DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 12 de abril de 2004 Páx. 5.034

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 1 de abril de 2004 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña Verán-2004 e se procede á súa convocatoria.

A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, a través da Dirección Xeral de Xuventude, leva a cabo a promoción e organización de actividades de animación sociocultural destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, e consciente esta

consellería da importancia que ten facilitar canles polas que a xuventude poida participar neste tipo de actividades, é polo que este ano, ao igual que en anos anteriores, se convoca a Campaña Verán-2004.

A oferta da Campaña Verán-2004 comprende, ademais daquelas que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, actividades de ámbito nacional, tendo lugar a súa celebración noutras comunidades autónomas de España.

A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, a través da Dirección Xeral de Xuventude, pretende desta forma atender a demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no eido do lecer e o tempo libre.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Co obxectivo de facilitarlle á xuventude a participación en actividades de tempo libre, a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, a través da Dirección Xeral de Xuventude, oferta un plan xeral de actividades que se detalla no anexo I desta orde.

As diferentes actividades que integran esta oferta xeral levaranse a cabo tanto en Galicia como nas comunidades autónomas de España, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.

2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web da Rede de Información Xuvenil (www.rix.org). Ademais os interesados poden solicitar folletos informativos da convocatoria na Dirección Xeral de Xuventude, nos servizos e oficinas locais de xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, nas oficinas e puntos de información xuvenil da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil, nas oficinas de información administrativa e atención ao cidadán e no teléfono xove (902 152 535).

Artigo 2º.-Servizos ofertados.

1. A participación na oferta da Campaña Verán-2004 realizarase a través de inscrición individual. Os participantes dispoñerán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter socio cultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do mozo.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para a actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre.

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela ata o lugar de destino.

2. A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta do interesado o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16.00 e as 19.00 horas, tendo como límite ás 10.00 horas do día seguinte. Non se admitirá ningún participante despois deste límite.

Artigo 3º.-Participantes.

1. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os mozos e mozas con idades comprendidas nos tramos de idades que se especifican para cada actividade no anexo I.

2. Canto á marxe de idade mínima e máxima que se especifica para cada actividade, deberase ter en conta que:

a) A idade mínima especificada deberá cumprirse durante o ano 2004, agás nos casos en que a idade mínima sexa os 18 anos, nese caso deberanse ter cumpridos antes do comezo da actividade.

b) A idade máxima especificada deberá terse cumprida o 31-7-2004, para aquelas actividades que se desenvolvan en xullo e o 31-8-2004 para as que se desenvolvan en agosto.

3. O incumprimento destas normas dará lugar á non admisión da solicitude.

Artigo 4º.-Solicitude.

1. As solicitudes deberán formularse no impreso que se indica no anexo II desta orde, que poderá solicitar nos servizos que especifica o artigo 1.2 ou ben descargar e cubrir directamente desde a páxina web www.rix.org

Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:

a) Cada mozo ou moza só poderá cubrir unha solicitude elixindo, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. (Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I desta orde).

b) Os datos do solicitante deben ser os do mozo ou moza que opta a participar nas actividades.

c) A solicitude deberá asinala o solicitante e o seu pai/nai ou titor/a.

d) Se o solicitante é galego non residente en Galicia, na súa solicitude debe figurar, para as comunicacións, un enderezo nesta comunidade autónoma.

e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á inadmisión de ambas, por incumprimento do artigo 4.1.a), quedando o solicitante fóra do sorteo.

2. As solicitudes dirixiranse á directora xeral de Xuventude e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado poderá comprobar a recepción da súa solicitude a partir do 4 de maio no teléfono xove 902 15 25 35 e na páxina web www.rix.org

Artigo 5º.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 27 de abril de 2004.

Artigo 6º.-Adxudicación de prazas.

A adxudicación das prazas realizarase da seguinte forma:

1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

Neste caso o sorteo realizarase, ante notario, o día 10 de maio de 2004 nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado en Santiago de Compostela.

Mediante este sorteo, cubriranse as prazas nas distintas actividades que especifica o anexo I desta orde.

Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera para cada unha das actividades. Esta lista xerarase unicamente pola primeira opción elixida polos solicitantes. O número de reservas en cada actividade será do 50% das prazas convocadas.

No caso de que se produzan baixas a Dirección Xeral de Xuventude ou o servizo de Xuventude correspondente contactarán, seguindo a orde de lista, cos suplentes mediante chamada telefónica. Realizaranse 3 chamadas entre as 9.00 e as 16.00 horas que quedarán rexistradas para a súa constancia. De non contactar co interesado, este será dado de baixa e procederase á chamar ao seguinte na lista de espera.

2. A Dirección Xeral de Xuventude fará público o resultado do sorteo, incluídas as listas de espera, e confeccionará a correspondente lista de admitidos para cada quenda e actividade. A lista de admitidos será exposta o día 11 de maio de 2004, na Dirección Xeral de Xuventude, no rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, nos rexistros e servizos de Xuventude das súas delegacións provinciais, no Centro de Información Administrativa e Atención ao Cidadán de Santiago de Compostela, no teléfono xove (902 152 535) e na páxina web www.rix.org

Artigo 7º.-Documentación.

1. Os participantes seleccionados deberán presentar desde o día seguinte ao da data de exposición das listas e ata o día 21 de maio de 2004, na Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da provincia onde se vai a desenvolver a actividade, ou na Dirección Xeral de Xuventude, no caso das actividades pluriprovinciais (que se desenvolven en dúas ou tres instalacións de diferentes provincias) ou actividades que se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, a seguinte documentación:

-Xustificación de pagamento (impreso oficial).

-Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.

-Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.

-Cuestionario médico-sanitario (anexo III).

-Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade ou discapacidade que lle impida participar na actividade con normalidade.

-Declaración responsable de que sabe nadar.

-Fotocopia compulsada do título de familia numerosa, de ser o caso.

-Fotocopia compulsada do Carné Xove ou Carné Máis, de ser o caso.

2. No caso de que a referida documentación non fose presentada no prazo indicado a praza será ofrecida á persoa que se atope no primeiro lugar da lista de espera correspondente.

Artigo 8º.-Adxudicación de prazas ás listas de espera.

1. As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, serán ofrecidas desde o día 26 ao 28 de maio, ambos incluídos, aos solicitantes que figuran nas listas de espera correspondentes. Unha vez recibida a comunicación da baixa e aceptada a praza ofrecida, deberán presentar a documentación sinalada no artigo 7º antes do día 5 de xuño.

2. No caso de non presentar a mencionada documentación no prazo indicado a praza pasará á oferta pública, aplicándose o procedemento disposto no artigo 9º desta orde.

Artigo 9º.-Adxudicación das prazas de resultas.

1. As prazas que non se cubrisen polos procedementos de adxudicación establecidos nos artigos 6º e 8º desta orde, concederanse por adxudicación directa segundo se vaian solicitando. Estas prazas estarán expostas na páxina web www.rix.org

Para estes efectos, o día 11 de xuño poderán solicitar as prazas vacantes todos aqueles solicitantes aos que non se lles adxudicou praza no sorteo nin na adxudicación de prazas ás listas de espera.

Transcorrido o dito período, as prazas vacantes poderán ser solicitadas por calquera persoa interesada, sempre e cando cumpra as limitacións de idade ás que se fai mención no artigo 3º desta orde.

2. Para solicitar as prazas de resultas, o interesado poderá efectuar a oportuna reserva da praza, no caso de que existan vacantes, por teléfono a través de calquera servizo de Xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado ou da Dirección Xeral de Xuventude.

Cada persoa só poderá facer a reserva, como máximo, de catro prazas para catro participantes.

A reserva de prazas poderase efectuar en horario de 9.00 a 14.00 horas, en días laborables agás os sábados.

3. Unha vez efectuada a reserva de praza, o interesado disporá dun prazo de 48 horas para presentar o impreso que se indica no anexo II desta orde debidamente cuberto, e a documentación relacionada no artigo 7º. Os solicitantes aos que non se lles adxudicou praza no sorteo non terán que presentar o anexo II. Esta documentación poderá presentala en calquera das oficinas anteriormente relacionadas. En caso contrario, perderá o dereito á praza reservada.

4. No anexo IV indícanse os enderezos e teléfonos das oficinas administrativas a través das que pode efectuar a oportuna reserva de praza, para os efectos do disposto neste artigo.

Artigo 10º.-Prezos.

1. Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I desta orde, de acordo co sinalado na Orde do 23 de decembro de 2003 (DOG nº 251, do 29 de decembro).

2. Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I desta orde. Circunstancia que debe ser acreditada coa presentación dunha fotocopia compulsada do título de familia numerosa vixente.

3. Os usuarios do Carné Xove ou do Carné Máis gozarán dun desconto do 20% sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I desta orde. Circunstancia que debe ser acreditada coa presentación dunha fotocopia compulsada do Carné Xove ou Máis, vixente.

4. Os descontos citados nos dous puntos anteriores en ningún caso serán acumulables.

Artigo 11º.-Devolucións de cotas.

1. Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente o interesado non puidese asistir á actividade, só terá dereito á devolución deste no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada polo menos vinte días antes do inicio da actividade, ou cando, por causas non imputables ao interesado non se preste o servizo ou a Administración anule a actividade (Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e Decreto lexislativo 172/1992, do 26 de xuño, polo que se ditan normas para a xestión da liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia).

2. Para estes efectos os interesados dispoñen dun modelo normalizado de solicitude de devolución de cota de participación anexo a esta orde (anexo V), que tamén poderán solicitar na Dirección Xeral de Xuventude e nos servizos de xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

3. A solicitude deberá dirixirse ao delegado provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da provincia onde se vai desenvolver a actividade, ou á directora xeral de Xuventude no caso das actividades que se desenvolvan en máis dunha provincia ou fóra da Comunidade Autónoma de

Galicia, que serán os órganos encargados de resolver en cada caso.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2004.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado

ANEXO I

Campamentos de verán 2004

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte

praza (A)

Nº de código

Res. Xuv. Irmáns Pedrosa

Res. xuv. Altamar

Alb. xuv. Gandarío

Rutas Coñece Galicia17-31/7/200415-17173150001

Alb. xuv. Gandarío

Camp. xuv. Os Chacotes

Mar e natureza1-15/07/200415-17130150003

Camp. xuv. A Devesa

Camp. xuv. Os Chacotes

Mar e natureza17-31/07/200413-15130150004

Alb. xuv. Marina Española (*)A miña primeira aventura26/06-03/07/20049-1081150101

3-10/07/20049-1081150102

10-17/07/20049-1081150103

17-24/07/20049-1081150104

24-31/07/20049-1081150105

Deporte e recreación17-31/08/200411-12158150106

Alb. xuv. Gandarío (*)Actividades no mar1-15/07/200413-14173150201

Vela e táboa1-15/07/200415-17173150202

Actividades no mar16-30/07/200412-14173150203

Actividades no mar1-15/08/200412-14173150204

Vela e táboa1-15/08/200415-17173150205

Actividades no mar17-31/08/200412-14173150206

Vela e táboa17-31/08/200415-17173150207

En canoa pola ría de Ares e Betanzos17-31/07/200415-17158150211

Camp. xuv. FurelosEn bicicleta e cabalo pola natureza1-15/07/200413-14155150301

16-30/07/200415-17155150302

1-15/08/200413-14155150303

Camp. xuv.Virxe de LoretoNatureza xunto ao mar 1-15/07/200413-15130150401

16-30/07/200413-15130150403

1-15/08/200415-17130150402

Camp. xuv. EspiñeiraCampamento de teatro1-15/07/200411-12130150501

Maxia na natureza16-30/07/200411-12130150502

Alb. xuv. AreaActividades no mar: vela e táboa, esquí acuático e aula natureza mariña1-15/07/200415-17205270101

17-31/07/200414-15205270102

1-15/08/200415-17205270103

17-31/08/200413-14205270104

Alb. xuv. Benigno Quiroga (*)A nosa aventura: iniciación ao deporte da vela e do piragüismo27/06-03/07/20049-1181270201

4-10/07/20049-1181270202

11-17/07/20049-1181270203

18-24/07/20049-1181270204

25-31/07/20049-1181270205

1-07/08/20049-1181270206

8-15/08/20049-1181270207

Camp. xuv. A DevesaMultiaventura, medio ambiente e mar1-15/07/200415-17130270301

Mar e deporte. Actividade complementaria: clases de mar27/06-3/07/200410-1266270302

4-10/07/200410-1266270303

Res. xuv. Irmáns PedrosaCampamento de teatro1-15/08/200415-17158270901

Camp. xuv. P. de XacintoAventura e deporte1-15/07/20049-11130320101

16-30/07/200412-14130320102

1-15/08/200413-15130320103

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte

praza (A)

Nº de código

Res. Colexio Pablo VIPiragüismo1-15/07/200412-13173320201

16-30/07/200414-15173320202

Alb. Escola Vilamarín (*)Granxa agro-gandeira1-15/07/20049-11166320301

16-30/07/200411-13166320302

1-15/08/20049-11166320303

Alb. xuv. O CorgoPiragüismo e remo1-15/07/200414-15173320401

16-30/07/200413-15173320402

1-15/08/200414-15173320403

Alb. xuv. OrdellesMultiaventura10-20/07/200413-15173321001

Alb. xuv. Os Biocos de San Xoan de Río (*)Aire libre

Medio Ambiente

1-15/07/200411-13166320901

16-30/07/200414-15166320902

1-15/08/200413-15166320903

Alb. xuv. As Sinas (*)A miña primeira aventura23-30/06/20049-1081360105

Actividades no mar: vela, dorna, táboa, piragüismo, kaiak polo e aula natureza mariña1-15/07/200412-14173360101

16-30/07/200412-14173360102

1-15/08/200413-15173360103

17-31/08/200415-17173360104

Camp. xuv. PontemarilAventura na natureza1-15/07/200410-12130360201

Natureza fotográfica16-30/07/200413-15130360202

Aventura na natureza1-8/08/20049-1166360203

9-16/08/200410-1266360204

17-31/08/200413-15130360207

Camp. xuv. Illa de OnsAventura na illa1-15/07/200411-13126360301

16-30/07/200410-12126360302

1-15/08/200413-14126360303

(*) Actividade complementaria: informática.

Campamentos noutras comunidades autónomas

Ano 2004. Campaña verán

Comunidade autónomaInstalación xuvenilModalidadeIdadeDataPrezo (A)Código

ÁlavaIsla de ZuatzaNáutica12-1311-20/07/2004195501402

Alb. EspejoTempo libre-inglés14-1616-30/07/2004195501403

AragónAula Natureza de PinetaCampus montaña14-171-15/07/2004195501301

Alb. xuv. Quinta Vista AlegreMultiaventura-inglés14-171-15/07/2004200501302

Alb. xuv. Ntra. Sra. Pilar-VillanuaVacacións de cine14-172-16/08/2004200501303

Aula natureza de PinetaCampus montaña14-172-16/08/2004195501304

CanariasRes. xuv. San AntonioTurístico-cultural14-171-11/07/2004330500203

CantabriaCamp. LoredoNáutica14-1730/06-14/07/2004220500301

Alb. xuv. SolórzanoIniciación inglés13-1516-30/07/2004200500306

Alb.xuv. Loredo e alb. xuv. Braña ViejaPraia-montaña14-1717-31/07/2004195500302

Camp. xuv. Picos de EuropaRuta de montaña13-1517-31/07/2004195500303

Alb. xuv. TamaRuta de montaña15-172-16/08/2004200500307

Castela-A ManchaAlb. xuvenil EntrepeñasNáutica e aire libre15-1717-31/07/2004220500506

Castela e LeónAlb. xuvenil Navarredonda de GredosMultiaventura14-171-15/07/2004200500401

Alb. xuvenil Arbejal-PalenciaMultiaventura15-171-15/07/2004200500413

Alb. xuv. Puente Viejo-Boñar-LeónNáutica15-171-15/07/2004220500412

Alb. xuv. Espinosa de los MonterosMultiaventura15-171-15/07/2004200500406

Alb. xuvenil Valdeavellano Tera-SoriaMultiaventura15-1711-20/07/2004180500410

Alb. xuv. S. Martín de Castañeda-SanabriaMultiaventura14-1716-30/07/2004200500409

ExtremaduraCampamento Emperador Carlos VMultiactividade15-172-16/08/2004195500603

MurciaAlb. xuvenil CalarreonaMar e natureza14-1716-30/07/2004220500701

ÁguilasNáutica14-17220500704

NavarraMurillo del GállegoMultiactividade15-1711-20/07/2004195500810

Urbasa-2 (Estella-Zudaire)Ambiente15-17195500813

A RioxaCamp. xuvenil Molino ViejoAula de natureza 13-142-16/07/2004195500901

Alb. xuvenil Hospital San JoséIniciación á montaña15-17200500902