DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Martes, 30 de marzo de 2004 Páx. 4.443

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2004, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se modifica a data para realizar o exercicio correspondente ás probas para a obtención do certificado de capacitación profesional para o exercicio da actividade de transportista por estrada, axencia de transporte, transitario e almacenista distribuidor, convocadas mediante Resolución de data 2 de xaneiro.

Mediante Resolución do 2 de xaneiro de 2004, por parte da Dirección Xeral de Transportes procedíase a convocar probas para a obtención do certificado de capacitación profesional para o exercicio da actividade de transportista por estrada, axencia de transportes, transitario e almacenista-distribuidor, fixándose nela a data para a realización dos correspondentes exercicios. Como consecuencia de circunstancias sobrevidas e para un mellor desenvolvemento das citadas probas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Modificar a data fixada na Resolución do 2 de xaneiro de 2004, para a realización dos exercicios de obtención do certificado de capacitación profesional para o exercicio da actividade de transportista por estrada, axencia de transportes, transitario e almacenista-distribuidor, fixando como data de realización dos citados exercicios o 24 de abril de 2004. Mantéñense invariables os horarios e o lugar de celebración.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2004.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Transportes