DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A comisión municipal de goberno, en sesión do 4 de marzo de 2004, acordou a contratación mediante concurso con procedemento aberto con mellora sobre a proposta de prestación aprobada por esta corporación das obras que se sinalarán de conformidade co prego de cláusulas administrativas para a licitación aprobada pola Administración para a execución das obras de pavimentación e servizos da rúa de acceso a vivendas de protección oficial de Xove, acordándose a contratación e expoñéndose simultaneamente o prego dela durante 8 días, co anuncio de licitación, de conformidade co artigo 122.2º do R.D.L. 781/1986, para o contrato que ten as características seguintes:

1. Proxecto: pavimentación e servizos da rúa de acceso a vivendas de protección oficial de Xove.

2. Tipo de licitación: 87.900 euros (IVE incluído).

3. Partida: 460.

4. Prazo de execución: 12 meses.

5. Clasificación do contratista: non se exixe.

6. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real s/n, 27870 Xove), facilitarase, así mesmo, copia do prego de condicións en persoa, por correo ou telecopia (982 59 21 54).

7. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais; desde a última publicación no BOP de Lugo ou DOG.

8. Fianza provisional: 1.758 euros.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: obra financiada con fondos propios, do Estado e da Deputación Provincial de Lugo, incluída no plan provincial de cooperación do ano 2004.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares desta licitación.

Xove, 16 de marzo de 2004.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario