DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

CONVOCATORIA para o nomeamento en propiedade de tres gardas da policía local do Concello de Ribeira (A Coruña).

No BOP da Coruña número 56, do 9 de marzo de 2004 (corrección de erros no BOP número 64, do día 18 de marzo), publicáronse integramente as bases específicas aprobadas para o nomeamento en propiedade, como funcionarios de carreira, de tres (3) gardas da policía local, por oposición libre.

As bases xerais que rexerán o proceso selectivo publicáronse integramente no BOP da Coruña número 261, do 14 de novembro de 2002 e no Diario Oficial de Galicia número 233, do 3 de decembro de 2002.

Tal e como se indica na base 4ª das xerais, as solicitudes para tomar parte no proceso de selección presentaranse durante o prazo de vinte días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE.

Ribeira, 18 de marzo de 2004.

José Luis Torres Colomer

Alcalde

Manuel Carrasco Uceda

Secretario