DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 18-2-2004, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes entre a rúa Alta, números 6-8-10 e a rúa Miguel de Cervantes, números 76-78-80, promovido por Promociones Baldomero Cabadas, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197) e presentar as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 9 de marzo de 2004.

P.D. (Decreto Alcaldía 56/2003)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente-alcalde delegado de área