DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Mércores, 31 de marzo de 2004 Páx. 4.529

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 22 de marzo de 2004 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas para a contratación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (programa Isidro Parga Pondal) e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xun

ta de Galicia, na súa reunión do 14 de marzo de 2002, aprobou o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2002-2005).

O plan está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais. Dentro dos programas horizontais figura o programa de recursos humanos que ten, entre outros obxectivos, o de incrementar os recursos humanos dedicados a actividades de I+D+I tanto en número como en especialización nas áreas de maior interese, así como incrementar o número de doutores e tecnólogos incorporados ao sistema público de I+D.

O obxectivo do programa Isidro Parga Pondal é contribuír a superar o déficit de recursos humanos do sistema de I+D en Galicia continuando a acción iniciada no ano 2003 de inserción nas universidades do sistema universitario de Galicia e en centros de investigación da Comunidade Autónoma de xoves doutores cunha formación investigadora acreditada en organismos científicos nacionais ou estranxeiros. Na súa virtude e consonte o previsto no convenio de colaboración subscrito pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio coas universidades do sistema universitario de Galicia e o CSIC, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Finalidade da convocatoria.

Esta convocatoria establece as bases que regulan a concesión de axudas para a realización de 48 contratos laborais de duración determinada e destinados á incorporación de investigadores que teñan acadado o título de doutor ás universidades do sistema universitario de Galicia (45 contratos), aos centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) (2 contratos), así como ao Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo dependente da Xunta de Galicia (1 contrato).

Artigo 2º.-Requisitos dos candidatos.

Os candidatos á obtención dalgún dos contratos obxecto desta convocatoria deberán acreditar o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Posuíren a nacionalidade española, seren nacionais dun país membro da Unión Europea ou seren estranxeiros con permiso de residencia en España.

b) Estaren en posesión do grao de doutor.

As titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar homologadas polo Ministerio de Educación e Cultura a excepción das obtidas en países membros da Unión Europea.

Admitiranse solicitudes de candidatos que teñan iniciado o trámite de homologación do título de doutor polo Ministerio de Educación e Cultura, pero neste caso a selección do candidato, de producirse,

quedará condicionada, para os efectos de obtención de prórroga, a que a dita homologación se conceda antes do 1 de outubro de 2006.

c) Teren realizado estadías en universidades ou en centros de investigación distintos a aquela universidade en que se expediu o seu título de doutor, durante un período mínimo de 6 meses despois de teren acadado o grao de doutor. No caso de OPI requirirase que a estadía se realizase nun centro distinto daquel en que se realizou a tese de doutoramento.

d) Non teren un contrato do Programa Isidro Parga Pondal como consecuencia da convocatoria destas axudas correspondente ao ano 2003.

Artigo 3º.-Dotación, número e duración dos contratos.

A axuda máxima concedida para cada contrato laboral será de 26.075 euros por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento de custos sociais.

O número máximo de contratos que poderán financiarse é de 48, un dos cales lle corresponde ao Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo dependente da Xunta de Galicia e será financiado con cargo ás dotacións do capítulo I dos orzamentos para os anos 2004, 2005 e 2006 da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento e os 47 contratos restantes serán financiados con cargo á aplicación orzamentaria 08.05.432A.740.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para os anos 2004, 2005 e 2006, de acordo coa seguinte distribución: 2004: 306.381,25 A, 2005: 1.225.525 A, 2006: 919.143,75 A. A universidade correspondente ou o CSIC, segundo corresponda, serán os encargados do pagamento dos correspondentes contratos laborais.

A duración dos contratos será de dous anos e poderán ser obxecto de prórroga tras a publicación no DOG dunha convocatoria na que se recollan os requisitos e características desta.

A primeira anualidade dos contratos comezará a computarse na data que se indique na resolución desta convocatoria e non será anterior ao 1 de outubro de 2004.

