DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 12 de abril de 2004 Páx. 5.018

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 12 de marzo de 2004 pola que se convocan bolsas para inventario, catalogación e restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia.

O Decreto 314/1986, do 16 de outubro, polo que se regula o sistema público de museos da Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 14º) e a Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (artigo 72) establecen a obriga de todos os museos radicados en Galicia de confeccionar un inventario e un catálogo do patrimonio que albergan, como medio para documentar técnica e cientificamente o mesmo e así poder exercer as funcións que a todo centro destas características lle corresponden.

Por outra banda, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ten atribuídas, en aplicación das súas competencias en materia de museos e patrimonio moble, as facultades de regulamento, protección e difusión dos museos e do patrimonio moble de Galicia; así como a de fomentar a formación do persoal técnico dos museos, colaborando, na medida das súas posibilidades orzamentarias, para o mellor cumprimento polos mesmos das funcións que lle son propias.

Porén, é preciso poñer un límite no gozo das bolsas, xa que se trata de bolsas de formación e colaboración que intentan dar a posibilidade de completar unha determinada formación académica ao maior número de persoas posibles.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Convócanse 18 bolsas para inventario, catalogación e restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia, con cargo á aplicación orzamentaria 10.03.352B-480.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para 2004. O importe total das axudas en ningún caso excederá a cantidade de 75.599,37 A.

2. Os bolseiros realizarán os seus traballos en diversos museos e coleccións de Galicia e serán dirixidos polos servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e polos coordinadores, designados para o efecto por aquela.

3. Os traballos terán unha duración de 5,5 meses a partir da data de incorporación que estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

4. Os bolseiros seleccionados quedarán obrigados a:

-Asistir diariamente durante 6 horas aos centros onde resulten destinados. O horario será o establecido polos servizos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de acordo co centro de destino.

-Seguir as indicacións técnicas dos coordinadores.

-Entregar aos coordinadores mensualmente informe dos traballos realizados, e ao finalizar a bolsa, os inventarios/catálogos e a memoria explicativa resultado do seu traballo. Ao rematar a actividade os coordinadores dos bolseiros depositarán na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo os informes e os inventarios/catálogos, onde quedará depositada unha copia e os orixinais devolveranse ao centro onde se realizou o traballo.

Artigo 2º

1. Requisitos dos solicitantes:

1.1. Solicitantes de bolsas de inventario e catalogación de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia:

-Licenciados universitarios con formación académica nalgunha das materias que se relacionan a continuación e con coñecementos de museoloxía:

-Historia.

-Historia da arte.

-Arqueoloxía.

1.2. Solicitantes de bolsas de restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia:

-Diplomados en conservación e restauración de bens culturais, nas especialidades de:

-Arqueoloxía.

-Belas artes.

2. Non gozar anteriormente de 3 ou máis bolsas completas das convocadas por esta Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, para catalogación de fondos de museos.

3. Os solicitantes deberán optar só por un dos campos que se relacionan no anexo II.

4. Presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse conforme o modelo oficial, que figura como anexo I desta orde, no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou nas súas delegacións provinciais. O prazo de presentación será de 40 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, as solicitudes poderán así mesmo presentarse de calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Documentación que hai que presentar:

-Solicitude: anexo I debidamente cuberto.

-Méritos: fotocopia dos méritos alegados. Os solicitantes que achegaran os ditos méritos na convocatoria de bolsas do ano 2002, só deberán xuntar a documentación dos novos méritos que estimen oportunos. Só contabilizarán aqueles méritos dos que se achegue proba documental.

-Fotocopia do DNI.

-Declaración responsable de non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, situacións que producen incompatibilidade co gozo da bolsa que nesta orde se convoca.

-Fotocopia compulsada do expediente académico.

6. Unha vez outorgadas as bolsas, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural poderá solicitar aos seleccionados a presentación do orixinal ou fotocopia compulsada dos méritos alegados, que deberán ser presentados nun prazo non superior a tres días, contados a partir do momento do seu requirimento público.

7. En caso de renunciar á bolsa os interesados deberán comunicalo por escrito á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no prazo de tres días despois da notificación nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas súas delegacións provinciais. De non presentarse a renuncia no prazo estipulado quedará sen efecto o seu nomeamento e será motivo de exclusión na próxima convocatoria.

A renuncia durante o gozo da bolsa inhabilitará o seu adxudicatario/a para efectos de presentación na próxima convocatoria.

8. Serán causas de exclusión a demostración de falsidade documental, a non correspondencia cos orixinais ou incorrección na documentación presentada.

Artigo 3º

As bolsas serán adxudicadas prioritariamente para os museos e campos que se relacionan no anexo II.

Artigo 4º

O importe da bolsa non excederá da cantidade de 4.199,97 A cada unha.

Artigo 5º

1. Os correspondentes servizos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderán reclamar, se fose necesario, aos solicitantes que emenden os defectos administrativos apreciados na documentación exixida, de acordo co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, outorgándose un prazo de 10 días hábiles, desde a notificación de requirimento.

2. A avaliación dos méritos alegados, que corresponde á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, farase segundo o seguinte baremo:

a) Especialidades:

-Por cada unha das especialidades relacionadas no artigo 2º: 3 puntos.

