DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

ANUNCIO.

Formulado o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rairiz de Veiga (Ourense) e sometido a coñecemento do Pleno da Corporación, sométase a información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, polo prazo dun mes contado desde a última publicación deste anuncio, durante o que as entidades e os particulares poderán suxerir o que consideren oportuno e presentar as propostas e os convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Rairiz de Veiga, 19 de febreiro de 2004.

Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio

Alcalde