DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Luns, 29 de marzo de 2004 Páx. 4.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2004 pola que se engade unha entidade financeira colaboradora ao convenio de apoio financeiro 2004-2006 aos investimentos das pequenas e medianas empresas financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras.

Con data do 26 de xaneiro, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 17 entidades financeiras asinaron un convenio coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiadas, mediante contratos de arrendamento financeiro, para pequenas e medianas empresas, publicado mediante Resolución do 27 de xaneiro de 2004 (DOG nº 20, do 30 de xaneiro).

Xunto co texto do devandito convenio publicouse a relación de entidades financeiras que o subscribiron.

Ratificado o 3 de febreiro de 2004 a participación da entidade financeira Barclays Bank, S.A. procede facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Instituto Galego de Promoción Económica,

RESOLVO:

Engadir a entidade financeira Barclays Bank, S.A. á relación de entidades financeiras colaboradoras que subscribiron o convenio de apoio financeiro 2004-2006 aos investimentos das pequenas e medianas empresas financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2004.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA