DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 16 de abril de 2004 Páx. 5.392

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector da industria siderometalúrxica, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-3-2004 e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 2-3-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de marzo de 2004.

Luis Alberto Álvarez Freijido

Delegado provincial da Coruña

Asistentes:

Pola parte empresarial:-Sidero:

José Ardavín Álvarez.

Roberto Derungs Cachaza.

Jesús Ferradáns Barreiro.

Jorge Lorenzo Souto.

José M. Juiz Barcia.-Asinec:

Manuel Miñones Trillo.-Talleres:

Juan García Varela.

Juan Cancela Sánchez.

José M. Cascales Giner.-Agasca:

Manuel Pereira Freire.-Asesor:

Javier García Ruiz.

Pola parte social:-UGT:

José Carlos Rodríguez del Río.

Jesús Mª Calvo Romero.

Manuel Martínez Arnoso.

Celestino Pérez Vázquez.-CC.OO.:

Nicolás Pato Pérez.

José A. Blanco Puga.

Plácido Cal Faraldo.

Juan José Suárez Silva.

Domingo Cartelle López.-CIG:

Alfredo Bocija Serantes.

Xan Fernández Barcia.

Xoán Montero Díaz.

Secretario:

Juan Salle Barreiro Pérez.

Na Coruña, sendo as dezaoito horas do día dous de marzo de dous mil catro, reúnense no domicilio social da Confederación de Empresarios da Coruña, os membros da mesa negociadora do convenio colectivo para a industria siderometalúrxica da provincia da Coruña, coa asistencia dos señores relacionados á marxe.

Iniciada a reunión e para dar cumprimento ao artigo 39 do vixente convenio colectivo, procédese ao cálculo da revisión salarial correspondente ao ano 2003, cuxo anexo se xunta a esta acta e en proba de conformidade é asinado por un representante de cada unha das partes.

A seguir procédese á constitución da mesa negociadora para iniciar a negociación do próximo convenio e acórdase que estea formada por 15 membros por cada parte e, de acordo coa certificación do SMAC adxunta, a parte social queda composta polos seguintes representantes:

CC.OO.: 6 representantes.

UGT: 5 representantes.

CIG: 4 representantes.

A parte empresarial estará formada polos representantes das asociacións de siderometalúrxica (Sidero), talleres de reparación de automóbiles (Atra), instaladores eléctricos (Asinec) e fontanaría, gas e calefacción (Agasca).

Realizará as funcións de secretario Juan Salle Barreiro Pérez.

A seguir a parte social entrega á parte empresarial a súa plataforma de convenio para o ano 2004, en que se recollen todas as propostas que propoñen nesta nova negociación.

A parte empresarial di que a estudiará e na próxima reunión traerá a súa contraproposta.

Sen máis asuntos que tratar, féchase a sesión ás 19.00 horas, de todo o cal, como secretario, dou fe.

Revisión salarial 2003

GruposNiveis

salariais

CategoríasDifer. desde outubro

1Técnicos de grao superior26,32

2Técnicos de grao medio25,34

3AXefe de taller e xefe administrativo de 1ª e 2ª22,94

BXefe organización de 1ª, delineante proxectista e dibuxante proxectista, xefe organización de 2ª e técnicos industriais22,21

CMestre de taller e contramestre21,95

4ADelineante de 1ª, práctico en topografía e técnico organización 1ª20,70

BEncargado e técnico organización 2ª19,68

5AOficial administración 1ª e viaxante20,56

BOficial administración 2ª e delineante 2ª19,68

CProfesional de oficio de 1ª, chofer camión, guindastre, turismo e profesional siderúrxico 1ª19,35

DProfesional oficio 2ª e profesional siderúrxico 2ª18,97

6Almaceneiro, aux. admón. e organización especialista, telefonista, profesional oficio 3ª, pesador-basculeiro e profesional siderúrxico 3ª18,74

7Peón, ordenanza, porteiro e vixilante18,07

Revisión salarial 2003 do complemento persoal

(importe anual por ano de servizo sen incluír pagas extras)

GruposNiveis

salariais

CategoríasDifer. incluid. pagas extras desde outub.

1Técnicos de grao superior0,18

2Técnicos de grao medio0,17

3AXefe de taller e xefe administrativo de 1ª e 2ª0,15

BXefe organización de 1ª, delineante proxectista e dibuxante proxectista, xefe organización de 2ª e técnicos industriais0,15

CMestre de taller e contramestre0,15

4ADelineante de 1ª, práctico en topografía e técnico organización 1ª0,14

BEncargado e técnico organización 2ª0,13

5AOficial administración 1ª e viaxante0,14

BOficial administración 2ª e delineante 2ª0,13

CProfesional de oficio de 1ª, chofer camión, guindastre, turismo e profesional siderúrxico 1ª0,13

DProfesional oficio 2ª e profesional siderúrxico 2ª0,13

6Almaceneiro, aux. admón. e organización especialista, telefonista, profesional oficio 3ª, pesador-basculeiro e profesional siderúrxico 3ª0,12

7Peón, ordenanza, porteiro e vixilante0,12