DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Luns, 29 de marzo de 2004 Páx. 4.311

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector da construción.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector da construción, con

nº de código 3600435, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-2-2004, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 12-2-2004, de conformidade co disposto no artigo 30 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de febreiro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio colectivo da construción

Asistentes:

APEC:

Anselmo Fernández Luján.

José Luis Campos Novo.

Jesús Fontán Piñeiro.

J. Manuel Conde Roque.

José A. Martínez Fernández.

CC.OO.:

Francisco Boullosa González.

Marcos Gonzalez Oliveira.

Baltasar González Durán.

José Joaquín Dasilva Meira.

Laureano Barros Salgueiro.

UGT:

J. Carlos Rguez. del Río.

Lourdes Díz Lorenzo.

Ramón Carrera Molares.

Francisco Peixoto Costas.

Jesús Crespo Araujo.

CIG:

Alberto Fernández Campo.

Xosé Xoan Melón.

Julio Vicente González.

Asesora:

Yolanda Carballo Muñoz.

En Vigo o 12 de febreiro de 2004, na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC), previamente convocadas, reúnense as persoas que figuran á marxe nas representacións que se indican co obxecto de proceder á revisión das táboas salariais correspondentes ao ano 2003, en virtude da cláusula de garantía salarial prevista no artigo 30 do convenio colectivo provincial para o sector da construción, táboas que entrarán en vigor con efectos do 1 de xaneiro do ano 2004 e servirá de base para a negociación das retribucións salariais do convenio colectivo provincial do dito ano.

Dado que se constatou que o índice oficial de prezos de consumo (IPC) no 31 de decembro de 2003 foi o 2,6%, procede:

Revisar as táboas que serviron de base para realizar os aumentos salariais do ano 2003 nun 3,6%.

Os conceptos que se revisan son:

* Táboa salarial (documento anexo).

* A retribución do contrato para a formación previsto no artigo 18.9º do convenio colectivo será a seguinte:

-Primeiro ano: 484,07 euros.

-Segundo ano: 564,75 euros.

-Terceiro ano: 685,76 euros.

Colectivos do número 5 deste artigo

-Primeiro ano: 766,44.

-Segundo ano: 806,78.

Asinan estes acordos a Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC) e as centrais sindicais, UGT, CC.OO. e CIG.

Acórdase facultar a Yolanda Carballo Muñoz para proceder ó rexistro desta acta na Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Sen mais asuntos que tratar, conclúese a sesión.

Táboa de salarios 2003 (revisión do 3,6% s/2002)

En euros

NivelSalario

14 pagas

iguais

Complemento extrasalarialTotal anualHora extra

sen

complementos

Díames

II1.164,473,7474,4617.121,6416,28

III-IV911,833,7474,4613.584,6812,75

V850,993,7474,4612.732,9211,90

VI825,333,7474,4612.373,6811,54

VII822,413,7474,4612.332,8011,50

VIII820,613,7474,4612.307,6011,48

IX806,783,7474,4612.113,9811,28

X791,293,7474,4611.897,1211,07

NivelSalario

14 pagas

iguais

Complemento extrasalarialTotal anualHora extra

sen

complementos

Díames

XI-XII782,853,7474,4611.778,9610,95

XIII534,503,7474,468.302,06