Artigo 4º.-Formalización de solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes no modelo oficial RHU-10, do que a folla externa se publica como anexo á presente orde, están ao dispor dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de I+D e na Internet nos enderezos: http://www.dxid.org. ou http://www.cesga.es/dxid. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Dirección Xeral de I+D ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir xunto coa seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento equivalente no caso de ser nacional doutro país membro da Unión Europea ou da tarxeta de residente, no caso de nacionais doutros países.

b) Fotocopia compulsada do título de doutor ou doutro documento acreditativo de ter acadado o dito grao e a data da súa obtención. De ser o caso, fotocopia compulsada da homologación polo Ministerio de Educación e Cultura, ou da solicitude de homologación presentada ao dito ministerio.

c) Curriculum vitae do candidato segundo o modelo oficial acompañado dos documentos xustificativos correspondentes, así como de fotocopia compulsada dos documentos que acrediten a realización de estadías de posdoutoramento en universidades ou centros de investigación distintos a aquela universidade en que se expediu o seu título de doutor por un mínimo de 6 meses. Non serán obxecto de valoración aqueles méritos alegados que non sexan convenientemente acreditados.

d) Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas, consonte o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

Na instancia de solicitude o candidato indicará, por orde de prioridade descendente, o código das prazas ás que opta, entre aquelas que figuran no anexo II desta orde, tendo en conta que como máximo poderá solicitar cinco prazas que non poderán corresponder a máis de dúas áreas temáticas ANEP. Para cada unha das prazas solicitadas o solicitante deberá argumentar a adecuación da súa formación ao perfil delas utilizando o impreso que para este fin se inclúe no modelo de solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais que se contarán a partir do día seguinte ao de publicación desta convocatoria no DOG.

Artigo 5º.-Tramitación.

Os servizos da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e pola súa parte a Comisión de Selección de Investigación da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, analizará a xustificación de adecuación dos candidatos a cada unha das prazas solicitadas; como consecuencia elaborarase a lista de solicitudes admitidas e excluídas en que figurarán as prazas ás que se considera que pode concorrer cada solicitante e, de ser o caso, as causas de exclusión. A lista exporase nos taboleiros da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento e na Internet nos enderezos http://www.dxid.org ou

http://www.cesga.es/dxid desde o 24 de maio ao 4 de xuño de 2004 e os interesados poderán durante este prazo formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos, perante a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se corrixan as causas de exclusión, procederase consonte o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Artigo 6º.-Avaliación, selección das solicitudes e resolución.

A avaliación científico-técnica dos méritos dos candidatos será realizada por comités constituídos por expertos externos, de acordo cos seguintes criterios:

-Contribución científico-técnica dos candidatos na súa área temática e área de coñecemento: ata 70 puntos. Valoraranse os seguintes aspectos: as publicacións científicas preferentemente recollidas no Science Citation Index (SCI), no Social Sciences Citation Index (SSCI) ou no Arts & Humanities Citation Index (AHCI); patentes rexistradas; artigos en congresos con avaliación estrita; proxectos técnicos, se é o caso; outras publicacións científicas; etc. Darase especial relevancia ás contribucións realizadas nos últimos cinco anos.

-Outros aspectos: ata 10 puntos. Valoraranse outros méritos do candidato.

No caso de que un solicitante concorra por dúas áreas temáticas ANEP diferentes poderá ser avaliado por dous comités diferentes e polo tanto poderá obter diferentes puntuacións para cada área.

Realizada a avaliación, a selección dos candidatos será efectuada pola Comisión de Selección de Investigación, consonte o baremo seguinte:

-Avaliación científico-técnica do candidato realizada polos expertos externos: ata 80 puntos.

-Estadías en centros de investigación, perfil do candidato e a súa adecuación ás prioridades do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica: ata 20 puntos.

A Comisión de Selección de Investigación determinará a distribución das prazas dentro de cada área ANEP, tendo en conta a oferta de prazas, a demanda delas e o interese para o sistema galego de I+D.

Efectuada a selección, a comisión elevaralle a proposta de resolución ao conselleiro de Innovación, Industria e Comercio para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG.

O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro da correspondente convocatoria será de 6 meses, contados desde a apertura do prazo de presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no devandito prazo, as solicitudes deberán entenderse desestimadas.

Contra as resolucións expresas ou presuntas que poñen fin á vía administrativa poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de recepción da correspondente notificación no caso de resolucións expresas. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

De non estimaren a presentación deste recurso, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao de recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 7º.-Formalización dos contratos.

Publicada a resolución no DOG, a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento iniciará os trámites necesarios para a formalización do contrato correspondente co Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo. Pola súa parte as universidades galegas e o CSIC procederán a realizar os trámites necesarios para a contratación dos candidatos seleccionados para os seus organismos consonte o previsto no convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio, as universidades galegas e o CSIC.

Os pagamentos que se realizarán ás universidades do sistema universitario de Galicia e ao CSIC por parte da Consellería de Innovación, Industria e Comercio axustaranse ao disposto no devantido convenio.

