caldelas 3.600 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Concello de Celanova 4.050 Alfabetización
Concello da Mezquita 4.050 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Concello de Nogueira de Ramuín 3.050 Alfabetización
Concello do Pereiro de Aguiar 6.050 Alfabetización e probas ciclo medio
Concello da Pobra de Trives 3.800 Graduado en educación secundaria
Concello de Porqueira 3.050 Alfabetización
Concello de Punxín 3.800 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Concello de Ramirás 3.050 Alfabetización
Concello de Riós 3.050 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Concello de San Xoán de Río 3.800 Alfabetización
Concello da Veiga 3.800 Alfabetización
Concello de Vilar de Santos 3.800 Alfabetización
Concello de Vilardevós 3.800 Graduado en educación secundaria
Concello de Xinzo de Limia 5.050 Alfabetización
Deputacion Provincial de Ourense 8.816 Graduado en educación secundaria e probas ciclos
Total: 80.316 A.
-Provincia: Pontevedra.
Entidade Axuda (A) Actividade subvencionada
Concello de Baiona 3.050 Alfabetización
Concello de Barro 3.050 Graduado en educación secundaria
Concello de Cambados 3.800 Graduado en educación secundaria
Concello de Cuntis 3.050 Graduado en educación secundaria
Concello de Fornelos de Montes 3.050 Alfabetización
Concello do Grove 6.050 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Concello da Guarda 4.050 Alfabetización
Concello da Illa de Arousa 6.050 Alfabetización
Concello de Lalín 3.500 Alfabetización
Concello da Lama 3.600 Alfabetización
Concello de Meaño 3.050 Graduado en educación secundaria
Concello de Mondariz 3.050 Alfabetización
Concello de Mos 3.600 PGS electricidade e carpintería
Entidade Axuda (A) Actividade subvencionada
Concello de Oia 3.050 Alfabetización
Concello de Poio 6.050 Alfabetizacion
Concello de Ponteareas 3.800 Alfabetización
Concello de Pontecesures 4.700 Graduado en educación secundaria
Concello de Redondela 4.050 Alfabetización
Concello de Ribadumia 4.050 Graduado en educación secundaria
Concello do Rosal 2.500 Graduado en educación secundaria
Concello de Valga 6.050 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Concello de Vilaboa 3.050 Graduado en educación secundaria
Concello de Vilagarcía de Arousa 3.000 Probas grao medio
Terra de Sanxenxo 6.050 Alfabetización
Total: 95.300 A.
* Suma total: 352.316 A.
Entidades sociais sen ánimo de lucro con cargo ao concepto orzamentario 07.04.322S.480.0 (axuda cofinanciada nun 65% polo Fondo Social Europeo):
-Provincia: A Coruña.
Entidade Localidade Axuda (A) Actividade subvencionada
As. Fonte da Virxe Ames 3.800 Alfabetización
As. Bergantiñan de F.A.E.M. Cabana de Bergantiños 2.000 Alfabetización
As. sociocultural Abraio A Coruña 2.700 Alfabetización
Cruz Vermella Española A Coruña 4.200 Programa de garantía social
Fund. Adcor da Coruña A Coruña 3.800 Alfabetización
RR. Mª Inmaculada A Coruña 3.800 Probas ciclo medio
As. Chavós-Ferrol Ferrol 5.200 Alfabetización e graduado en educación secundaria
As. Síndrome Down Teima Ferrol 2.000 Alfabetización
As. Sociocultural Minusválidos Ferrol 3.200 Alfabetización
Asoc. Mujeres Barrio del Pilar Ferrol 2.000 Probas ciclo medio
Unión Sindical de Traballadores de Galicia Ferrol 2.000 Graduado en educación secundaria
As. Nosa Señora de Chamorro Narón 2.000 Programa garantía social
Escola Aire Libre Néboa Neda 3.800 Graduado en educación secundaria
As. Sociocult. de MM. Meigas Sada 2.000 Alfabetización
As. Minusválidos Ámbar A Pobra do Caramiñal 2.000 Alfabetización
Fundación de estudios e análises-Fesan Santiago de Compostela 2.000 Graduado en educación secundaria
Inst. Desarrollo Comunit. Galicia Santiago de Compostela 2.700 Alfabetización
Unión Xeral de Traballadores Santiago de Compostela 3.200 Graduado en educación secundaria
Cogami Santiago de Compostela 8.200 Alfabetización
Total: 60.600 A.
-Provincia: Lugo.
Entidade Localidade Axuda (A) Actividade subvencionada
As. Cultural Xermolos Guitiriz 3.800 Graduado en educación secundaria
Fundación Expomar Burela 2.000 Alfabetización
As. Desarrollo Sociocult, Formación e Emprego Lugo 2.000 Alfabetización
Total: 7.800 A.
-Provincia: Ourense.
Entidade Localidade Axuda (A) Actividade subvencionada
Fed. Prov. MM. RR. Ourense Laza 2.000 Alfabetización
As. Cultural Carlasca Ourense 3.800 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Asociación Foro Muíños Ourense 3.200 Alfabetización
Cimo-Ctro. Iniciat. para Mocidade Ourense 2.000 Alfabetización
As. MM. RR. de Consumo O Recuncho Verín 2.700 Alfabetización
Fund. Discapacitados Psíquicos Verín Verín 2.000 Alfabetización
Total: 15.700 A.
-Provincia: Pontevedra.
Entidade Localidade Axuda (A) Actividade subvencionada
As. Rexurdir Marín 3.800 Alfabetización
As. La Esperanza del Valle Miñor Nigrán 2.000 Alfabetización
As. Axuda Enfermo Mental Lenda Redondela 3.200 Alfabetización
As. Pais Minusválidos Prov. Pontevedra Vigo 2.000 Alfabetización
Centro Cult. Art. e Rec. Valadares Vigo 3.700 Alfabetización
Comun. Montes Mancomunidade Valadares Vigo 2.000 Probas ciclo medio
Escola de Formación Social de Vigo Vigo 3.800 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Fundación Érguete-Integración Vigo 3.800 Graduado en educación secundaria
CITE Vigo 3.800 Alfabetización
Relixiosas de María Inmaculada de Vigo Vigo 7.800 Alfabetización e graduado en educación secundaria
Total: 35.900 A.
Suma total: 120.000 A.
2. Desestimar as axudas por ser a súa valoración insuficiente ou non considerarse proxectos prioritarios:
-Concello das Pontes de García Rodríguez.
-Concello de Rois.
-Concello de Palas de Rei.
-Concello de San Cristovo de Cea.
-Concello de Cangas.
-Concello de Gondomar.
-Concello de Marín.
-As. Social y Sanitaria de Galicia de A Coruña.
-As. VV. El Pilar de Ferrol.
-Fegamur de Santiago de Compostela.
-As. Xarela Formación Animación de Barbadás (Ourense).
-Fund. Cultural da Estrada (Pontevedra).
-Ayuvi, As. Axuda á Vida de Vigo.
-Centro Veciñal e Cultural de Valadares de Vigo.
-Forga de Vigo.
-Misioneras Divino Maestro de Vigo.
3. Desestimar as axudas ás solicitudes que tiveron entrada fóra de prazo:
Entidades sociais sen ánimo de lucro:
-As. MM. RR. Nosa Sra. do Rosario da Coruña.
-As. Converx. e Innov. Empresa Galega de Marín.
Administracións públicas:
-Concello de Muros.
-Concello de Ordes.
-Concello de Oza dos Ríos.
-Concello de Barbadás.
-Concello de Montederramo.