DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 16 de abril de 2004 Páx. 5.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de modificacións ao convenio colectivo do persoal de limpeza da empresa Amalis, S.A., no Hospital do Meixoeiro de Vigo.

Vista a acta de modificacións ao convenio colectivo do persoal de limpeza da empresa Amalis, S.A., que presta os seus servizos no Hospital do Meixoeiro de Vigo, con nº de código 3602061 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-3-2004, subscrita pola comisión paritaria do convenio, con data do 20-3-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido

da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de marzo de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Asistentes:

Polo comité de empresa:

Carmen Castro Álvarez.

Carmen Fernández Álvarez.

Edelmiro Martínez Troncoso.

Pablo Suárez Iglesias.

Mª José Martínez Moreno.

Sección sindical UGT:

Horacio Alonso de la Campa.

Sección sindical CC.OO.:

Joaquín Martínez Fernández.

Asesores sindicais:

José Antonio Pérez Rodríguez

Francisco Estévez Rodríguez

Pola empresa:

Reyes García Alonso

Miguel Garrido Serrano

Na cidade de Vigo, ás 11.00 do día 20 de marzo de 2003, reúnense as persoas expresadas á marxe na súa condición de compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo do persoal de limpeza de Amalis, S.A. que presta os seus servizos no Hospital do Meixoeiro de Vigo, que, pola súa vez, constitúen, dunha parte, o comité de empresa, e seccións sindicais, representantes dos traballadores antes mencionados, e doutra, representación legal da empresa Amalis, S.A., actual concesionaria do mencionado servizo.

Aberta a sesión, ambas as partes, como inicio do que se vai tratar recoñécese mutua e reciprocamente como interlocutores válidos para o obxecto previsto para esta reunión.

Ten por obxecto esta reunión aclarar aspectos da relación do convenio colectivo do centro de traballo

mencionado, en canto á roupa de traballo (artigo 15) e ao sistema de solicitude para o desfrute dos días denominados moscosos que se regulan no artigo 19.

Tras un debate sobre os temas que se van tratar, as partes alcanzan os seguintes

ACORDOS:

Primeiro.-O artigo 15 do convenio, polo que se regula a roupa de traballo, aclárase nos seguintes termos:

Calzado que se proverá os traballadores/as:

Persoal feminino:

1 par de zocos ou zapatillas cada seis meses.

Persoal masculino:

1 par de zapatillas ou zocos cada seis meses.

Roupa de abrigo para o persoal masculino:

Se é necesario renovar a roupa de abrigo antes dos tres anos, debido a unha deterioración inusual no uso normal do traballo, o traballador interesado deberá achegar a roupa usada.

Segundo.-Para desfrutar do descanso dos días denominados moscosos, que se regulan no parágrafo cuarto do artigo 19 do convenio, actuarase da seguinte forma:

-O traballador/a interesado/a solicitarao por escrito, no documento que para tal efecto confeccione a empresa.

-O documento redactarase por triplicado, de forma que unha copia sexa para o traballador/a solicitante, outra para a propia empresa e outra para o comité.

-No documento farase constar o nome do traballador/a, a data da solicitude, e a data en que se pretende levar a cabo o descando do día correspondente.

-Se hai varias peticións para un mesmo día, e non se puidese conceder o descanso a todas, acturase por antigüidade na petición, tendo preferencia a persoa que o solicitase con anterioridade. En caso de existiren varias peticións coa mesma data, e ser imposible o desfrute de todos, sortearase entre os que coincida a solicitude.

-En calquera caso e de acordo co establecido no convenio colectivo, para o desfrute destes días de permiso teranse sempre en conta as necesidades do servizo.

Terceiro.-O calendario dos descansos do persoal para as respectivas quendas será realizado trimestralmente e deberá ser colocado nos taboleiros pertinentes, na semana correspondente ao día quince, do último mes do trimestre anterior. No calendario non estarán reflectidos os días denominados moscosos que fosen solicitados.

Cuarto.-A cláusula adicional segunda do convenio fai referencia erroneamente ao artigo 23 do actual convenio colectivo provincial de limpeza de edificios e locais, sendo realmente o correcto o artigo 16.

Quinto.-No anexo I, onde figuran os traballadores fixos da quenda de tarde, que realmente é o anexo III, deberá ser engadida á lista á que se fai referencia a traballadora Emilia Martínez Giráldez, ocupando o número 10 da lista.

Así se acorda e, para que conste para os efectos oportunos, esténdese a presente acta, que é asinada por todos os asistentes en proba de conformidade. Todo iso na cidade e data ao principio expresadas.