DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do convenio urbanístico para a execución do planeamento no polígono 11 do PERI do Calvario. (Expediente 4492/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 22 de decembro de 2003, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a conclusión coa mercantil Espacio Vital Construcción y Promoción, S.L. do convenio urbanístico de execución de planeamento, que de seguido se transcribe, en virtude do cal a devandita entidade asume a obriga de satisfacer o prezo xusto da adquisición por expropiación dos dereitos de uso público de superficie a que o convenio se refire e os gastos de urbanización das superficies sobre os cales os ditos dereitos recaen, facultando o concelleiro-delegado de Urbanismo para a súa inicial sinatura.

Segundo.-Asinado que sexa inicialmente o convenio, sométase, conxuntamente co expediente número 7088/411, sobre modificación puntual do Plan Especial de Reforma Interior IV-04 do Calvario no seu polígono 11, ao trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, por un período mínimo de vinte días, e inclusión do texto íntegro do convenio na documentación do devandito procedemento de modificación puntual.

Terceiro.-Notifíqueselles este acordo, en legal forma, ós interesados no expediente.

Sométese este expediente ao trámite de información pública polo prazo de vinte días, mediante publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal dos de maior difusión da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación deste expediente atópase ao dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as

directamente afectados/as que, por resultaren descoñecidos/as ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Fíxese no taboleiro de anuncios da Xerencia de Urbanismo.

Vigo, 16 de febreiro de 2004.

Corina Porro Martínez

Alcaldesa