DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 16 de abril de 2004 Páx. 5.389

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Auto-Grúas Bertólez, S.L.

Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Auto-Grúas Bertólez, S.L. (código de convenio nº 3200892-publicado no BOP nº 85, do 12 de abril de 2000), onde se acorda

a actualización da táboa salarial para o ano 2004, con entrada nesta delegación provincial, subscrita pola citada comisión paritaria, en representación tanto da parte económica como da parte social, en data 16 de febreiro de 2004, e, de conformidade co disposto no artigo 90. 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 26 de febreiro de 2004.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Auto-Grúas Bertólez, S.L.

En San Cibrao das Viñas (Ourense) o 16 de febreiro de 2004.

Asistentes:

Pola parte social, o delegado de persoal, José Antonio Rodríguez González, con DNI 34963926.

Pola parte empresarial, o xerente da empresa, Manuel Rodríguez Bertólez, con DNI 34538410.

Sendo as 12.00 horas do día 16 de febreiro de 2004, reúnense os membros da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Auto-Grúas Bertólez, S.L., co fin de actualizar os salarios para o ano 2004.

Déixase constancia de que durante o ano 2003 se aplicou unha suba salarial correspondente ao 4% con efectos do 1 de xaneiro de 2003, correspondente ao IPC constatado o 31 de decembro do 2002.

En canto á actualización que se vai facer no ano 2004, una vez feitas as deliberacións, chégase aos seguintes acordos:

1. Modificación e actualización salarial para o ano 2004.

Actualízanse os salarios para o ano 2004, para o que se aplica a seguinte suba:

a) Por unha banda, aplícase o incremento dun 2,6% correspondente ao IPC, constatado o 31 de decembro de 2003.

b) E ademais acórdase otra suba lineal por importe de 60,10 euros, sobre o salario base bruto resultante de aplicarlle xa a suba do 2,6%.

A suba lineal acordada de 60,10 euros, xunto co 2,6% será sen dúbida superior ao incremento constatado polo IPC anual o 31 de decembro de 2004, que polo tanto quedará absorbido na suba practicada. Non obstante, para o caso de que ambas subas resulten inferiores ao IPC constatado o 31 de decembro do 2004, aplicarase a diferenza.

Quedan as táboas salariais para este ano como consta deseguido:

Categorías, salario mensual base.

Titulado superior: 957,93.

Titulado medio: 925,86.

Xefe admvo. 1: 906,62.

Xefe admvo. 2: 880,97.

Xefe de sección: 862,57.

Mestre de taller: 842,49.

Oficial admvo. 1: 829,66.

Oficial admvo. 2: 797,60.

Auxiliar admvo.: 727,05.

Encargado: 739,88.

Vixiante: 720,64.

Oficial 1ª conductor de guindastre: 771,94.

Oficial 2ª conductor de guindastre: 707,81.

Oficial 1ª taller: 829,66.

Oficial 2ª taller: 727,05.

Peón: 694,99.

Estas modificacións e o incremento salarial entrarán en vigor e terán efectos desde o un de xaneiro de dous mil catro, con independencia da data da súa publicación no BOE.

O resto do contido do convenio queda prorrogado e permanecerá subsistente no non modificado por estes acordos.

Esta modificación é asinada pola dirección da empresa e a representación dos traballadores en Ourense o 16 de febreiro de 2004.