-Especialidade en museoloxía: 3 puntos.

b) Experiencia de traballo:

-Traballo remunerado en catalogación, inventario e restauración de fondos de museos e coleccións. Por cada mes: 0,25 puntos. Até un máximo de 4 puntos.

-Traballo non remunerado en catalogación, inventario e restauración de fondos de museos e coleccións. Por cada mes: 0,10 puntos. Até un máximo de 1,20 puntos.

c) Cursos relacionados coa especialidade do campo a que opta:

-Por cursos de menos de 40 horas: 0,10 puntos. Até un máximo de 1 punto.

-Por cursos con acreditación expresa de 40 ou máis horas: 0,25 puntos. Até un máximo de 2 puntos.

-Por cursos con acreditación expresa de 100 ou máis horas: 0,60 puntos. Até un máximo de 2,40 puntos.

-Por cursos con acreditación expresa de 250 ou máis horas: 1,25 puntos. Até un máximo de 2,50 puntos.

d) Congresos relacionados coa especialidade do campo a que opta:

-Asistencia a congresos: 0,10 puntos. Até un máximo de 1 punto.

-Presentación de comunicacións en congresos: 0,25 puntos. Até un máximo de 2 puntos.

-Presentación de relatorios en congresos: 0,50 puntos. Até un máximo de 4 puntos.

e) Publicacións relacionadas coa especialidade do campo a que opta, impresas antes do remate do prazo de presentación de solicitudes:

-Por cada libro publicado: 1 punto. Até un máximo de 3 puntos.

-Pola publicación de inventarios ou catálogos: 0,50 puntos. Até un máximo de 2 puntos.

-Por cada artigo en revista especializada: 0,25 puntos. Até un máximo de 2 puntos.

O mesmo mérito só se valorará unha vez: como comunicación, publicación, asistencia a congresos, ou traballo realizado.

f) Doutoramento:

-Pola realización total dos cursos de doutoramento ou tese de licenciatura: 1,5 puntos.

-Pola realización da tese de doutoramento: 1,5 puntos.

g) Cursos de galego:

-Iniciación: 0,5 puntos.

-Iniciación e/ou perfeccionamento: 1 punto.

h) Cursos de informática:

-Informática en xeral: 0,10 puntos por curso ata un máximo de 1 punto.

-Informática aplicada ós museos: 0,25 puntos por curso ata un máximo de 1,50 puntos.

Elaborarase un listado por cada un dos campos ou especialidades, tendo en conta que só se valorarán dos méritos alegados os relacionados co campo a que opte o solicitante.

3. Os listados provisionais de bolseiros faranse públicos nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nos das súas delegacións provinciais. O prazo de exposición dos listados será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á súa publicación, e durante os cales se poderán facer as alegacións pertinentes.

4. A resolución da convocatoria correspóndelle ao conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo a proposta do director xeral de Patrimonio Cultural. O acordo farase público, para efectos de notificación aos interesados no taboleiro de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nos das súas delegacións provinciais nun prazo que non excederá de 3 meses tras o remate do prazo de presentación de instancias.

Calquera notificación ou requirimento aos interesados farase a través dos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nos das súas delegacións provinciais, dando así cumprimento ao disposto no artigo 59.5º b) da Lei 30/1992, de 26 do novembro.

5. No suposto de que non recaese resolución expresa dentro do prazo máximo previsto, o sentido do silencio será negativo.

6. A resolución de adxudicación pon fin á vía administrativa, de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e contra ela cabe interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de 1 mes contado a partir da data de notificación dela aos interesados ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados así mesmo desde a data de notificación.

7. Unha vez rematado o período de gozo da bolsa, as persoas non seleccionados poderán solicitar a devolución da documentación aportada. Transcorrido o prazo dun ano procederase á eliminación da documentación non recollida.

Artigo 6º

O pagamento da bolsa axustarase á normativa orzamentaria de aplicación.

Aos adxudicatarios das bolsas poderáselles requirir a documentación necesaria para proceder ao pagamento da dita bolsa.

Artigo 7º

1. No caso de que os beneficiarios das bolsas incumprisen algunha das condicións ou obrigas estipuladas nesta orde, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo instruirá expediente sancionador conforme o previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e poderá, mesmo, anular os beneficios concedidos e solicitar a devolución das cantidades percibidas, se as houbese, nos prazos que establece o Regulamento xeral da recadación.

2. Os coordinadores que dirixan aos bolseiros poderán propoñerlle á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a extinción da bolsa por falta de dedicación ou incumprimento das condicións sinaladas.

3. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo expedirá ao rematar os traballos, logo do informe favorable dos coordinadores, certificación acreditativa da prestación dos servizos.

4. As bolsas non implican relación funcionarial nin laboral coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nin compromiso que se estenda máis alá do seu ámbito de duración.

5. Os traballos resultantes serán propiedade da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. A súa utilización deberá contar coa autorización expresa e previa da dita consellería e do centro onde se realizaron os traballos.

Artigo 8º

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderá facer pública unha nova convocatoria en iguais ou diferentes termos, no caso de que as adxudicacións acordadas non cubrisen a totalidade do crédito asignado.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Patrimonio Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2004.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo