DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Martes, 30 de marzo de 2004 Páx. 4.450

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se convocan exames ordinarios para a obtención de carnés profesionais no ano 2004.

A Orde do 27 de decembro de 2000 da Consellería de Industria e Comercio e as súas modificacións,

pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e exixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, establece no seu artigo 5 que a convocatoria de exames se publicará anualmente, mediante resolución da dirección xeral competente en materia de industria.

En virtude da citada competencia,

RESOLVO:

Convocar os exames ordinarios que se celebrarán no ano 2004 para a obtención de carnés profesionais, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

O obxecto da convocatoria é a obtención de carnés profesionais nas seguintes especialidades:

Instalador de fontanaría.

Operador industrial de caldeiras.

Instalador de calefacción e auga quente sanitaria.

Instalador de climatización.

Mantedor de calefacción e auga quente sanitaria.

Mantedor de climatización.

Certificado de cualificación individual en baixa tensión, categoría básica.

Certificado de cualificación individual en baixa tensión, categoría especialista.

Instalador de gas, categoría IG I.

Instalador de gas, categoría IG II.

Instalador de gas, categoría IG III.

Instalador de gas, categoría IG IV.

Instalador frigorista.

Conservador-reparador frigorista.

Instalador de aparellos para a preparación rápida de café.

Conservador-reparador de aparellos para a preparación rápida de café.

Instalador de produtos petrolíferos líquidos, categoría IP-I.

Instalador de produtos petrolíferos líquidos, categoría IP-II.

Segunda.-Datas e lugares de realización dos exames. Tribunais cualificadores.

2.1. Os exames realizaranse nas catro provincias. As probas comezarán ás nove horas nos locais que se indicarán nas listas definitivas de admitidos e excluídos, segundo se expón na base sexta da presente convocatoria.

2.2. Os membros dos tribunais cualificadores e as datas en que se realizarán os exames serán os que se indican a continuación:

Instalador de fontanaría:

13 de maio.

16 de novembro.

Tribunal nº 1.

Presidente: Antonio de la Hera Roldán.

Suplente: Carlos Gómez Martínez.

Secretario: Félix Queija Pérez.

Suplente: Eva Aurea García Álvarez.

Vogal A Coruña: Julián Lucas Ramírez.

Vogal suplente: Roberto Osé Otero.

Vogal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal suplente: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vogal Ourense: Juan R. Velasco González.

Vogal suplente: Alfonso Tomás Paz Doniz.

Vogal Pontevedra: Eugenio Fernández Piñeiro.

Vogal suplente: Ignacio Garnelo Preciado.

Operador industrial de caldeiras:

5 de maio.

4 de novembro.

Tribunal nº 2.

Presidente: Rafael Recuna Carrasco.

Suplente: Juan José Iglesias Suárez.

Secretaria: Sonia Martínez Mosquera.

Suplente: José García Rodríguez.

Vogal A Coruña: José Jesús María Castro Gómez.

Vogal suplente: Alberto Palencia Marroquín.

Vogal Lugo: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vogal suplente: Fernando López García.

Vogal Ourense: Ángel Rodríguez Martínez.

Vogal suplente: Miguel Martín Mateos.

Vogal Pontevedra: Francisco Sánchez-Ulloa Villar.

Vogal suplente: Luis Alfaro Aguilar.

Instalador de calefacción e auga quente sanitaria:

11 de maio.

10 de novembro.

Tribunal nº 3.

Presidenta: Carmen Vázquez Domínguez.

Suplente: Eva Vázquez Castelo.

Secretaria: Andrea Suárez Baquero.

Suplente: Eva Aurea García Álvarez.

Vogal A Coruña: Isidoro Martínez Arca.

Vogal suplente: Roberto Osé Otero.

Vogal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal suplente: Fernando López García.

Vogal Ourense: Luis Sánchez Labrador.

Vogal suplente: Juan R. Velasco González.

Vogal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vogal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

Mantedor de calefacción e auga quente sanitaria:

25 de maio.

24 de novembro.

O tribunal cualificador estará formado polos mesmos membros que o tribunal nº 3.

Instalador de climatización:

17 de maio.

17 de novembro.

Tribunal nº 4.

Presidenta: Eva Vázquez Castelo.

Suplente: Juan Luis Ecenarro Tomé.

Secretaria: Susana Covelo López.

Suplente: Alberto Outeiriño Quintas.

Vogal A Coruña: Roberto Osé Otero.

Vogal suplente: José Jesús María Castro Gómez.

Vogal Lugo: Fernando López García.

Vogal suplente: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vogal Ourense: Luis Sánchez Labrador.

