DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Martes, 06 de abril de 2004 Páx. 4.892

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2004, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cláusula de revisión salarial do convenio colectivo de editoriais para o ano 2003.

Visto o texto para a cláusula de revisión salarial do convenio colectivo de editoriais, que subscribiu a comisión mixta paritaria do referido convenio o 11 de febreiro de 2004, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición da devandita cláusula de revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2004.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO I

En Vigo, na sede da Asociación Galega de Editores o 11 de febreiro de 2004, coa asistencia de Fabiola Sotelo Sotelo, Pilar Sampil Sánchez e José Manuel Fernández Cadahía, en representación da Asociación Galega de Editores e de Manuel Martínez Barreiro, Fernando Fernández González e Jesús Costa Argibay, en representación do sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG), celébrase a reunión da comisión mixta paritaria do convenio galego de editoriais coa seguinte orde do día:

1º Cláusula revisión salarial ano 2003.

Adóptanse os seguintes acordos:

1º Actualización das retribucións salariais do ano 2003, motivada pola diferenza entre o aumento do 2,5% realizado no ano 2003, e o IPC real do ano 2003, calculado para Galicia polo Instituto Nacional de Estatística, 2,3% máis 0,5%.

Consonte os artigos 7.3.1 e 7.3.2 do convenio colectivo galego de editoriais establécese que:

Co efecto retroactivo ao 1 de xaneiro de 2003, a comisión mixta paritaria acorda proceder á actualización do salario base e do complemento lineal do convenio, consonte a táboa salarial anexa II.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA