DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Mércores, 31 de marzo de 2004 Páx. 4.546

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos, que tivo

entrada nesta delegación provincial o día 27-2-2004 subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 2-2-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de marzo de 2004.

Luis Alberto Álvarez Freijido

Delegado provincial da Coruña

Acta de sinatura de revisión de táboas salariais

para o ano 2004 do convenio de oficinas

e despachos da provincia da Coruña

Pola parte social:

CIG: José M. Cambón Ares.

UGT: Juan M. Carreira García.

CC.OO.: Juana Estébanez Cepedal.

Representación empresarial:

Isidro Pousada Vales.

Jesús Vázquez Vázquez.

José Ramón Briones Varela.

Na Coruña, nos locais da Asociación Profesional de Graduados Sociais, Asesores Fiscais, Empresarios da provincia da Coruña, ás 12.00 horas do día 2 de febreiro de 2004, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos da provincia da Coruña, co obxecto de proceder á sinatura da revisión das táboas de niveis salariais para o ano 2004.

Ambas as partes acordan asinar a revisión da táboa de niveis salariais correspondente a 2004, de conformidade co establecido no artigo 12 do convenio colectivo de oficinas e despachos da provincia da Coruña.

Dado que o IPC real publicado no BOP do ano 2003 foi do 2,6%, o incremento correspondente para o ano 2004 é dun 3,6% (IPC real máis un punto).

Sendo da conformidade das partes as táboas salariais anexas, procédese á sinatura por parte de todos

os asistentes e acordase remitilas ao BOP para a súa publicación.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión as 13.00 horas no lugar e na data arriba indicados.

Táboa de niveis salariais actualizada para o ano 2004 do sector de oficinas e despachos da provincia da Coruña

NiveisEuros/mesEuros/ano

11.131,3015.838,22

21.021,1014.295,43

31.006,4914.090,93

4975,0513.650,73

5913,1512.784,12

6893,9912.515,79

7851,4411.920,11

8819,8211.477,45

9786,2211.007,09

10773,7710.832,75

11755,710.579,80

12742,210.390,81

13520,87.291,16