DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 15 de abril de 2004 Páx. 5.251

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ao curso 2002/2003 convocados pola Orde do 20 de setembro de 2003.

A Orde do 20 de setembro de 2003 (DOG do 2 de outubro) pola que se convocaban os premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ao curso 2002/2003, establecía no seu artigo oitavo 5 que, de acordo coa proposta feita polo tribunal, o director xeral de Centros e Ordenación Educativa concedería os premios extraordinarios de formación profesional.

Unha vez realizada a valoración polo tribunal de selección, publicada a acta provisional coas puntuacións obtidas polos candidatos e unha vez resoltas as reclamacións presentadas e vista a acta coa proposta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder os premios extraordinarios de formación profesional, correspondentes ao curso 2002-2003, aos alumnos que figuran no anexo a esta resolución.

Segundo.-Contra esta resolución pódese recorrer mediante recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación dela no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2004.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros e Ordenación Educativa

ANEXO

APELIDOS E NOMEFAMILIACICLO DE GRAO SUPERIORCENTRO EDUCATIVO

RAMA LÓPEZ , ESTEBANACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVASANIMACIÓN DE ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVASIES AGRA DO ORZÁN-A CORUÑA

MARTÍNEZ VARELA, SONIAADMINISTRACIÓNADMINISTRACIÓN E FINANZASIES DE SABÓN-ARTEIXO

A CORUÑA

SÁNCHEZ PÉREZ, IGNACIOCOMERCIO E MERCADOTECNIACOMERCIO INTERNACIONALIES RIBEIRA DO LOURO. O PORRIÑO-PONTEVEDRA

PÉREZ PRIETO, ANAEDIFICACIÓN E OBRA CIVILDESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS URBANÍSTICOS E OPERACIÓNS TOPOGRÁFICASIES A FARIXIA-OURENSE

PALLAS QUINTELA, ALBERTOELECTRICIDADE E ELECTRÓNICADESENVOLVEMENTO DE PRODUTOS ELECTRÓNICOSIES MONTE NEME. CARBALLO-A CORUÑA

SOUTO RODRÍGUEZ, LUCÍAIMAXE PERSOALESTÉTICAIES RICARDO CARBALLO CALERO. FERROL-A CORUÑA

LÓPEZ TEIJEIRA, ÓLIVERINFORMÁTICAADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOSIES ILLA DE SARÓN. XOVE-LUGO

PICO GONZÁLEZ, FRANCISCO JAVIERMANTEMENTO DE VEHÍCULOS AUTOPROPULSADOSAUTOMOCIÓNIES MARQUÉS DE SUANCES. FERROL-A CORUÑA

GARCÍA VIEIRA, ÓSCAR JAVIERMANTEMENTO DE SERVIZOS A PRODUCIÓNMANTEMENTO DE EQUIPAMENTO INDUSTRIALIES PUNTA CANDIEIRA. CEDEIRA-A CORUÑA

APELIDOS E NOMEFAMILIACICLO DE GRAO SUPERIORCENTRO EDUCATIVO

CASTRO INSUA, SANDRAQUÍMICAANÁLISE E CONTROLIES A SARDIÑEIRA. A CORUÑA

GONZÁLEZ GONZÁLEZ, VANESSASANIDADELABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICOIES FREI MARTÍN SARMIENTO-PONTEVEDRA

ANTELO AMIGO, AGUSTÍN MANUELSERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADEANIMACIÓN SOCIOCULTURALIES A PONTEPEDRIÑA. SANTIAGO DE COMPOSTELA-A CORUÑA