DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 26 de marzo de 2004 Páx. 4.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CURTIS

EDICTO.

De conformidade co acordado pola Comisión de Goberno, do 15-12-2003, exponse ao público o proxecto de expropiación para actuación industrial Curtis-Teixeiro, procedemento de taxación conxunta, en consonancia co disposto nos artigos 143 e 144 da Lei 9/2002, do 31 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 202 do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

A relación de propietarios e de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Nº do predio: 2.

Ref. castastral: 9302 pt.

Superficie solo: 34.840.

Voos:

Superficie voos:

Titular: José Ramón Novo Peteiro.

Nº do predio: 3.

Ref. catastral: polígono 23, parcela 310 pt.

Superficie solo: 2.680.

Voos:

Superficie voos:

Titular: José Ramón Novo Peteiro (titular segundo escritura), Manuel García Santos (titular segundo catastro).

Nº do predio: 4.

Ref. catastral: polígono 23, parcela 310 pt.

Superficie solo: 28.485.

Voos: construción*.

Superficie voos: 365,90.

Titular: Manuel García Santos.

Sométese a información pública o antedito proxecto que contén a delimitación e sistema de actuación, así como a citada relación de propietarios de bens e dereitos afectados, polo prazo dun mes, contado desde a última publicación deste anuncio, durante o que poderán ser examinados na secretaría xeral do concello, xunto co expediente que se tramita para o efecto, para que os interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenien

tes, en particular no concernente á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Curtis, 11 de febreiro de 2004.

Javier Francisco Caínzos Vázquez

Alcalde