Artigo 8º.-Obrigas dos beneficiarios e seguimento.

1. Os contratos financiados con cargo a esta convocatoria serán incompatibles coa vixencia de calquera outro contrato laboral por parte do investigador contratado.

2. Os investigadores que sexan contratados ao abeiro do disposto nesta orde poderán, por petición propia, prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de cento vinte horas anuais, tras o acordo do departamento implicado, que documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2004.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO II

Solicitudes de prazas do programa Isidro Parga Pondal

PRAZAORGANISMOÁREA TEMÁTICAÁREA COÑECEMENTOPERFILDEPARTAMENTO/CENTRO/INSTITUTOLOCALIDADE

P-001XUNTA DE GALICIABIOLOXÍA VEXETAL E ANIMAL, ECOLOXÍABIOLOXÍA ANIMAL-MOLUSCOS-MIDROALGASCENTRO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS (CIMA), PLANTA DE CULTIVOS MARIÑOSRIBADEO

P-002CSICAGRICULTURAPRODUCCIÓN VEXETALBIODIVERSIDADE AGRÍCOLAMISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIAPONTEVEDRA

P-003CSICGANDERÍA E PESCAPATOLOXÍA ANIMALPATOLOXÍA EN ACUICULTURAINSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑASVIGO

P-004USCQUÍMICAQUÍMICA ORGÁNICAQUÍMICA BIOLÓXICADPTO. QUÍMICA ORGÁNICA-FAC. QUÍMICASANTIAGO DE C.

P-005USCQUÍMICAQUÍMICA ORGÁNICAQUÍMICA ORGÁNICA DE BIOMOLÉCULASDPTO. QUÍMICA ORGÁNICA-FAC. QUÍMICASANTIAGO DE C.

P-006USCQUÍMICAQUÍMICA FÍSICANANOMATERIAIS POLIMÉRICOSINSTITUTO TECNOLÓXICOSANTIAGO DE C.

P-007USCQUÍMICA-QUÍMICA INORGÁNICAQUÍMICA BIOINORGÁNICA

QUÍMICA ORGANOMETÁLICA

DPTO. QUÍMICA INORGÁNICA-FAC. QUÍMICASANTIAGO DE C.

P-008USCQUÍMICAQUÍMICA INORGÁNICAQUÍMICA MOLECULAR E DOS MATERIAISDPTO. QUÍMICA INORGÁNICA-FAC. QUÍMICASANTIAGO DE C.

P-009USCMEDICINAMEDICINA LEGAL E FORENSE-XENÉTICA FORENSE-BIOLOXÍA MOLECULARDPTO. MEDICINA LEGAL-FAC. MEDICINASANTIAGO DE C.

P-010USCMEDICINAANATOMÍA PATOLÓXICA-BIOTECNOLOXÍA DA DIFERENCIACIÓN CELULAR-NEUROCIENCIADPTO. CIENCIAS MORFOLÓXICAS-FAC. MEDICINASANTIAGO DE C.

P-011USCMEDICINAPARASITOLOXÍA-PARASITOLOXÍA MOLECULAR-PARASITOLOXÍA EXPERIMENTALDPTO. MICROBIOLOXÍA E PARASITOLOXÍA-FAC. MEDICINASANTIAGO DE C.

P-012USCFISIOLOXÍA E FARMACOLOXÍAFARMACIA E TECNOLOXÍA FARMACÉUTICATECNOLOXÍA FARMACÉUTICAINSTITUTO DE FARMACIA INDUSTRIAL -FAC. FARMACIASANTIAGO DE C.

P-013USCFISIOLOXÍA E FARMACOLOXÍAFISIOLOXÍANEUROENDROCRINOLOXÍADPTO. FISIOLOXÍA-FAC. FARMACIASANTIAGO DE C.

P-014USCFISIOLOXÍA E FARMACOLOXÍAFARMACOLOXÍAFARMACOLOXÍA DO SISTEMA CARDIOVASCULARDPTO. FARMACOLOXÍA-FAC. FARMACIASANTIAGO DE C.

P-015USCFISIOLOXÍA E FARMACOLOXÍANUTRICIÓN E BROMATOLOXÍABROMATOLOXÍADPTO. QUÍMICA ANALÍTICA, NUTRICIÓN E BROMATOLOXÍAFAC. FARMACIASANTIAGO DE C.

P-016USCGANDERÍA E PESCAPATOLOXÍA ANIMALVIROLOXÍA EN ACUICULTURAINSTITUTO DE ACUICULTURASANTIAGO DE C.

P-017USCFÍSICA E CIENCIAS DO ESPAZOFÍSICA ATÓMICA, MOLECULAR E NUCLEARESTRUTURA NUCLEAR EXPERIMENTALDPTO. FÍSICA DE PARTÍCULAS-FAC. FÍSICASANTIAGO DE C.

P-018USCFÍSICA E CIENCIAS DO ESPAZOFÍSICA TEÓRICAFÍSICA DE ASTROPARTÍCULASDPTO. FÍSICA DE PARTÍCULAS-FAC. FÍSICASANTIAGO DE C.

P-019USCFÍSICA E CIENCIAS DO ESPAZOASTRONOMÍAASTROMETRÍADPTO. MATEMÁTICA APLICADA OBSERVATORIO ASTRONÓMICOSANTIAGO DE C.

PRAZAORGANISMOÁREA TEMÁTICAÁREA COÑECEMENTOPERFILDEPARTAMENTO/CENTRO/INSTITUTOLOCALIDADE

P-020USCFÍSICA E CIENCIAS DO ESPAZOÓPTICAÓPTICA TEMPORALDPTO. FÍSICA APLICADA-FAC. FÍSICASANTIAGO DE C.

P-021USCFÍSICA E CIENCIAS DO ESPAZOFÍSICA DA MATERIA CONDENSADAESTUDO DE MATERIAIS E MICROAGREGADOS CON TÉCNICAS DE SIMULACIÓNDPTO. FÍSICA DA MATERIA CONDENSADA-FAC. FÍSICASANTIAGO DE C.

P-022USCCIENCIA E TECNOLOXÍA DOS MATERIAISMATERIAISMAGNETISMO DE MATERIAISDPTO. FÍSICA APLICADA-FAC. FÍSICASANTIAGO DE C.

P-023USCTECNOLOXÍA ELECTRÓNICA E DAS COMUNICACIÓNSELECTRÓNICAELECTRÓNICA PARA TRATAMENTO DE IMAXESDPTO. ELECTRÓNICA E COMPUTACIÓN-FAC. FÍSICASANTIAGO DE C.

P-024USCCIENCIAS DA COMPUTACIÓN E TECNOLOXÍA INFORMÁTICAARQUITECTURA E TECNOLOXÍA DE COMPUTADORESDESEÑO DE PROCESADORES E SISTEMASDPTO. ELECTRÓNICA E COMPUTACIÓN-FAC. FÍSICASANTIAGO DE C.

P-025USCBIOLOXÍA VEXETAL E ANIMAL, ECOLOXÍABIOLOXÍA VEXETALSINALIZACIÓN HORMONAL NOS PROCESOS DE CRECEMENTO DE PLANTASDPTO. FISIOLOXÍA VEXETAL-FAC. BIOLOXÍASANTIAGO DE C.

P-026USCBIOLOXÍA CELULAR, MOLECULAR E XENÉTICAXENÉTICAXENÉTICA DE PEIXESINSTITUTO DE ACUICULTURASANTIAGO DE C.

P-027USCBIOLOXÍA CELULAR, MOLECULAR E XENÉTICAMICROBIOLOXÍAENXEÑARÍA XENÉTICA EN LÉVEDOSDPTO. MICROBIOLOXÍA E PARASITOLOXÍA-FAC. BIOLOXÍASANTIAGO DE C.

P-028USCBIOLOXÍA CELULAR, MOLECULAR E XENÉTICABIOLOXÍA CELULARBIOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTODPTO. BIOLOXÍA CELULAR E ECOLOXÍA-FAC. BIOLOXÍASANTIAGO DE C.

P-029USCBIOLOXÍA CELULAR, MOLECULAR E XENÉTICABIOLOXÍA CELULARENDROCRINOLOXÍA MOLECULARDPTO. MEDICINA-FAC. MEDICINASANTIAGO DE C.

P-030USCAGRICULTURAPRODUCCIÓN VEXETALSISTEMAS SILVOPASTORAISINSTITUTO IBADERLUGO

P-031USCAGRICULTURAEDAFOLOXÍA E QUÍMICA AGRÍCOLAXEOQUÍMICA DE SOLOSDPTO. EDAFOLOXÍA E QUÍMICA AGRÍCOLA-FAC. BIOLOXÍASANTIAGO DE C.

P-032USCAGRICULTURAEDAFOLOXÍA E QUÍMICA AGRÍCOLAPALEOAMBIENTE E PALEOCONTAMINACIÓNDPTO. EDAFOLOXÍA E QUÍMICA AGRÍCOLA-FAC. BIOLOXÍASANTIAGO DE C.

P-033USCFILOLOXÍA E FILOSOFÍALINGUA ESPAÑOLA-LINGÜÍSTICA DE CORPUS-LINGÜÍSTICA COMPUTACIONALDPTO. LINGUA ESPAÑOLA-FAC. FILOLOXÍASANTIAGO DE C.

P-034USCFILOLOXÍA E FILOSOFÍALINGÜÍSTICA XERALTEORÍAS E MÉTODOS EN LINGÜÍSTICADPTO. LITERATURA ESPAÑOLA, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL-FAC. FILOLOXÍASANTIAGO DE C.

P-035USCMATEMÁTICASÁLXEBRAÁLXEBRADPTO. ÁLXEBRA-FAC. MATEMÁTICASSANTIAGO DE C.

P-036USCHISTORIA E ARTEHISTORIA DE AMÉRICAHISTORIA CONTEMPORÁNEA DE AMÉRICADPTO. HISTORIA CONTEMPORÁNEA E DE AMÉRICA-FAC. XEOGRAFÍA E HISTORIASANTIAGO DE C.

P-037USCPSICOLOXÍA E CIENCIAS DA EDUCACIÓNPSICOLOXÍA EVOLUTIVAADQUISICIÓN E DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXEDPTO. PSICOLOXÍA EVOLUTIVA E DA EDUCACIÓN-FAC. PSICOLOXÍASANTIAGO DE C.

P-038USCECONOMÍAFUNDAMENTOS DE ANÁLISES ECONÓMICAS-MACROECONOMÍA-ECONOMÍA MONETARIAINSTITUTO UNIVERSITARIO DE ESTUDOS E DESENVOLVEMENTO DE GALICIA (IDEGA)SANTIAGO DE C.

P-039UVIFÍSICA E CIENCIAS DO ESPAZOFÍSICA APLICADAFÍSICA APLICADAFACULTADE DE CIENCIAS DO MARVIGO

P-040UVI-FÍSICA E CIENCIAS DO ESPAZO-CIENCIAS DA TERRA-FÍSICA DA MATERIA CONDENSADA-FÍSICA DA TERRA, ASTRONOMÍA E ASTROFÍSICAFÍSICA DA ATMOSFERA E DO OCÉANOFACULTADE DE CIENCIASOURENSE

P-041UVICIENCIAS DA TERRAFÍSICA DA TERRA, ASTRONOMÍA E ASTROFÍSICAFÍSICA DA TERRAFACULTADE DE CIENCIAS DO MARVIGO

P-042UVICIENCIAS DA TERRAEXPLOTACIÓN DE MINASEXPLOTACIÓN DE MINASETSE MINASVIGO

P-043UVICIENCIAS DA TERRAESTRATIGRAFÍAXEOLOXÍA MARIÑA E AMBIENTALFACULTADE DE CIENCIAS DO MARVIGO

P-044UVICIENCIAS DA TERRAENXEÑARÍA CARTOGRÁFICA, XEODÉSICA E FOTOGRAVIMÉTRICA-XEO-RADAR, TELEDETECCIÓN-FOTOGRAMETRÍA-EUET FORESTAL-EUET INDUSTRIAL-PONTEVEDRA-VIGO

P-045UVIQUÍMICAQUÍMICA ANALÍTICAQUÍMICA ANALÍTICA EN TECNOLOXÍA ALIMENTARIA E AMBIENTALFACULTADE DE CIENCIASOURENSE

P-046UVIQUÍMICAQUÍMICA FÍSICAQUÍMICA COLOIDALFACULTADE DE QUÍMICAVIGO

P-047UVIQUÍMICAQUÍMICA ANALÍTICAANÁLISE QUÍMICA DE BIOTOXINAS E CONTAMINANTESFACULTADE DE QUÍMICAVIGO

P-048UVITECNOLOXÍA QUÍMICAENXEÑARÍA QUÍMICAENXEÑARÍA QUÍMICAFACULTADE DE CIENCIASOURENSE

P-049UVIBIOLOXÍA VEXETAL E ANIMAL. ECOLOXÍAECOLOXÍAECOLOXÍA ACUÁTICAFACULTADE DE CIENCIAS DO MARVIGO

P-050UVIBIOLOXÍA VEXETAL E ANIMAL. ECOLOXÍABIOLOXÍA VEXETALBIOTECNOLOXÍA VEXETALFACULTADE DE BIOLOXÍAVIGO

P-051UVIBIOLOXÍA VEXETAL E ANIMAL. ECOLOXÍAECOLOXÍAECOLOXÍA MARIÑAFACULTADE DE CIENCIAS DO MARVIGO

P-052UVIAGRICULTURAEDAFOLOXÍA E QUÍMICA AGRÍCOLAANTIFÚNXICOSFACULTADE DE CIENCIASOURENSE

P-053UVIAGRICULTURAPRODUCIÓN VEXETALPRODUCIÓN VEXETALEUET FORESTALPONTEVEDRA

P-054UVICIENCIA E TECNOLOXÍA DOS ALIMENTOSTECNOLOXÍA DOS ALIMENTOSENXEÑARÍA QUÍMICAFACULTADE DE CIENCIASOURENSE

P-055UVIBIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICABIOLOXÍA CELULARNEUROLOXÍA DE VERTEBRADOSFACULTADE DE BIOLOXÍAVIGO

P-056UVIBIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICAMICROBIOLOXÍAMICROBIOLOXÍAFACULTADE DE CIENCIAS DO MARVIGO

P-057UVIBIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICAINMUNOLOXÍAINMUNOLOXÍAFACULTADE DE BIOLOXÍAVIGO

P-058UVIBIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICAXENÉTICAXENÉTICA EVOLUTIVA MOLECULARFACULTADE DE BIOLOXÍAVIGO

PRAZAORGANISMOÁREA TEMÁTICAÁREA COÑECEMENTOPERFILDEPARTAMENTO/CENTRO/INSTITUTOLOCALIDADE

P-059UVIBIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICABIOQUÍMICA E BIOLOXÍA MOLECULARREPRODUCCIÓN DE MOLUSCOS BIVALVOSFACULTADE DE CIENCIAS DO MARVIGO

P-060UVIFISIOLOXÍA E FARMACOLOXÍAFISIOLOXÍAFISIOLOXÍA DE PEIXESFACULTADE DE CIENCIAS DO MARVIGO

P-061UVIMEDICINAMEDICINA LEGAL E FORENSETOXICOLOXÍAFACULTADE DE CIENCIASOURENSE

P-062UVIENXEÑARÍA ELÉCTRICA, ELECTRÓNICA E AUTOMÁTICATECNOLOXÍA ELECTRÓNICACONVERTEDORES ELECTRÓNICOS DE POTENCIAETSE INDUSTRIAISVIGO

P-063UVIENXEÑARÍA ELÉCTRICA, ELECTRÓNICA E AUTOMÁTICAENXEÑARÍA DE SISTEMAS E AUTOMÁTICACONTROL NON LINEALETSE INDUSTRIAISVIGO

P-064UVIENXEÑARÍA ELÉCTRICA, ELECTRÓNICA E AUTOMÁTICATECNOLOXÍA ELECTRÓNICADESEÑO DE SISTEMAS DIXITAISETSE INDUSTRIAISVIGO

P-065UVIENXEÑARÍA ELÉCTRICA, ELECTRÓNICA E AUTOMÁTICA-TECNOLOXÍA ELECTRÓNICA-ELECTRÓNICA-ENXEÑARÍA DE SISTEMAS E AUTOMÁTICA-ENXEÑARÍA ELÉCTRICAREDES ELÉCTRICASETSE INDUSTRIAISVIGO

P-066UVIMATEMÁTICASESTATÍSTICA E INVESTIGACIÓN OPERATIVAINFERENCIA ESTATÍSTICAFACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIASVIGO

P-067UVIMATEMÁTICASMATEMÁTICA APLICADAÁLXEBRA HOMOLÓXICAEUET FORESTALPONTEVEDRA

P-068UVITECNOLOXÍA ELECTRÓNICA E DAS COMUNICACIÓNSTEORÍA DO SINAL E DAS COMUNICACIÓNSPROCESAMENTO MULTIMEDIAETSE TELECOMUNICACIÓNSVIGO

P-069UVIECONOMÍAECONOMÍA APLICADADISTRIBUCIÓN DA RENDA E MERCADO LABORALFACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAISVIGO

P-070UVIECONOMÍAECONOMÍA APLICADAECONOMÍA DOS RECURSOS NATURAIS E AMBIENTAISFACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAISVIGO

P-071UVIECONOMÍAECONOMÍA APLICADAECONOMÍA DA ENERXÍA E DO AMBIENTEFACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAISVIGO

P-072UVIFILOLOXÍA E FILOSOFÍAFILOLOXÍA INGLESAVARIACIÓN LINGÜÍSTICA E CARACTERIZACIÓN TEXTUALFACULTADE DE FILOLOXÍA E TRADUCCIÓNVIGO

P-073UVIFILOLOXÍA E FILOSOFÍALINGÜÍSTICA XERAL-GRAMÁTICA COGNITIVA E FUNCIONAL-LINGUAS SIGNADASFACULTADE DE FILOLOXÍA E TRADUCCIÓNVIGO

P-074UDCTECNOLOXÍA QUÍMICAENXEÑARÍA QUÍMICATRATAMENTO DE MATERIAISFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑA

P-075UDCDEREITOFILOSOFÍA DO DEREITOCODIGOS DEONTOLÓXICOS EN EXERCICIOS PROFESIONAISFACULTADE DE DEREITOA CORUÑA

P-076UDCDEREITODEREITO ECLESIÁSTICO DO ESTADOMEDIACIÓN FAMILIARFACULTADE DE DEREITOA CORUÑA

P-077UDCDEREITODEREITO PROCESUALA REFORMA DA XUSTIZA PENALFACULTADE DE DEREITOA CORUÑA

P-078UDCCC. SOCIAISCOMUNICACIÓN AUDIOVISUAL E PUBLICIDADEANÁLISE DA OPINIÓN PÚBLICA E DA OPINIÓN PUBLICADALABORATORIO TECNOLÓXICO DE PROSPECCIÓN SOCIAL-EDIFICIO DE INVESTIGACIÓNA CORUÑA

P-079UDCDEREITOFILOSOFÍA DO DEREITOPOSITIVISMO XURÍDICOFACULTADE DE DEREITOA CORUÑA

P-080UDCBIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICAXENÉTICACARDIOLOXÍAINSTITUTO DE CIENCIAS DA SAÚDEA CORUÑA

P-081UDCMEDICINAANATOMÍAPATOLOXÍA ARTICULARLABORATORIO DE INVESTIGACIÓN (ÁREA DE MORFOLOXÍA)-HOSPITAL UNIVERSITARIO JUAN CANALEJOA CORUÑA

P-082UDCFISIOLOXÍA E FARMACOLOXÍAFISIOLOXÍAENDOCRINOLOXÍAUNIDADE DE INVESTIGACIÓN FACULTADE DE CIENCIAS DA SAÚDEA CORUÑA

P-083UDCFISIOLOXÍA E FARMACOLOXÍAFISIOLOXÍA/NEUROFISIOLOXÍANEUROFISIOLOXÍADPTO. MEDICINA-FAC. DE CIENCIAS DA SAÚDEA CORUÑA

P-084UDCMEDICINAMEDICINAENFERMIDADES DEXENERATIVASEDIFICIO UNIVERSITARIO DE OZAA CORUÑA

P-085UDCMEDICINAMEDICINAXENÓMICASINSTITUTO DE CIENCIAS DA SAÚDEA CORUÑA

P-086UDCENXEÑARÍA CIVIL E ARQUITECTURAENXEÑARÍA HIDRÁULICA ENXEÑERÍA DO TERREOMODELIZACIÓN HIDROXEOQUÍMICAETSE DE CAMIÑOS, CANLES E PORTOSA CORUÑA

P-087UDCCC. DA COMPUTACIÓN E TECNOLOXÍA INFORMÁTICACOMPUTACIÓN E INTELIXENCIA ARTIFICIALREDES NEURONAISESCOLA POLITÉCNICA SUPERIORFERROL

P-088UDCCC. DA COMPUTACIÓN E TECNOLOXÍA INFORMÁTICACOMPUTACIÓN E INTELIXENCIA ARTIFICIALAXENTES AUTÓNOMOSESCOLA POLITÉCNICA SUPERIORFERROL

P-089UDCCC. DA COMPUTACIÓN E TECNOLOXÍA INFORMÁTICAENXEÑARÍA DE SISTEMAS E AUTOMÁTICAROBÓTICAINSTITUTO DE CIENCIAS DA SAÚDEA CORUÑA

P-090UDCCC. DA COMPUTACIÓN E TECNOLOXÍA INFORMÁTICACC. DA COMPUTACIÓN E INTELIXENCIA ARTIFICIALMICROARRAYSIMEDIR. EDIFICIO DOS SERV. CENTRAIS DE INVESTIGACIÓNA CORUÑA

P-091UDCENXEÑARÍA MECÁNICA, NAVAL E AERONÁUTICAENXEÑERÍA MECÁNICAAPLICACIÓNS DE LÁSERESCENTRO DE INVESTIGACIÓN TECNOLÓXICAFERROL

P-092UDCPSICOLOXÍA E CC. DA EDUCACIÓNPSICOLOXÍA EVOLUTIVA E DA EDUCACIÓNPSICOLOXÍA DA APRENDIZAXE DA LECTURADPTO. DE PSICOLOXÍA EVOLUTIVA E DA EDUCACIÓN-FAC. DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNA CORUÑA

P-093UDCFILOLOXÍA E FILOSOFÍAFILOLOXÍA INGLESALINGÜÍSTICA HISTÓRICA INGLESADPTO. DE FILOLOXÍA INGLESA-FAC. DE FILOLOXÍAA CORUÑA

P-094UDCPSICOBIOLOXÍA E CIENCIAS DA EDUCACIÓNPSICOLOXÍANEUROCIENCIA COGNITIVADPTO. DE PSICOLOXÍA-FAC. DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNA CORUÑA

P-095UDCQUÍMICAQUÍMICA INORGÁNICAMATERIAIS POLIMÉRICOSDPTO. DE QUÍMICA FUNDAMENTAL FAC. DE CIENCIASA CORUÑA

P-096UDCBIOLOXÍA VEXETAL E ANIMAL, ECOLOXÍABOTÁNICABOTÁNICA MARIÑADPTO. BIOLOXÍA ANIMAL, VEXETAL E ECOLOXÍA-LABORATORIO DE ALGAS MARIÑASA CORUÑA

P-097UDCQUÍMICAQUÍMICA INORGÁNICAQUÍMICA ORGANOMETÁLICAFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑA

P-098UDCBIOLOXÍA VEXETAL E ANIMAL, ECOLOXÍAZOOLOXÍARECURSOS MARIÑOS E ECOSISTEMAS COSTEIROSDPTO. DE BIOLOXÍA ANIMAL, VEXETAL E ECOLOXÍA-FAC. DE CIENCIASA CORUÑA

PRAZAORGANISMOÁREA TEMÁTICAÁREA COÑECEMENTOPERFILDEPARTAMENTO/CENTRO/INSTITUTOLOCALIDADE

P-099UDCQUÍMICAQUÍMICA ORGÁNICAQUÍMICA DE PRODUCTOS NATURAISFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑA

P-100UDCBIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICABIOLOXÍA CELULARSISTEMA NERVIOSO DE PEIXESDPTO DE BIOLOXÍA CELULAR E MOLECULAR-FAC. DE CIENCIASA CORUÑA

P-101UDCQUÍMICAQUÍMICA ORGÁNICASÍNTESEFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑA

P-102UDCAGRICULTURAEDAFOLOXÍA E QUÍMICA AGRÍCOLAFÍSICA, QUÍMICA E BIOLOXÍA DO SOLOFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑA

P-103UDCQUÍMICAQUÍMICA ANALÍTICAANÁLISE DE MOSTRAS SÓLIDASDPTO. DE QUÍMICA ANALÍTICA-FAC. DE CIENCIASA CORUÑA

P-104UDCQUÍMICAQUÍMICA ORGÁNICAQUÍMICA SUPRAMOLECULARFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑA

P-105UDCQUÍMICAQUÍMICA FÍSICAFOTOQUÍMICAFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑA

P-106UDCQUÍMICAQUÍMICA ORGÁNICAQUIMICA ORGANOMETÁLICAFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑA

P-107UDCQUÍMICAQUÍMICA INORGÁNICAQUÍMICA DO ESTADO SÓLIDO E MATERIAISFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑA

P-108UDCCIENCIAS DA TERRAXEODINÁMICAANÁLISE DE MINERAISINSTITUTO DE XEOLOXÍAA CORUÑA