DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Luns, 29 de marzo de 2004 Páx. 4.308

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de febreiro de 2004 pola que se autoriza a inclusión da escola de música da Banda de Noia (A Coruña) no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse, en escolas específicas, estudios de música ou danza, que en ningún caso poderán conducir á obtención de títulos con validez académica ou profesional. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993, Diario Oficial de Galicia do 22 de abril, regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outro lado, o Decreto 454/2003, do 26 de decembro, Diario Oficial de Galicia do 19 de xaneiro de 2004, establece no seu artigo 1 que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

A Banda de Música de Noia (A Coruña) solicita a inclusión da escola de música da Banda de Noia no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña informa do cumprimento efectivo dos requisitos que establece a Orde do 11 de marzo de 1993.

Cumpridos todos os trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autó

noma de Galicia da escola de música da Banda de Noia (A Coruña), segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993, Diario Oficial de Galicia do 22 de abril, e aos servicios de inspección correspondentes.

Segundo.-Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993, Diario Oficial de Galicia do 22 de abril, e aos servicios de inspección correspondentes.

Terceiro.-A Delegación Provincial da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de profesorado que imparta docencia na escola de música.

Cuarto.-O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Quinto.-Esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, BOE do 14 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, BOE do 27 de novembro, ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, BOE do 14 de xullo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Ordenación Educativa para dictar as disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Noia.

Localidade: Noia.

Enderezo: Campo de Noia.

Código do centro: 15032388.

Titular: Banda de Música de Noia.

Denominación xenérica: escola de música.

Denominación específica: Banda de Noia.