DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

Logo de ser presentado neste concello polo equipo redactor o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadavia, de acordo co que sinala o artigo 84.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, exponse ao público na Casa da Cultura do Concello de Ribadavia polo prazo dun mes a partir da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia para que durante el as entidades e os particulares poidan suxerir o que consideren oportuno e presentar as propostas e convenios urbanísticos que xulguen precedentes, os cales irán dirixidos ao alcalde-presidente deste concello.

Ribadavia, 18 de marzo de 2004.

Marcos Blanco Jorge

Alcalde