Vogal suplente: Juan R. Velasco González.

Vogal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vogal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

Mantedor de climatización:

19 de maio.

22 de novembro.

O tribunal cualificador estará formado polos mesmos membros que o tribunal nº 4.

Certificado de cualificación individual en baixa tensión, categoría básica:

18 de maio.

18 de novembro.

Tribunal nº 5.

Presidente: Carlos Gómez Martínez.

Suplente: Fernando Manuel Sánchez López.

Secretaria: Agustina de la Cruz da Rocha.

Suplente: Dolores López Beiro.

Vogal A Coruña: Roberto Osé Otero.

Vogal suplente: Julián Lucas Ramírez.

Vogal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal suplente: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vogal Ourense: Juan R. Velasco González.

Vogal suplente: Alfonso Tomás Paz Doniz.

Vogal Pontevedra: José Antonio González Cerreda.

Vogal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

Certificado de cualificación individual en baixa tensión, categoría especialista:

24 de maio.

23 de novembro.

O tribunal cualificador estará formado polos mesmos membros que o tribunal nº 5.

Instalador de gas, categorías IG I e IG III:

10 de maio.

9 de novembro.

Tribunal nº 6.

Presidente: Juan José Iglesias Suárez.

Suplente: Antonio de la Hera Roldán.

Secretario: José García Rodríguez.

Suplente: Félix Queija Pérez.

Vogal A Coruña: José Antonio Gómez González.

Vogal suplente: José Ramón Portilla Pardiñas.

Vogal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal suplente: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vogal Ourense: Luis M. Sánchez Labrador.

Vogal suplente: Juan R. Velasco González.

Vogal Pontevedra: Julio Muíños Mayoral.

Vogal suplente: Francisco Sánchez-Ulloa Villar.

Instalador de gas, categorías IG II e IG IV:

12 de maio.

15 de novembro.

Tribunal nº 7.

Presidente: Juan José Iglesias Suárez.

Suplente: Carlos Gómez Martínez.

Secretaria: María de los Ángeles Nogueira Cabo.

Suplente: Carmen Paz Montero.

Vogal A Coruña: José Ramón Portilla Pardiñas.

Vogal suplente: José Antonio Gómez González.

Vogal Lugo: Fernando López García.

Vogal suplente: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal Ourense: Luis M. Sánchez Labrador.

Vogal suplente: Juan R. Velasco González.

Vogal Pontevedra: Julio Muiños Mayoral.

Vogal suplente: Francisco Sánchez-Ulloa Villar.

Instalador e conservador-reparador frigorista:

4 de maio.

3 de novembro.

Tribunal nº 8.

Presidente: Juan Luis Ecenarro Tomé.

Suplente: Carmen Vázquez Domínguez.

Secretaria: Isabel Álvarez Janeiro.

Suplente: Carmen Paz Montero.

Vogal A Coruña: Roberto Osé Otero.

Vogal suplente: Isidoro Martínez Arca.

Vogal Lugo: Fernando López García.

Vogal suplente: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vogal Ourense: Ángel Rodríguez Martínez.

Vogal suplente: Miguel Martín Mateos.

Vogal Pontevedra: Ignacio Garnelo Preciado.

Vogal suplente: Juan Llorente Carazo.

Instalador e conservador-reparador de aparellos para a preparación rápida de café:

3 de maio.

2 de novembro.

Tribunal nº 9.

Presidente: Juan Luis Ecenarro Tomé.

Suplente: Eva Vázquez Castelo.

Secretaria: Eva Aurea García Álvarez.

Suplente: Susana Covelo López.

Vogal A Coruña: José Jesús María Castro Gómez.

Vogal suplente: Alberto Palencia Marroquín.

Vogal Lugo: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vogal suplente: Fernando López García.

Vogal Ourense: Ángel Rodríguez Martínez.

Vogal suplente: Alfonso Tomás Paz Doniz.

Vogal Pontevedra: Jesús Gayoso Álvarez.

Vogal suplente: Luis Alfaro Aguilar.

Instalador de produtos petrolíferos líquidos, categoría IP I:

26 de maio.

25 de novembro.

Tribunal nº 10.

Presidente: Fernando Manuel Sánchez López.

Suplente: Carlos Gómez Martínez.

Secretaria: Dolores López Beiro.

Suplente: Alberto Outeiriño Quintas.

Vogal A Coruña: Alberto Palencia Marroquín.

Vogal suplente: Isidoro Martínez Arca.

Vogal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vogal suplente: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vogal Ourense: Juan R. Velasco González.

Vogal suplente: Alfonso Tomás Paz Doniz.

Vogal Pontevedra: Juan Llorente Carazo.

Vogal suplente: Francisco Asensio Fernández-Castanys.

Instalador de produtos petrolíferos líquidos, categoría IP II:

6 de maio.

8 de novembro.

O tribunal cualificador estará formado polos mesmos membros que o tribunal nº 10.

2.3. O tribunal cualificador correspondente resolverá cantas incidencias se susciten no eido da presente convocatoria. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, os tribunais terán a súa sede na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

2.4. Os membros dos tribunais percibirán as indemnizacións correspondentes segundo o establecido no artigo 26.2º do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira.-Requisitos dos aspirantes.

Para ser admitidos á realización das probas, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

-Atoparse en idade legal laboral ou ter cumprida a idade mínima que se é o caso poida esixir a normativa sectorial correspondente.

-Estar en posesión ou en condicións de obter o título ou certificado da especialidade solicitada, de conformidade co establecido no anexo da Orde do 27 de decembro de 2000. No caso de instalador de produtos petrolíferos líquidos, categorías IP I e IP II, na Orde do 21 de novembro de 2001, e, no

caso do certificado de cualificación individual en baixa tensión, categorías básica e especialista, no Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

Estes requisitos deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Cuarta.-Solicitudes e documentación.

4.1. Os aspirantes deberán solicitar a súa admisión ás probas mediante instancia dirixida ao delegado provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio que corresponda, segundo o modelo que figura no anexo.

4.2. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, nas súas delegacións provinciais ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4.3. Xunto coa solicitude modelo será preciso presentar a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Copia compulsada do certificado ou do título de estudos e/ou, de ser o caso, certificado de asistencia e superación do curso teórico-práctico impartido por unha entidade recoñecida pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

c) Acreditación da experiencia laboral para o caso contemplado no punto b.1) do punto 4.2 da ITC-BT-03 do Regulamento electrotécnico para baixa tensión. A acreditación da experiencia estará formada documentalmente por:

-Vida laboral expedida polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

-Certificación das empresas en que se exerceu a actividade.

d) Xustificante para a Administración do impreso correspondente de autoliquidación de taxas en concepto de dereitos de exame (clave 32.07.01) debidamente validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso.

Quinta.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes para a realización dos exames para a obtención do carné profesional nas especialidades que correspondan comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, e rematará o 14 de abril para a convocatoria de maio e o 14 de outubro para a convocatoria de novembro.

Sexta.-Admisión de solicitudes.

6.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes publicarase a lista provisional de admitidos e excluídos nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais.

6.2. Os aspirantes excluídos, así como os que non figuren nas relacións de admitidos nin excluídos, disporán de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da devandita publicación no taboleiro de anuncios da correspondente delegación provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio para a emenda de defectos.

Sétima.-Desenvolvemento dos exames.

7.1. Os exames estarán constituídos por dúas partes que se desenvolverán no mesmo día nas datas que se recollen na base segunda desta resolución.

Primeira parte.-Estará constituída por un exercicio teórico escrito, consistente na resolución dun cuestionario proposto polo tribunal sobre as materias regulamentarias establecidas para cada especialidade.

Segunda parte.-Consistirá nun suposto práctico ou nunha proba práctica que versará sobre unha ou varias operacións propostas polo tribunal en relación cos requirimentos prácticos establecidos para cada especialidade. Neste exercicio os candidatos poderán utilizar o correspondente regulamento técnico.

7.2. Para a realización do exame os candidatos deberán ir provistos, para cada exercicio, do seu documento nacional de identidade, lapis, goma de borrar e bolígrafo negro.

Oitava.-Cualificación dos exames.

8.1. A puntuación mínima para superar cada parte corresponderá á metade do valor da puntuación máxima posible da dita parte. Na parte teórica a nota formarase de acordo coa expresión nº de respostas correctas - (nº de respostas incorrectas/3).

8.2. Os exames cualificaranse como aptos ou non aptos. Para ser considerado apto deberanse aprobar as dúas partes independentemente.

Novena.-Lista de aprobados.

O tribunal cualificador publicará a relación provisional de aprobados por provincias e dará traslado desta ás catro delegacións provinciais para a súa publicación nos respectivos taboleiros de anuncios.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días naturais desde a publicación da relación provisional de aprobados para formular reclamacións ante o tribunal. Finalizado o prazo o tribunal enviará proposta das listas de aprobados ao director xeral de Industria, Enerxía e Minas, que as elevará a definitivas mediante resolución e dará traslado delas ás catro delegacións provinciais para a súa publicación nos respectivos taboleiros de anuncios. Contra esta resolución poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a partir da publicación nos taboleiros de anuncios.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2004.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL