DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 15 de abril de 2004 Páx. 5.227

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2004 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de abril de 2004, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

A nova estructura orgánica da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, establecida polo Decreto 125/2002, do 4 de abril, modificado polo Decreto 382/2003, do 16 de outubro; a extinción, mediante a Lei 5/2003, do 27 de outubro, da escala específica creada pola disposición transitoria quinta da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, así como a adscrición á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos dos postos de traballo dos servizos de Conservación do Litoral, que dependían organicamente da Consellería de Medio Ambiente, fan necesario a modificación da actual relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de abril de 2004, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modificar a vixente relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordenar a publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

PE.C01.00.001.15770.001Subdirector/a xeral de Cooperación Pesqueira InternacionalArtigo 6 da orde da Consellería da Pre-

PE.C02.00.002.15770.001Subdirector/a xeral Xestión Orzamentaria e Contrataciónsidencia e Adminis-

tración Pública do

PE.C03.00.002.15770.001Subdirector/a xeral Xestión Administrativa e de Usos do Litoral21 de novembro de

1989 (DOG nº 232,

PE.C04.00.002.15770.001Subdirector/a xeral de Mercados da Pescado 4 de decembro).

Postos de confianza.

PE.C05.00.002.15770.001Subdirector/a xeral de Xestión e Investig. Mariña

PE.C06.00.001.36590.001Subdirector/a xeral do Centro de Control do Medio Mariño

PE.C01.00.001.15770.010Servizo de Cooperación Pesqueira

PE.C01.00.002.15770.060Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación

PE.C02.00.002.15770.040Servizo de Supervisión e Control

PE.C03.00.002.15770.030Servizo de Usos do Litoral

PE.C04.00.001.15770.046Servizo de Xestión das Axudas Estruturais

PE.C04.00.002.15770.015Servizo de Análise e Estudos do Mercado

PE.C04.00.002.15770.035Servizo de Promoción e Mellora da Calidade dos Produtos Pesqueiros

PE.C05.00.002.15770.031Servizo de Estudos Pesqueiros

PE.C99.10.000.15001.071Servizo de Usos do Litoral

PE.C99.10.010.27001.001Servizo de Usos do Litoral

PE.C99.10.010.36001.001Servizo de Usos do Litoral

PE.C06.00.000.36590.001Secretario/a director xeral

PE.C99.10.000.15001.082Xefe/a territorial

PE.C99.10.000.27650.050Xefe/a territorial

PE.C99.10.000.36560.083Xefe/a territorial

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de abril de 2004, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

Código-Descrición das titulacións académicas.

2001 Arquitectura superior.

2021 Lic. biolóxicas.

2025 Lic. ciencias do mar.

2035 Lic. químicas.

2037 Licenciado veterinaria.

2062 Licenciado en dereito.

3001 Arquitectura técnica.

Código-Descrición das formacións específicas.

020 Coñecementos informática nivel usuario.

030 Coñecementos inglés.

058 Coñec. urbanismo.

069 Exper. xestión persoal.

203 Coñecementos estatística.

495 Capitán de pesca (mérito).

523 Diploma de directivo.

531 Licenciado en biolóxicas/ciencias do mar (mérito).

640 Para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).

641 Para persoal doutra administración, curso de iniciación de galego (RI).

701 Exp. mín. 2 anos na xestión e técn. de progr. ctrl. calid. medio mariño (RI).

702 Exp. mín. dous anos program. adicada ao control calidade do medio mariño (RI).

703 Exp. mín. 2 anos en prog. de ctrl. e técn. anal. fitopla. e cond. ocean. (RI).

704 Experiencia mínima de dous anos en programas de control e técnicas de análise de biotoxinas mariñas (RI).

705 Experiencia mínima de dous anos en programas de control e técnicas analíticas de contaminación mariña de orixe química (RI).

706 Experiencia mínima de dous anos en técnicas de mostraxe de organismos mariños (RI).

707 Experiencia mínima de dous anos en mostraxe e análise de condicións oceanográficas e taxonomía do fitopláncton (RI).

708 Experiencia mínima de dous anos en análise de biotoxinas mariñas por CLAE (RI).

709 Experiencia mínima de dous anos en xestión de animalario e análise de biotoxinas por bioensaio (RI).

710 Experiencia mínima de dous anos na análise de metais pesados e organoclorados por A.A. e C.G. no medio mariño (RI).

711 Experiencia mínima de dous anos en técnicas analíticas de microbioloxía e patoloxía de moluscos e peixes (RI).

712 Experiencia en mantemento de animalario, identificación e eviscerado de organismos mariños (RI).

713 Curso de formación de funcionarios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para o recoñecemento das especies, artes e instalacións obxecto de procedementos administrativos por instancia de parte (mérito).

714 Experiencia en xestión de expedientes de axudas e subvencións. Experiencia en tramitación de expedientes de gasto e xestión orzamentaria. Experiencia en xestión de fondos estruturais comunitarios (méritos).

715 Experiencia en xestión e tramitación de procedementos de outorgamento do uso do dominio público (mérito).

716 Experiencia en procedementos de reordenación de establecementos de acuicultura mariña ou de concentración parcelaria (mérito).

717 Experiencia mínima de dous anos en programas de control e técnicas de análise de microbioloxía e patoloxía de moluscos e peixes (RI).

718 Experiencia mínima de dous anos en xestión ou implantación de sistemas de calidade en laboratorios de análises de augas e/ou organismos mariños, segundo a norma EN45001 (RI).

719 Curso de medicina hiperbárica dun mínimo de 150 horas impartido por unha universidade ou institución oficial (RI).

720 Especialidade de mergullo de instalacións e sistemas de mergullo (RI). Título de operador de cámaras hiperbáricas (mérito).

779 Form. segundo materia (requisito indispensable).

880 Experiencia mínima de dous anos en técnicas de análise de nutrintes, carbono e pigmentos fotosintéticos en auga de mar (RI).

881 Experiencia mínima de dous anos en avaliación da calidade das zonas de producción no medio mariño (RI).

910 Título profesional de oficial radioelectrónico de segunda clase da mariña mercante (RI).

920 Coñec. estrutur. produc. pesqueira.

940 Exp. cultivos mariños.

954 Permiso conducir B (req. indispensable).

955 Coñec. industrias pesqueiras.

957 Axudante secc. bibliot. (req. indispes.).

Código-Descrición doutras administracións.

A11 Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

A14 Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e forzas e corpos de seguridade do Estado.

AXG Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Código-Descrición dos complementos salariais.

B10 Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

B18 Complemento salarial de singularidade por penosidade.