DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Martes, 06 de abril de 2004 Páx. 4.862

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 2 de abril de 2004 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, durante as folgas convocadas pola Organización Sindical de Médicos de Galicia Independentes (O'mega), os días 12, 13, 14, 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de abril de 2004, que afectarán o persoal facultativo de atención primaria e de atención especializada que prestan servizos nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1998, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servizos esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga pola Organización Sindical de Médicos de Galicia Independentes (O'mega) para os días 12, 13, 14, 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de abril de 2004, desde as 0.00 horas ás 24.00 horas, que afectarán ao persoal médico de atención primaria

e de atención especializada que presta servizos nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, outorgada audiencia ao comité de folga

DISPOÑO:

Artigo 1º

As convocatorias de folga realizadas pola Organización Sindical de Médicos de Galicia Independentes (O'mega) para os días 12, 13, 14, 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de abril de 2004, desde as 0.00 horas ás 24.00 horas, que afectarán ao persoal facultativo de atención primaria e de atención especializada que prestan servizos nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, deberán entenderse condicionadas ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se dispoñen nesta orde.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura dos servizos esenciais de asistencia sanitaria nos centros sanitarios, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos aos usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga, coa atención aos usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servizo dispensado.

E por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible a pacientes hospitalizados, así como a atención urxente e permanente aos usuarios, que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servizos mínimos, establécense os seguintes criterios rectores na determinación do persoal necesario para o mantemento dos servizos esenciais:

Criterios rectores:

Os criterios de determinación do persoal facultativo para a cobertura dos servizos mínimos nas institucións sanitarias de atención primaria e de atención especializada serán os seguintes:

A. Persoal facultativo dependente de atención especializada:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servizos de urxencias e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que requiran intervención cirúrxica inaprazable no seu ingreso.

-Atención aos paritorios.

II. Cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes hospitalizados, respecto ás patoloxías que poñan en perigo a vida deles ou agraven o seu estado de saúde.

III. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir as visitas médicas, a atención indefectible dos pacientes hospitalizados e as altas clínicas.

IV. No ámbito de consulta atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, así como as interconsultas dos pacientes hospitalizados que o requiran, a criterio do facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos pacientes desprazados.

V. Garantirase, así mesmo, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiren aos pacientes hospitalizados que, a criterio do facultativo, sexan necesarias e inaprazables.

VI. Garantirase a dispensación de medicamentos e de productos sanitarios, que a criterio do facultativo sexan necesarias.

B. Persoal facultativo dependente das xerencias de atención primaria:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente.

II. Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán asistencia urxente ou inaprazable desa unidade calquera que sexa a modalidade da prestación. A determinación dos efectivos realizarase con base nos tramos seguintes:

-En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

-En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

-En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

-En centros con máis de 13 profesionais: 4 efectivos.

Efectivos:

A determinación dos profesionais necesarios con base nos criterios anteriores farase en cada centro e a súa fixación debe estar adecuadamente motivada. A xustificación debe constar no expediente de determinación de mínimos de cada centro e debe exteriorizarse axeitadamente para xeral coñecemento dos destinatarios. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as prestacións mínimas.

Os profesionais necesarios para a cobertura dos servizos mínimos deberán ser publicados nos taboleiros de anuncios de cada centro, con antelación ao inicio da folga.

Con tales premisas, no anexo desta resolución recóllense, o número de efectivos de servizos mínimos para cubrir as xornadas de folga.

Artigo 2º

A designación nominal, que deberá recaer nos profesionais de xeito rotatorio, será determinada polo director-xerente do centro e notificada aos profesionais designados.

O profesional designado como servizo mínimo, que desexe exercer o seu dereito de folga, poderá instar a substitución da súa designación por outro pro-

fesional que voluntariamente acepte o cambio de maneira expresa.

Artigo 3º

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos determinados no anexo, así como os expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2004.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Provincia da Coruña

Centro: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias11106

Área cirúrxica523030

Área clínica492121

Servizos centrais261412

Centro: Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias875

Área cirúrxica753333

Área clínica621918

Servizos centrais2788

Centro: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias442

Área cirúrxica191212

Área clínica1688

Servizos centrais1233

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo753622

Pediatras334

Odontólogos8

Centro: Xerencia de Atención Primaria da Coruña (área de Ferrol).

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo392312

Pediatras164

Odontólogos51

Centro: Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña).

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Médicos de familia954919

Pediatras416

Odontólogos81

Provincia de Lugo

Centro: Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias995

Área cirúrxica261414

Área clínica3799

Servizos centrais2887

Centro: Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias222

Área cirúrxica999

Área clínica222

Servizos centrais665

Centro: Hospital da Costa de Burela.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias332

Área de cirurxía111111

Área clínica833

Servizos centrais822

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Médicos de familia1083726

Pediatras201

Odontólogos14

Provincia de Ourense

Centro: Complexo Hospitalario de Ourense.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias764

Área cirúrxica3812+7

localizadas

12+7

localizadas

Área clínica4814+1

localizadas

11+2

localizadas

Servizos centrais255+2

localizadas

4+3

localizadas

Centro: Hospital do Barco de Valdeorras.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias222

Área cirúrxica844

Área clínica544

Servizos centrais443

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Ourense.

CategoríaNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Médicos de familia1083226

Pediatras195

Odontólogos13

Provincia de Pontevedra

Centro: Hospital do Meixoeiro.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias100%100%100%

Área cirúrxica18GardasGardas

Área clínica16GardasGardas

Servizos centrais22GardasGardas

Centro: Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias63Gardas

Área cirúrxica34GardasGardas

Área clínica45GardasGardas

Servizos centrais20GardasGardas

Centro: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias753

Área cirúrxica20Persoal

de garda

Persoal

de garda

Área clínica29Persoal

de garda

Persoal

de garda

Servizos centrais18Persoal

de garda

Persoal

de garda

Centro: Hospital Nicolás Peña.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Persoal facultativo

Área clínica322

Servizos centrais5

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área de Pontevedra).

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Médicos de familia622616

Pediatras2631

Odontólogos81

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Vigo.

Categoría/servizoNúmero de efectivos de servizos mínimos

MañáTardeNoite

Médicos de familia443219

Pediatras367

Odontólogos91

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL