DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 16 de abril de 2004 Páx. 5.389

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Aguas de Fontenova S.A.U. de Verín, Ourense.

Visto o texto da acta da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Aguas de Fontenova S.A.U. de Verín-Ourense para o ano 2003, (código de convenio número 3200022, publicado no BOP número 227, do 2 de outubro), con entrada nesta delegación provincial, subscrito pola dirección da empresa, en representación da parte empresarial e, polo delegado de persoal, en representación da parte social, no 30 de xaneiro de 2004, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 12 de febreiro de 2004.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta inicial e final

En Verín, sendo as 10.30 horas do día 30 de xaneiro de 2003, reúnense os relacionados a seguir co obxecto de revisar a táboa salarial do convenio colectivo do ano 2003 da empresa Agua de Fontenova S.A.U.

-Pola empresa

José María Reguilón Esteban.

NIF: 34700603-C

Francisco Alfredo Pardo Cáceres.

NIF: 34985719-M

-Pola parte social

Pablo Barañano Sevilla.

NIF: 19969367-F

Asesor: José Gómez.

NIF: 34604512-T.

ACORDO:

Segundo o artigo 3 e co obxecto de revisar a táboa salarial do convenio colectivo do ano 2003 de Agua de Fontenova S.A.U., increméntase o 1,6% sobre os conceptos relacionados na táboa salarial, que xunto co 1% que xa se subiu na súa sinatura, fan o 2,6% en que se establece o IPC oficial do ano 2003.

E non habendo máis temas que tratar, féchase a sesión ás 11.00 horas, no lugar e data indicados.

Táboa salarial para 2003 Agua de Fontenova S.A.U.

Subida: 2,60

CategoríasS. baseP.C.I.

Persoal técnico
Licenciados/as titulados/as super992,59-
Técnicos/as titulados/as855,92-
Peritos e asimilados/as855,92-

Non titulados
Encargado/a xeral855,92-
Encargado/a de sección801,24-

Persoal administrativo
Xefe/a de primeira828,3810,94
Xefe/a de 2ª contabel-caixeiro/a591,7910,94
Oficial de 1ª591,7910,94
Oficial de 2ª591,797,28
Auxiliar591,795,08

Persoal mercantil
Xefe de vendas855,92-
Inspector/a de vendas591,798,16

Persoal obreiro
Capataz591,798,16
Operario/a de embotellamento591,795,08
ApendizS.M.I.5,08

Oficios varios
Oficial de 1ª591,798,16
Condutor/a-repartidor/a591,798,16
Oficial de 2ª591,797,28
Oficial de 3ª591,797,28
Axudante591,795,08
Condutor/a591,795,08
Laborante591,795,08

Persoal subalterno
Peón556,905,08
Almacenista556,905,08
Ordenanza-cobrador/a556,905,08
Ordenanza556,905,08
Vixilante556,905,08
Porteiro/a e conserxe556,905,08
Telefonista556,905,08
Xardiñeiro/a556,905,08
Limpador/a556,905,08

Nota: esta taboa salarial está actualizada a 31-12-2003 coa suba do 2,60% correspondente ao IPC-2003.