DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 12 de abril de 2004 Páx. 5.048

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2004, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Carlos Sabucedo Gómez Panaderías de Ourense.

Visto o texto da acta da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Carlos Sabucedo Gómez Panaderías de Ourense para o ano 2004 (código de convenio nº 3200972-publicado no BOP núm. 69 do 25 de marzo de 2003), con entrada nesta delegación provincial, subscrito pola dirección da empresa, en representación da parte empresarial, e, polo delegado de persoal, en representación da parte social, en data 12 de xaneiro de 2004, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 26 de xaneiro de 2004.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Revisión do convenio colectivo Carlos Sabucedo Gómez

Acta única

En Ourense o dous de xaneiro de dous mil catro, reunidos por unha banda, Carlos Sabucedo Gómez, con DNI 34931971-P, veciño de Toén, con domicilio en San Pedro de Moreiras, como representante da empresa Carlos Sabucedo Gómez.

Por outra banda, Fernando da Costa Álvarez, con DNI 44468767-S, veciño de Santa Cruz de Arrabaldo, con domicilio en Outeiro, 19, como representante dos traballadores da empresa Carlos Sabucedo Gómez.

Expoñen:

Que se reuniron na data que consta no encabezamento para o estudo e sinatura da actualización das táboas salariais para o ano 2004, substituíndo as novas as que rexían anteriormente.

Que tras as correspondentes deliberacións e votacións se aprobaron as seguintes actualizacións:

SALARIOS 2004

MES DE 30 DIAS

CATEGORÍASSALARIO

BASE

BENEFIC.

15%

COMPLEMTO

HORARIO

NOCTURNIDADETOTAL

MES

684,22102,6313,5842,60843,03

MASA666,4399,9613,5842,60822,56

MESA653,9598,0913,5842,60808,22

AXUDANTE637,4294,7913,5842,60788,34

MORDOMO666,12666,12

REPARTIDOR

DESPACHOS

653,95653,95

REPARTIDOR

DOMICILIO

615,26615,26

OFICIAL

ADMINISTRA.

707,49707,49

CHOFER

REPARTIDOR

684,22684,22

LIMPADOR478,40478,40

A empresaRepresentante dos

traballadores

Carlos Sabucedo GómezFernando da Costa Álvarez