DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Martes, 30 de marzo de 2004 Páx. 4.467

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2004 pola que se convoca un curso de actualización normativa no tráfico e seguridade viaria.

Dentro das actividades programadas para o ano 2004 en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a celebración dun curso de actualización normativa no tráfico e seguridade viaria, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer as últimas novidades lexislativas e normativas relacionadas co tráfico e as súas variables máis importantes.

-Dotar os policías dunha formación actualizada no terreo do tráfico e a seguridade vial, de grande importancia dentro dos seus cometidos profesionais.

-Asegurar o correcto tratamento da temática relativa ao tráfico e á seguridade vial no tocante á regulamentación, documentación, sancións e procedemento sancionador.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local da provincia da Coruña.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 20 de abril de 2004, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial da Coruña-Servicio de Asistencia a Municipios (fax: 981 18 33 33: avenida Alférez Provisional, s/n, 15006 A Coruña; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 26 ó 30 de abril de 2004.

O horario será de 16.30 a 20.30 horas.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

I. Novidades lexislativas en materia de tráfico.

II. O novo RXC: modificacións das normas de circulación e comportamento. Alcoholemias.

III. Denuncias. Requisitos. O procedemento sancionador de tráfico.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos será feita pública o día 22 de abril a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial da Coruña como pola Academia Galega de Seguridade, que os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 981 18 33 13 (Servicio de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial da Coruña).

Lugar.

O curso desenvolverase no concello de Bergondo, nas aulas da Deputación Provincial do Pazo de Mariñán.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 12 de marzo de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA