DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Martes, 30 de marzo de 2004 Páx. 4.448

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dispón a publicación do convenio de colaboración específico entre o Instituto para a Reestruturación da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para a execución do proxecto de adquisición de terreos para a finalización do Parque Empresarial de Pena Porreira.

Subscrito, logo da tramitación regulamentaria, o convenio de colaboración específico entre o Instituto para a Reestruturación da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para a execución do proxecto de adquisición de terreos para a finalización do Parque Empresarial de Pena Porreira, procede a publicación no Diario Oficial de Galicia do dito convenio, que figura como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2004.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Convenio de colaboración específico entre o instituto para a Reestruturación da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineras, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para a execución do proxecto de adquisición de terreos para a finalización do Parque Empresarial de Pena Porreira.

Na cidade de Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2003.

Dunha parte, José Folgado Blanco, secretario de Estado da Enerxía, Desenvolvemento Industrial e da Pequena e Mediana Empresa, nomeado polo Real decreto 700/2002, do 12 de xullo, na súa calidade de presidente do Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, no exercicio das competencias atribuídas na disposición adicional décimo terceira da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada a esta pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De outra, Juan Rodríguez Yuste, conselleiro de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, nomeado polo Decreto 16/2003, do 18 de xaneiro, que en virtude do disposto no artigo 3 da orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 21 de xaneiro de 2003, sobre delegación das competencias en materia de subscrición de convenios no secretario xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, reclama neste acto para si o exercicio da competencia delegada pola anterior orde.

E doutra, José Luis Torres Colomer, presidente da Deputación Provincial da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas pola Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Toda as partes se recoñecen, na representación que desempeñen, capacidade para formalizar este convenio de colaboración específico para a execución do proxecto de adquisición de terreos para a finalización do Parque Empresarial de Pena Porreira e no do protocolo de colaboración subscrito o día 11 de febreiro de 1998 entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, actualizado polo acordo suplementario do 30 de setembro de 2003, e en virtude das competencias que ambas as partes se recoñecen no citado protocolo, e para tal efecto,

EXPOÑEN:

Que con data do 5 de novembro de 2002 se subscribiu un convenio de colaboración específico para a execución do proxecto de adquisición de terreos para a finalización do Parque Empresarial de Pena Porreira.

Que cómpre que neste proxecto figure como parte integrante deste a Deputación Provincial da Coruña, dado que a adquisición de terreos a realizará a Sociedade Xestión Urbanística de A Coruña, S.A. (Xestur A Coruña, S.A.) da que forman parte como propietarios desta, a Xunta de Galicia cunha participación do 80% do capital social e a Deputación Provincial da Coruña cunha participación do 20%.

Que o referido proxecto de adquisición de terreos para a finalización do Parque Empresarial de Pena Porreira se atopa recollido, entre os que se executarán, no anexo ao protocolo de colaboración subscrito entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia.

Que a cláusula quinta do protocolo de colaboración entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción do desenvolvemento económico alternativo das zonas mineiras de Galicia, prevía que en convenios de colaboración específicos adicionais ao citado protocolo se determinarían, entre outras, as seguintes cuestións:

-As actuacións que se realizasen no desenvolvemento dun proxecto de infraestruturas, en concreto, o prazo de execución, o custo e a xustificación das actuacións para a súa realización.

-Unha vez adxudicada a obra, os termos en que se realizarán as contribucións económicas da Administración xeral do Estado, en concreto, do Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e o Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras.

-Calquera outra cuestión que se coide conveniente para o mellor desenvolvemento do convenio de colaboración específico de execución do proxecto de adquisición de terreos para a finalización do Parque Empresarial de Pena Porreira e do protocolo de referencia.

Que consideran conveniente proceder ao desenvolvemento do protocolo de colaboración na Comunidade Autónoma de Galicia e, en concreto, a realización do proxecto de adquisición de terreos para a finalización do Parque Empresarial de Pena Porreira e, que para iso,

ACORDAN:

Primeiro.-Anular o convenio subscrito o 5 de novembro de 2002 para a execución do proxecto de adquisición de terreos para a finalización do Parque Empresarial de Pena Porreira. E, no seu lugar, desenvolver as actuacións necesarias en execución do novo proxecto de adquisición de terreos para a finalización do Parque Empresarial de Pena Porreira, cuxo custo ascende a un millón vinte e un mil setecentos vinte e un euros (1.021.721 euros).

Segundo.-De acordo co previsto na cláusula terceira do protocolo de colaboración entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción do desenvolvemento económico alternativo das zonas mineiras do carbón, o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras financiará as actuacións previstas neste convenio de colaboración específico cunha achega económica que non superará un millón vinte e un mil setecentos vinte e un euros (1.021.721 euros).

A Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia dedicará os fondos transferidos a financiar os investimentos na contía de un millón vinte e un mil setecentos vinte e un euros (1.021.721 euros).

O instituto reserva para si a facultade de non financiar aquelas actuacións do proxecto de desenvolvemento que considere non axeitadas aos fins do convenio de colaboración específico ou que a súa posterior execución non sexa conforme o proxecto.

Terceiro.-1. As achegas realizaranse con cargo aos orzamentos do Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras para o ano 2003, aplicación orzamentaria 24.101.741A.751, de ser o caso, aos da anualidade correspondente, con suxeición á existencia de crédito e habilitación legal para iso.

2. O instituto transferirá os fondos á Consellería de Economía e Facenda do modo seguinte:

2.1. O 25% do importe do proxecto de adquisición de terreos para a finalización do Parque Empresarial de Pena Porreira no ano 2003, cando se produza a adxudicación da obra obxecto do investimento.

2.2. O 50% do importe do citado proxecto no ano 2003, cando a execución deste se efectuara en igual porcentaxe, téndose recibido os documentos xustificativos que o acrediten ou, se é o caso, mediante certificación do órgano competente do emprego dado aos fondos.

2.3. O 25% restante no ano 2004, cando se executase a totalidade do citado proxecto, recibíndose os documentos xustificativos que o acrediten ou, se é o caso, mediante certificación do órgano competente do emprego dado aos fondos.

Xunto co anterior, será preciso presentar a memoria de execución e os informes aos que fai referencia a cláusula quinta do protocolo de colaboración.

Se a Comunidade Autónoma acredita a necesidade de realizar actuacións avaliables economicamente con carácter previo á adxudicación da obra, poderase anticipar o seu custo ata un máximo do 10% do financiamento deste proxecto antes da citada adxudicación. Neste caso, aboarase a porcentaxe restante ata o 25% á adxudicación da obra.

3. As modificacións que superen a achega económica fixada no número 2º deste convenio de colaboración específico para financiar as actuacións previstas en execución deste formalizaranse, se é o caso, mediante addebda, cumprindo os trámites legalmente esixidos e logo informe da Comisión de Seguimento e Avaliación.

Cuarto.-De acordo co previsto na cláusula sexta do protocolo de colaboración entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción do desenvolvemento económico alternativo das zonas mineiras do carbón, nos carteis informativos de identificación do proxecto de adquisición de terreos para a finalización do Parque Empresarial de Pena Porreira que se instalaran nas obras das distintas actuacións que este comprende, deberá figurar, como cabeceira, en superior ou igual tamaño aos da Comunidade Autónoma, o escudo de España, Ministerio

de Economía, Instituto para a Reestruturación da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a lenda Plan da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, na forma que se establece no anexo a este convenio, e igualmente se deberá incluír a mención a Proxecto financiado polo Instituto para a Reestruturación da Minería do Carbón e Desenvolemento Alternativo das Comarcas Mineiras.

Así mesmo, en calquera outra publicidade que do proxecto ou das súas distintas actuacións, realice, tanto a Administración executante do convenio como o adxudicatario deste, deberá incluírse o escudo e as lendas na mesma forma antes exposta.

A Comunidade Autónoma deberá comunicar á Presidencia do Instituto a data en que serán inauguradas as obras ou actuacións que comprende o proyecto de adquisición de terreos para a finalización do Parque Empresarial de Pena Porreira.

Quinto.-Este convenio ten natureza administrativa, sendo o réxime xurídico aplicable a este, o establecido no título I da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. En materia de interpretación, modificación e resolución en xeral das cuestións non recollidas no citado protocolo, aplicaranse as normas de dereito administrativo, cando así sexa necesario.

Sexto.-A execución das actuacións que se recollen no punto primeiro deberá ter lugar no prazo de dous anos desde a sinatura deste convenio. A xustificación destas actuacións deberá producirse dentro dos catro meses seguintes á finalización da execución. Non obstante, o devandito prazo poderá ser ampliado polas entidades asinantes, logo de petición da comisión mixta de seguimento e avaliación, cando algunha circunstancia sobrevida así o aconselle e formalizándose para tal efecto. En caso de que a devandita ampliación de prazo supuxera modificación da distribución do gasto en anualidades, será sometida aos preceptivos actos de fiscalización e aprobación.

E en proba de conformidade, asinan os integrantes no lugar e na data indicados no encabezamento.

José Folgado Blanco, presidente do Instituto para a Reestruturación da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras. Juan Rodríguez Yuste, conselleiro de Innovación, Industria e Comercio. José Luis Torres Colomer, presidente da Deputación Provincial da Coruña.