DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 14 de abril de 2004 Páx. 5.173

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 31 de marzo de 2004 pola que se modifica a do 18 de decembro de 2003, pola que se establecen subvencións para investimento, mantemento e promoción de actividades destinadas á prestación de servizos sociais polas asociacións e outras entidades de iniciativa social.

A Orde do 18 de decembro de 2003 pola que se convocan subvencións para investimento, mantemento e promoción de actividades destinadas á prestación de servizos sociais polas asociacións e outras entidades de iniciativa social (Diario Oficial de Galicia nº 2, do 5 de xaneiro), establece no seu artigo 5 o importe da contía máxima delas na cantidade dun millón trescentos sesenta e un mil douscentos sesenta e catro euros con vinte e tres céntimos (1.361.264,23 A), con cargo ás seguintes aplicacións: 16.03.212D.480.0 cun millón cento tres mil cincocentos oitenta e un euros con vinte e tres céntimos /1.103.581,23 A), 16.03.212D.482.2 con cincuenta e sete mil trescentos setenta e nove euros (57.379 A) e 16.03.212D.780.1 con douscentos mil trescentos catro euros (200.304 A).

Existindo outras dotacións dispoñibles para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe da referida contía máxima coa finalidade de estender ao maior número de beneficiarios posible as devanditas subvencións.

Por todo o exposto e no uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988 e o Decreto 212/2003, do 3 de abril,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Ampliar o importe da contía máxima da Orde do 18 de decembro de 2003 pola que se convocan subvencións para investimento, mantemento e promoción de actividades destinadas á prestación de servizos sociais polas asociacións e outras entidades de iniciativa social na contía de noventa e seis mil cento sesenta e un euros con noventa e cinco céntimos (96.161,95 A) con cargo á aplicación orzamentaria 16.02.212D.485.0 e de 226.315 A con cargo á aplicación orzamentaria 16.03.212D.480.0.

2. A presente modificación non afecta ao prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2004.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais