DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Mércores, 31 de marzo de 2004 Páx. 4.528

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de marzo de 2004 pola que se anuncia a adxudicación de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocada por Orde do 18 de decembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia número 249, do 24 de decembro).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión celebrada o día 10 de marzo de 2004 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de catro bolsas de colaboración en diversos proxectos de investigación que se van desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 249, do 24 de decembro de 2003, e de conformidade co establecido na base sexta da referida orde de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder catro bolsas de colaboración para os distintos proxectos de investigación que se

desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo desta resolución.

No caso de producirse algunha renuncia procederase a adxudicarlles a mencionada bolsa a outros candidatos/as, se os houbese, de acordo coa relación de suplentes que se inclúe no anexo da presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base terceira da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o punto anterior será de 758,89 euros mensuais, coa retención fiscal que corresponda, durante o período comprendido entre o 1 de abril e o 31 de decembro de 2004.

Terceira.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso postestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do

Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome das/os bolseiras/osNIF

Proxecto I: Terminoloxía científico-técnica.
Feijoo García, Jorge44812679P
Suplentes:
Domínguez Araújo, Lara36156712E
Pino Ramos, Sara35470676F
García Becerra, Olalla44827919E

Proxecto II: Síntese de voz en galego.
Iglesias Iglesias, Gonzalo José36140875D
Suplentes:
Deserta

Proxecto III: Diccionarios de literatura.
Rodríguez González, Norma34265920Z
Suplentes:
García Seijas, Nazaret77594889L
González Miranda, Marta76909129G

Proxecto IV: Síntese de voz en galego.
García Candeira, Margarita52459730L
Suplentes:
Gómez García, Lidia44813603N
Diéguez Diéguez, Concepción33346469B
Artime Omil, Carmen76932245M