DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Mércores, 31 de marzo de 2004 Páx. 4.546

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 26 de marzo de 2004 pola que se modifican os importes máximos subvencionables das distintas modalidades do programa de cheque asistencial establecidos na Orde do 5 de decembro de 2000.

O Decreto 176/2000, do 22 de xuño, regula o programa de atención a persoas maiores dependentes a través do cheque asistencial.

A Orde de 5 de decembro de 2000, modificada pola Orde do 30 de abril de 2001, desenvolve o citado decreto e establece no seu artigo 10 os importes máximos subvencionables das distintas modalidades do cheque.

O incremento de custos na prestación de servizos asistenciais aconsella modificar os importes máximos subvencionables, polo que en virtude das funcións atribuídas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Os importes máximos subvencionables do cheque asistencial en función dos custos das distintas modalidades do programa serán os que a seguir se detallan:

Residencias:

-Custo máximo da residencia asistida: ata 1.103,46 euros/mes.

-Cheque para residencia asistida: ata 551,73 euros/mes.

Centros de atención diúrna:

-Custo máximo da praza: 429,12 euros/mes.

-Cheque para centro de atención diúrna: ata 214,56 euros/mes.

Estadía temporal ou programas de respiro:

-Custo máximo (ata 60 días/ano): 1.103,46 euros/mes.

-Cheque para estadía temporal ou programas de respiro: ata 551,73 euros/mes.

Atención de axuda no fogar:

-Custe máximo do servizo: ata 9,02 euros/hora e ata 1.082,40 euros/mes.

-Cheque axuda no fogar: ata 757,68 euros/mes.

2. Os importes previstos nesta orde consideranse importes máximos de conformidade co establecido no artigo 7 do Decreto 176/2000, do 22 de xuño.

3. As entidades adheridas ao programa de cheque asistencial que desexen actualizar os prezos que teñan autorizados deberán presentar a correspondente solicitude no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común durante o mes de outubro de cada ano.

Disposición transitoria

Para o ano 2004, as solicitudes de actualización presentadas con anterioridade á entrada en vigor desta orde e non resoltas poderán resolverse de conformidade cos criterios establecidos nesta.

As entidades xa adheridas ao programa de cheque asistencial, excepto na súa modalidade de axuda no fogar, que solicitaran actualización dos importes autorizados poderán ver incrementados ata un 10% os importes que viñan percibindo, sen que en ningún caso poidan superarse os importes máximos sinalados no artigo 1º.

Aquelas entidades, agás as adheridas ao programa de cheque na súa modalidade de axuda no fogar, que non solicitaran a actualización verán incrementadas automaticamente as contías que viñan percibindo nunha cantidade equivalente ao IPC para o ano 2003.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a secretaría xeral da consellería para ditar as resolucións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día primeiro do mes seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2004.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais