DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do convenio urbanístico para a cesión de terreos e execución de obras de urbanización no Camiño Arieiro, fronte á nova residencia xeriátrica da Xunta de Galicia. (Expediente 4456/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 11 de decembro de 2003, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aceptar, nos termos que se recollen na parte expositiva deste acordo, a oferta de convenio urbanístico para a cesión de terreos e execución de obras de urbanización no Camiño Arieiro, formulada a este concello pola mercantil Gestiones y Promociones de Compostela S.R.L., con data 12 de agosto de 2003 e, xa que logo, aprobar inicialmente a conclusión do convenio que de seguido se transcribe, facultando o concelleiro-delegado de Urbanismo para esta inicial sinatura.

Segundo.-Asinado que sexa inicialmente o convenio, sométase ao trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, por un período mínimo de vinte días.

Terceiro.-Notifíqueselles este acordo, en legal forma, ós interesados no expediente.

Sométese este expediente ao trámite de información pública polo prazo de vinte días, mediante publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal dos de maior difusión da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación deste expediente atópase ao dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que, por resultaren des

coñecidos/as ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Fíxese no taboleiro de anuncios da Xerencia de Urbanismo.

Vigo, 16 de febreiro de 2004.

Corina Porro Martínez

Alcaldesa