DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 15 de abril de 2004 Páx. 5.252

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de marzo de 2004, da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, pola que se lle dá publicidade ao convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade para o fomento da certificación dos sistemas de xestión en Galicia.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 65, do venres 2 de abril de 2004, cómpre facer as seguintes correccións:

-Na páxina 4.671, onde di: «Det Norske Veritas España», debe dicir: «Det Norske Veritas España, S.L.», onde di: «Qualitas Certificación, S.A.», debe dicir: «D. Qualitas Certificación, S.A.» e onde di: «Entidad de Certificación e Aseguramiento, S.A. (ECA)», debe dicir: «Entidad de Certificación y Aseguramiento, S.A. (ECA)».

-Na páxina 4.675, onde di: «....a través da aplicación informática establecida no enderezo da Internet http://www.xunta.es/conselle/in/index.htm.», debe dicir: «....a través da aplicación informática establecida nos enderezos da Internet http://www.xunta.es/conselle/in/index.htm. e http://www.xunta.es/servicios/index.htm».