DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Luns, 05 de abril de 2004 Páx. 4.786

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 26 de marzo de 2004 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na anualidade 2004, correspondente ás medidas complementarias na pesca costeira artesanal regulamentadas pola Orde do 4 de xuño de 2003.

A Orde do 4 de xuño de 2003 (DOG nº 109, do 6 de xuño), regulamentaba a solicitude e trámite das axudas correspondentes ás medidas complementarias na pesca costeira artesanal e o procedemento de concesión de primas globais a tanto alzado. Nela determinábase un prazo de solicitude aberto no tempo até agosto de 2006, e fixaba a contía do crédito correspondente a anualidade de 2003.

Aprobados os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2004, pola Lei 8/2003, do 23 de decembro, cómpre xa que logo, facer pública a contía do crédito orzamentario destinado a facer fronte ás ditas axudas.

Por outra banda, existindo ademais a posibilidade de incorporar os remanentes de crédito de exercicios anteriores, e pendentes neste caso dos trámites correspondentes, inclúese a posibilidade de incrementar a anualidade de 2004, fixada nos orzamentos en vigor, nas cantidades incorporadas para este fin.

Para tal obxecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Crédito orzamentario de 2004.

As axudas tramitadas durante o ano 2004 ao abeiro da Orde do 4 de xuño de 2003 pola que se establecen as bases e condicións para a adopción de medidas complementarias na pesca costeira artesanal e se regula o procedemento de concesión de primas globais a tanto alzado, tramitaranse con cargo á aplicación orzamentaria 12.04.612.V.780.0, por un importe global de 3.610.191 euros.

Artigo 2º.-Ampliación do crédito.

A contía establecida no artigo anterior para a anualidade 2004, incrementarase na cantidade resultante

das incorporacións de créditos remanentes doutros exercicios, unha vez realizada a mesma pola Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 3º.-Concesión das axudas.

A concesión de axudas quedará limitada, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2004.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos