DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Mércores, 31 de marzo de 2004 Páx. 4.514

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2004, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais das axudas aprobadas e denegadas da prestación de estudos por fillo do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2003 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no punto dous das normas xerais de procedemento do acordo subscrito en Santiago de Compostela o 23 de xullo de 2003 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSI-CSIF representadas na Mesa Xeral de Negociación de funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión de Concesión das Axudas de Acción Social, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 11 de setembro de 2003 e publicado por Resolución do 17 de setembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 183, do 22 de setembro), da Dirección Xeral de Relacións Laborais, deben publicarse as listas provisionais de admitidos e excluídos da axuda do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2003 correspondente a estudos por fillo.

De conformidade con isto, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas da prestación correspondente á continxencia de estudos por fillo do Fondo de Acción Social do ano 2003, que están expostas no taboleiro de anuncios de todas as consellerías, así como nas delegacións provinciais e relativas ao seu persoal.

Segundo.-Contra as ditas listas os interesados poderán presentar reclamacións e, se é o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no punto 2 da norma xeral de procedemento do acordo sobre criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 183, do 22 de setembro) no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nas delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos, segundo establece o artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro, e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano), 15771-Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2004.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública