DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Luns, 29 de marzo de 2004 Páx. 4.310

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros da revisión salarial para o ano 2002, contratos de formación, do convenio colectivo do sector da construción.

Vista a acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector da construción da provincia de Pontevedra, que tivo entrada no rexistro do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 13-2-2004, de corrección de erros na publicación da revisión salarial para o ano 2002, contratos de formación, e no sentido que se fai figurar no texto da acta.

Que ao abeiro do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administracións poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Rectificar o erro material sufrido na publicación da revisión salarial para o ano 2002, contratos de formación, do convenio colectivo do sector da construción da provincia de Pontevedra, e no sentido que figura no texto da acta.

Segundo.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Terceiro.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de febreiro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio

colectivo da construción

Asistentes:

-APEC:

José Manuel Conde Roque

Anselmo Hernández Luján

José Pampillón Alonso

José Antonio Fernández Martínez (xerente)

-CC.OO.:

José Figueroa García

Marcos González Oliveira

José Joaquín Dasilva Meira

-UGT:

José C. Rodríguez del Río

Lourdes Díaz Lorenzo

Ramón Carrera Molares

-CIG:

Xosé Xoán Melón

Alberto Fernández Campo

-Asesora:

Yolanda Carballo Muñoz

En Vigo, o 1 de decembro de 2003, na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC), previamente convocados reúnense as persoas que figuran nas representacións que se indican, co obxecto de rectificar o erro de publicación no BOP de Pontevedra nº 68, do 8 de abril de 2003, e Diario Oficial de Galicia, do 23 de abril do mesmo ano, relativo á revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector da construción, por non se corresponderen as cantidades sinaladas na acta asinada o 8 de febreiro de 2002 coas que aparecen publicadas no BOP antes citado. Cando di a retribución do contrato para a formación, recollido no artigo 18.9º do convenio colectivo, será a seguinte:

Primeiro ano: 513,68 euros, debe dicir: 467,25 euros.

Segundo ano: 629,88 euros, debe dicir: 545,13 euros.

Terceiro ano: cando di: 662,32 euros, debe dicir: 661,94 euros.

Colectivos do punto 5 do artigo 18:

Primeiro ano, cando di: 740,23 euros, debe dicir: 739,81 euros.

Segundo ano, cando di: 779,20 euros, debe dicir: 778,75 euros.

Asinan esta corrección a Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC) e as centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG.

Acórdase facultar a Yolanda Carballo Muñoz para proceder ao rexistro desta acta na Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.