DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Martes, 30 de marzo de 2004 Páx. 4.456

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2004, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se acorda ratificar a adaptación dos estatutos da confraría de pescadores San Martín de Moaña, inscribila no rexistro de confrarías e das súas federacións e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Examinada a adaptación dos estatutos da Confraría de pescadores San Martín de Moaña o Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, realizada en cumprimento da súa disposición transitoria primeira.

Comprobado que se cumpre o requisito que establece o artigo 4 do Decreto 261/2002, do 30 de

xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, de aprobación pola xunta xeral da confraría, na súa reunión do 20 de decembro de 2003, e de conformidade co disposto nos artigos 2 e 14 da Lei 9/1993 do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, e cos artigos 112 a), 113 e 114 do decreto citado relativos ao rexistro de confrarías e das súas federacións.

A directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, en representación desta, acorda ratificar a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores San Martín de Moaña, que consta de 94 artigos, unha disposición adicional, unha derrogatoria e unha derradeira (63 páxinas), inscribila no rexistro de confrarías e das súas federacións no folio 5 do libro 1º, e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, adquirindo desde este momento a eficacia xurídica que lle recoñecen as normas legais de aplicación.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2004.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación

e Desenvolvemento Pesqueiro

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL