DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 14 de abril de 2004 Páx. 5.170

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de marzo de 2004 pola que se determinan as especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas ás que se adscriben determinadas materias das establecidas no Decreto 253/1993, do 29 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 25 de outubro).

O Real decreto 989/2000, do 2 de xuño (BOE do 22 de xuño), establece as especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas, adscribe a elas os profesores do dito corpo e determina as materias que deberán impartir.

O artigo 4 do citado Real decreto 989/2000 dispón que as administracións educativas determinarán as especialidades a que se refire o anexo I dese real decreto, ás que lles corresponda impartir as materias establecidas nos seus currículos que non estean adscritas a ningunha especialidade no anexo III.

Definidas as ensinanzas mínimas correspondentes ao grao elemental e medio das ensinanzas de música polo Real decreto 756/1992, do 29 de xuño (BOE do 27 de agosto), o Decreto 253/1993, do 29 de xullo (DOG do 25 de outubro), establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso aos ditos graos para o ámbito competencial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste Decreto 253/1993 establécense unha serie de materias propias do currículo desta Comunidade Autónoma. Cómpre, pois, determinar as especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas ás que lles corresponde impartilas.

Na súa virtude, e en uso da habilitación establecida na disposición derradeira segunda do citado Real decreto 989/2000, do 2 de xuño, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo único.-As materias que figuran no anexo a esta orde serán impartidas preferentemente polos titulares das especialidades que se relacionan no dito anexo. Así mesmo, no caso das materias adscritas a diferentes especialidades, a orde en que estas figuran no devandito anexo non significa prelación.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Persoal para ditar cantas normas se consideren oportunas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

MateriaEspecialidade

Música activaLinguaxe musical

Audicións comentadasLinguaxe musical

Fundamentos de composición

Historia da música

Piano complementarioFundamentos de composición

Linguaxe musical

Piano

AcompañamentoFundamentos de composición

Linguaxe musical

Piano

AnáliseFundamentos de composición

RepertorioCanto

Lingua inglesaCanto

Lingua alemanaCanto

Lingua francesaCanto

Lingua italianaCanto