DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Luns, 05 de abril de 2004 Páx. 4.797

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2004, complementaria da do 30 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2004, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polo Concello de Ponteceso e realizada -por petición do concello- a oportuna rectificación pola Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Coruña, cómpre facer a correspondente rectificación na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 220, do 12 de novembro de 2003, así:

-No anexo I, provincia da Coruña, na páxina 13.969, onde di: «69. Ponteceso: 14 e 15 de setembro, festas», debe dicir: «69. Ponteceso: 13 e 14 de setembro, festas».

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2004.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais